Saltar ao contido

La Barraca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La Barraca
Tipocompañía de teatro
Campo de traballoartes escénicas
Data de fundación1931
PaísEspaña e Bélxica
editar datos en Wikidata ]
Compoñentes de La Barraca.

La Barraca foi un grupo universitario de teatro dirixido por Federico García Lorca. Fundado ó pouco de instaurarse a Segunda República Española, tiña como obxectivo levar o teatro ás zonas con pouca actividade cultural na península, o que se facía nas vacacións universitarias. A actividade da compañía estendeuse ata a Guerra civil española, con oito programas que foi combinando de diverso xeito nas súas xiras por España. Con testemuñas exitosas en todos os ambientes, é hoxe considerado como un dos proxectos culturais máis interesantes da escena teatral española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O escritor granadino buscaba unha rexeneración do teatro a partir dun elenco afeccionado, lonxe do sistema de produción teatral que se vivía naquel momento en España. En 1931, Federico García Lorca andaba na procura de actrices e actores para organizar unha compañía de teatro universitario. Asistiu á representación de Estragos de amor y celos de Juan Valera, montada polo alumnado do Instituto-Escuela. Gustoulle a actuación de María del Carmen García Lasgoity, que interpretaba o papel protagonista. Tras coñecela, axiña a escolleu para integrar La Barraca. A compañía, co apoio do ministro Fernando de los Ríos Urruti, tiña a misión de achegar o teatro ás vilas e cidades de España con criterios pedagóxicos e anovadores.[1]

Lorca cun cartel de La Barraca.

A primeira semana de xuño de 1932, o grupo comezou os ensaios no Auditorio da Residencia de Estudiantes e na Residencia de Señoritas. O 10 de xullo, o alumnado-elenco, os Barracos, con dous camións Chevrolet, vestidos con fundas azuis e insignias que representaban unha carauta sobre unha roda de carro, deseño do pintor Benjamín Palencia, montaron o escenario e os decorados na praza maior de El Burgo de Osma. A peza coa que debutaron foi o entremés de Miguel de Cervantes, La cueva de Salamanca.[2]

Ao proxecto sumáronse moitos artistas, entre eles, a irmá de Federico, Isabel, Julia García Lasgoity,[3] o pintor José Caballero e os irmáns Jacinto e Modesto Higueras.[4] Segundo a filosofía do grupo, todas as tarefas debían ser voluntarias, gratuítas e compartidas. As exitosas xiras de La Barraca incluían teatro clásico, monicreques, farsas, autos sacramentais e lecturas de poemas.[5] Porén, en 1933, cando a CEDA acadou o poder, a compañía non sempre foi ben recibida. A prensa reaccionaria acusábaa de inmoral e xudeomarxista. Nalgunhas aldeas, os membros da compañía foron apupados e perderon as subvencións públicas.

Desde a súa creación até o comezo da Guerra civil española, La Barraca representou un total de 13 obras en 74 localidades de España e o norte de África. Foron salientábeis as estadías na Universidad Internacional de Verano de Santander.[6] Alí coincidiron con membros da Xeración do 27, entre eles, Jorge Guillén, Pedro Salinas, Dámaso Alonso, Vicente Aleixandre e Rafael Alberti. En 1934, trala tráxica Revolución de Asturias, Lorca, moi afectado, declinou seguir á fronte de La Barraca e delegou en Eduardo Ugarte.

Na primavera de 1936 La Barraca realizou a que sería a súa derradeira función no Ateneo de Madrid, por petición expresa de Juana Capdevielle -bibliotecaria desta institución- ao grupo de teatro ambulante, que representou El caballero de Olmedo de Lope de Vega.[7]

A Guerra Civil e o fusilamento de Federico García Lorca supuxeron o fin de La Barraca.

Repertorio

[editar | editar a fonte]
Escena de La vida es sueño representada por La Barraca.
Lenda
  1. Entremeses (Cervantes)
  2. La vida es sueño (Calderón de la Barca)
  3. El retablo de las maravillas (Cervantes)
  4. Fuenteovejuna (Lope de Vega)
  5. Romancero (diversos romances adaptados)
  6. Égloga de Plácida y Victoriano (Juan de la Encina)
  7. El burlador de Sevilla (Tirso de Molina)
  8. El caballero de Olmedo (Lope de Vega)
1932 1933 1934 1935 1936
Burgo de Osma 2. xullo
San Leonardo 2. xullo
Igrexa de San Juan de Duero 2. xullo
Ágreda 2. xullo
Vinuesa 2. xullo
Almazán 2. xullo
Madrid 2. xullo;

1,2. outubro

A Coruña 1. agosto
Santiago de Compostela 1. agosto
Pontevedra 1. agosto
Vilagarcía de Arousa 1. agosto
Vigo 1. agosto
Baiona 1. agosto
Ribadeo 1. agosto
Cangas de Onís 1. agosto
Grado 1. agosto
Avilés 1. agosto
Oviedo 1. agosto
Granada 1,2. outono
Valdemoro 1,2. outono
Alacant 2. Nadal
Elx 2. Nadal
Murcia 2. Nadal
Toledo 1,2 marzo
Valladolid 3. Semana Santa; Primavera;
4. Agosto.
Zamora 3. Semana Santa; Primavera
Salamanca 3. Semana Santa; Primavera 3,4. Nadal
Madrid 3. Primavera 4; 8+. agosto;
3,4. Nadal
Arévalo 3. Primavera
León 3. Primavera;
4,1,4. agosto
Valencia 4,1. xullo
Utiel 4,1. xullo
Xátiva 4,1. xullo
Almansa 4,1. xullo
Albacete 4,1. xullo
Alcaraz 4,1. xullo
Infantes 4,1. xullo
Valdepeñas 4,1. xullo
Madridejos 4,1. xullo
Tembleque 4,1. xullo
Mieres 4,1,5. agosto
Santander 4,1,5. agosto 6,7. agosto 8+. agosto
Burgos 4,1,5. agosto
Logroño 4,1,5. agosto
Ayerbe 4,1,5. agosto
Tudela 4,1,5. agosto
Canfranc 4,1,5. agosto
Pamplona 4,1,5. agosto
Estella 4,1,5. agosto
Sevilla 1,4. marzo-abril
Ceuta 1,4. marzo-abril
Tetuán 1,4. marzo-abril
Tánger 1,4. marzo-abril
Ampuero 6,7. agosto
Villarcayo 6,7. agosto
Frómista 6,7. agosto
Villadiego 6,7. agosto
Palencia 6,7. agosto
Peñafiel 6,7. agosto
Cuéllar 6,7. agosto
Sepúlveda 6,7. agosto
Riaza 6,7. agosto
Segovia 6,7. agosto
Medina de Pomar 8+. agosto
Espinosa de los Monteros 8+. Agosto
Béjar 3,4. Nadal
Cidade Real 3,4. Nadal
Sabadell 1,8. abril
Barcelona 1,8. abril
Terrassa 1,8. abril
  1. Rodrigo (2003), p. 342
  2. "Miembros de la Barraca. 1932". jacintohiguerascatedra.com (en castelán). Consultado o 15 de xuño de 2023. 
  3. Semprún, Arantza (2016). "Documentos. Las olvidadas de la historia" (en castelán). 
  4. "La Barraca (1932-1936)". modestohigueras.es (en castelán). 21 de agosto de 2019. Consultado o 15 de xuño de 2023. 
  5. García Flores, Ana Belén (2011-12-24). "Tras las huellas de 'La Barraca'". rtve.es (en castelán). Consultado o 15 de xuño de 2023. 
  6. Garcia Lorca, La Barraca y el grupo literario del 27 en Santander (en castelán). Santander: Universidad Internacional Menendez Pelayo. 2008. p. 72. 
  7. "Cuando se quemaban libros también se asesinó a la bibliotecaria Juana Capdevielle". 2022-02-24. 
  8. Ocampo, Elena (23/2/2019). "Raíces gráficas de "Seis poemas galegos"". Faro de Vigo. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]