Lágrimas de Sangre
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2019.) |
![]() | Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Lágrimas de Sangre | |
---|---|
![]() Lágrimas de Sangre. | |
Orixe | España |
Na rede | |
lagrimasdesangre.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Lágrimas de Sangre é unha banda de música que nace en Barcelona, concretamente en El Masnou, no ano 2006. O tipo de música que tocan é rap combativo que se inspira no hip hop, rock e o reggae. O grupo está formado por Acid Lemon (DJ e produtor), Neidos, Ramón Anglada (guitarrista), Still III e Microbio (como cantantes).
Historia
[editar | editar a fonte]A banda lanza o primeiro álbum Coincidencia en 2007 e comezan a actuar como abreconcertos de Dani Ro. Neste momento a banda estaba composta por Neidos, Microbio, Kaiz e Enigmah. En 2008, sacan o seu álbum Dos punto cero e despois disólvese o grupo. En 2010 volven a unirse grazas a Still III e nace por primeira vez o nome Lágrimas de Sangre.
En maio de 2011, lanzan os 3 temas máis reivindicativos dentro dun conxunto chamado «15-LDS» incluído no álbum La Real Música Explícita. Este traballo recibiu moi boas críticas e numerosas visitas a You Tube. No 2012 o grupo saca Derechos y Derechas e no ano seguinte toman un descanso ata final de ano, onde co tema «En la herida»,se incorpora ao grupo Acid Lemon. En 2014 presentan Movidas y Delirios.
No 2015 LDS volve cun novo disco, Si uno no se rinde, caracterizado por un rap combativo e a canción «Voy a celebrarlo», con moitas visualizacións en YouTube a pouco de saír. Nesta época únese ao grupo o guitarrista Ramón Anglada. LSD pon fin á xira deste disco despois de ano e medio percorrendo a xeografía catalá e vasca.
En 2016 volven máis fortes ca nunca co seu traballo Viridarquía, álbum composto de 15 cancións, nas que se inclúen colaboracións con grupos coñecidos como Zoo, Glaukoma, Chalart58 e a cantautora Silvia Tomás. Este disco tivo moita forza con concertos por toda España e en 17 deles coas entradas todas vendidas.
No 2017, destaca o éxito conseguido no festival Viñarock xa que foron un dos grupos con máis poder xunto co rapeiro Kase-O e os grupos Txarango e La Pegatina. Miles de mozos gozaron da actuación do grupo e sobre todo da canción «La gente» do novo disco Viridarquía. En 2018 o grupo amosaba unha axenda chea de concertos, converténdose nun dos grupos máis solicitados para festivais.
En 2019 sacan o álbum Vértigo no que reflicten o que significa para eles, un grupo de amigos que fan música por diversión, acadar a fama, cos pros e contras que ten ser un personaxe público. O disco está composto por 17 cortes, que nacen da necesidade expresiva que caracteriza a esta banda.