Kim Kardashian
Kimberly Kardashian West, coñecida como Kim Kardashian nada nos Ánxeles o 21 de outubro de 1980, é unha empresaria e personaxe pública estadounidense. A súa fama aumentou a partir de xaneiro de 2011 coa estrea de Kourtney and Kim Take New York, un reality show que compartiu coa súa irmá Kourtney Kardashian, mentres deixaban Os Ánxeles para abrir a súa terceira tenda DASH en Nova York. En 2010, foi unha das famosas con máis ganancias, estimadas en seis millóns de dólares estadounidenses. Lanzou múltiples fragrancias e accesorios, foi estrela convidada en destacados programas de televisión (entre eles The Oprah Winfrey Show), competiu en Dancing with the Stars e tivo papeis en películas como Disaster Movie e Deep in the Valley. En 2010, xunto coas súas irmás Kourtney e Khloé Kardashian, lanzou unha autobiografía, Kardashian Konfidential. Foi nomeada a celebridade que máis contaminación ambiental xera, polos seus voos privados.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Kim Kardashian é filla do avogado Robert Kardashian e de Kris Jenner. Kim é de orixe armenia por parte de pai, os seus bisavós paternos emigraron ós Ánxeles xusto antes do xenocidio, e a súa bisavoa é turca de orixe armenia. A súa nai Kris ten ascendencia inglesa, escocesa, irlandesa e neerlandesa. Ten dúas irmás e un irmán, Kourtney Kardashian, Khloé Kardashian e Rob Kardashian e dúas medio-irmás por parte de nai, Kendall Jenner e Kylie Jenner.
Asistiu a Marymount High School coas súas dúas irmás. No tempo dos seus estudos na escola secundaria, traballou na firma de música de seu pai, Movie Tunes.
Familia
[editar | editar a fonte]Kim estivera dúas veces casada antes de casar co cantante de rap Kanye West en 2014. Teñen 3 fillos xuntos:
- North West (2013)
- Saint West (2015)
- Chicago West (2018)
O pai de Kim, Robert Kardashian foi un famoso avogado e empresario, amigo de O. J. Simpson coñecido por ser un dos seus avogados defensores nos anos 90.[2]
Polémicas
[editar | editar a fonte]Alén de varias críticas sobre a súa vida privada e a relación con Kanye West, viuse envolta noutras polémicas:
Fotografías e imaxe
[editar | editar a fonte]Kardashian foi criticada en varias ocasións por retocar as súas fotografías nas redes sociais e promover estándares de beleza inalcanzábeis. Foi criticada tamén por someterse a unha dieta extrema para meterse nun vestido de Marilyn Monroe.[3]
Contaminación
[editar | editar a fonte]Kim Kardashian atopouse no centro dunha polémica relativa á contaminación ambiental cando foi catalogada por celebrityflight.com como a celebridade cunha maior emisión de CO2, debido ao seu uso extensivo de voos privados, por diante de Elon Musk.[1]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 "Celebrity Private Jet Flights & Environmental Impact". CelebrityFlight (en inglés). Consultado o 2023-10-03.
- ↑ "A History of O.J. Simpson's Relationship with the Kardashian Family". Biography (en inglés). 2020-06-16. Consultado o 2023-10-03.
- ↑ "Las críticas a Kim Kardashian por someterse a una dieta radical para usar un vestido de Marilyn Monroe en la Gala del Met". BBC News Mundo (en castelán). Consultado o 2023-10-03.