La Casa Azul
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
La Casa Azul | |
---|---|
Guille Milkyway actuando. | |
Orixe | Barcelona, España |
Período | 1997 - actualidade |
Xénero(s) | Electropop Indie pop Disco Shibuya-kei |
Selo(s) discográfico(s) | Elefant Records (España) Happy Robot (Corea del Sur) |
Membros | Guille Milkyway Paco Tamarit Guillem Barceló Pablo Rueda Lluís Domingo |
Na rede | |
MySpace oficial | |
La Casa Azul é un grupo español de electro indie pop fundado en 1997 e liderado por Guille Milkyway.
Historia
[editar | editar a fonte]Nacemento da Casa Azul, primeiras maquetas (1996-1999)
[editar | editar a fonte]La Casa Azul nace no imaxinario de Guille Milkyway en 1997, como unha mestura da música disco dos 70, o europop dos 90, e abordando temáticas como o amor, a felicidade, a amizade, pero tamén a tristeza, o desamor e a frustración. O estilo da banda vaise caracterizar polo contraste que xorde pola combinación de melodías alegres con letras melancólicas.
O proxecto La Casa Azul naceu como unha banda ficticia, cuxos membros eran entón un debuxo feito en cor sen unha persoa real que os represente. O encargado da presentación das cancións da banda en directo é Guille Milkyway, o produtor, compositor e arranxador da banda.
Os primeiros traballos de La Casa Azul saíron á luz en forma de tres maquetas: Te invito a mi fiesta (1998-1999), Canciones ligeras (1999) e Galletas (1999) que nun principio foron distribuídas por varios programas de radio; moitas das cancións destas maquetas foron gravadas novamente e formaron parte do primeiro EP da banda El sonido efervescente de la Casa Azul (2000) e posteriormente foron reunidas e reeditadas na súa gravación orixinal na reedición do disco do mesmo nome (2006).[1]
Inicios con Elefant (2000-2002)
[editar | editar a fonte]A primeira colaboración de La Casa Azul con Elefant Records chega en febreiro de 2000, cunha remestura do tema Jamie Theakston do grupo inglés Supercute.
Attic Lights reworked by La Casa Azul (2015)
[editar | editar a fonte]Elefant Records, na súa procura de novas ideas e proxectos, comeza unha nova colección de sinxelos de edición limitada, chamada Rekorked By Series. A idea é que grupos do selo se apropien, xoguen e remezclen cancións doutros grupos da discográfica. O 18 de setembro de 2015 saíu á venda Attic Lights reworked by La Casa Azul cun par de novos éxitos de Eurodisco a partir de Future Bound e War Years, dúas cancións da banda escocesa Attic Lights.
Discografía
[editar | editar a fonte]Maquetas
[editar | editar a fonte]- Te invito a mi fiesta (1998-9)
- Canciones ligeras (1999)
- Galletas (1999)
EP
[editar | editar a fonte]- El sonido efervescente de la casa azul (2000)
Álbums
[editar | editar a fonte]- Tan simple como el amor (2003)
- El sonido efervescente de la casa azul (reedición) (2006)
- La revolución sexual (2007)
- La revolución sexual (edición coreana) (2008)
- La nueva Yma Sumac (lo que nos dejó la revolución) (21 de setembro de 2009)
- La Polinesia Meridional (2011)
- La Gran Esfera (2019)
CDSingles
[editar | editar a fonte]- Como un fan (2005)
- Nesquik time (2012)
- Attic Lights reworked by La Casa Azul (2015)
Videoclips
[editar | editar a fonte]- Superguay (2004, Domingo González)
- Como un fan (2005, Domingo González)
- El sol no brillará nunca más (2006, Domingo González)
- La revolución sexual (2007, Domingo González)
- Esta noche sólo cantan para mí (2008, Domingo González)
- La Nueva Yma Sumac (2009, Duprez)
- Todas tus amigas (2010, Nadia Mata Portillo)
- La Polinesia Meridional (2012, Jean-Marie Marbach)
- La fiesta universal (2013, Jean-Marie Marbach)
Colaboracións e rarezas
[editar | editar a fonte]- Mr. Camping, versión de El Niño Gusano.
- Jamie Theakston, remix para o grupo Supercute (2000).
- Viaje a los sueños polares en Un soplo al corazón: Homenaje a Family (2003).
- Vente a Zona Disney para o programa de TVE Zona Disney (2004).
- Tantas cosas que arreglar en Momentos perdidos (2004).
- Feliz Navidad en Cuentos de Navidad (2006).
- Surf up and down publicada por tempo limitado no MySpace da banda (2007).
- Vull saber-ho tot de tu para o concurso Els 25 emitido por TV3 (2008).
- Échale Nesquik para o anuncio da marca Nesquik (2008)
- El que val la pena de veritat para o disco de versións Perversions do grupo Els Pets (2012).
- Compta els dies als estels para o disco de La Marató (2012).
Cancións dos directos
[editar | editar a fonte]- Quizás.[2]
- I Want You Back, versión de Jackson Five.
- Que sabe nadie, versión de Raphael.
- Señora, versión de Joan Manuel Serrat.
- Love is in the air, versión de John Paul Young.
- Aire, versión de Pedro Marín.
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]Edición | Canción | Premio | Resultado |
---|---|---|---|
XXIV | "Yo también" | Goya á mellor canción orixinal | Gañador[3] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La Casa Azul (Contraportada Reedición)". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2016. Consultado o 02 de outubro de 2016.
- ↑ "Letra da canción Quizas". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2016. Consultado o 05 de setembro de 2016.
- ↑ "Lista completa de candidaturas para la XXIV Edición de los Premios Goya" (PDF). El País. 9 de xaneiro de 2010. Archived from the original on 12 de abril de 2012. Consultado o 23 de xaneiro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A Casa Azul en MySpace.
- A Casa Azul Arquivado 14 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Elefant Records.
- A Casa Azul en Lafonoteca.
- A Casa Azul en Meparecebien.