La Flaca
La Flaca | |
---|---|
País | España |
Lugar | Barcelona |
Lingua | lingua castelá |
Fundación | 27 de marzo de 1869 |
Circulación | |
ISSN | 2254-5700 |
Na rede | |
https://arca.bnc.cat/arcabib_pro/ca/consulta/registro.do?id=2054 e http://www.bnc.cat/digital/arca/index.php?fname=titols/flaca.htm | |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Flaca: revista liberal e anticarlista, ou simplemente La Flaca, foi unha revista española de tipo satírico, de tendencia política republicana e federal,[1] publicada en Barcelona durante o Sexenio Democrático, momento no que a recentemente estreada liberdade de prensa permitiu este tipo de publicacións.
De periodicidade semanal e, normalmente, de catro páxinas editouse en Barcelona, en lingua castelá, entre o 27 de marzo de 1869 e o 3 de marzo de 1876 e a súa difusión chegou a ser internacional ao se vender en Francia, Italia e Ultramar. Atribúeselle ser a introductora da litografía a cor[2], de xeito habitual, na prensa española que empregaba nas caricaturas satíricas sobre a situación política do momento o que provocou que, dado o seu ideario liberal e anticarlista, sufrira varias suspensións e para evitalas seguiu sendo editadas baixo diferentes cabeceiras como La Carcajada[3], La Risotada, La Risa, El Lío, La Madeja, La Madeja Política.
Foi considerada como a máis crítica e incisiva das revistas da súa época e entre os seus colaboradores destaca o seu principal caricaturista Tomás Padró i Pedret.[4]
Análise
[editar | editar a fonte]A denominación de La Flaca e da imaxe caricaturesca que se representa na primeira páxina, unha matrona escuálida con escudo e coroa de loureiro, acompañada dun león tamén escuálido, ironiza sobre a iconografía imposta durante o século XIX do emparellamento da matrona e o león, símbolos da alianza da monarquía e o pobo, querendo dar a entender que esta alianza quedou reducida á mínima expresión, é dicir, aos ósos.
Tamén se ten indicado que, co título, pretendía replicar a outra publicación, tamén de tipo satírico, pero de ideoloxía falsamente liberal e carlista, La Gorda (1868-1870) publicada en Madrid, pois era así como se denominaba coloquialmente a Isabel II.
Nas catro páxinas incluía na primeira e na última ilustracións a cor de tipo caricaturesco sobre as circunstancias políticas do momento, aparecendo os principais dirixentes políticos como Prim, Serrano ou Topete[3]; é dicir, a nova casta política empoleirada pola "Gloriosa", aos que criticaba polas escasas reformas que se levaban a cabo e que estaban a levar a España (representada como unha muller famélica "fraca") ao desastre.[1]
Era furibundamente antimonárquica, anticlerical e antigubernativa, especialmente criticaba a Prim por traer, de novo, a monarquía a España.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Para evitar a censura, foi mudando de cabeceiras segundo a necesidade até distinguir 5 etapas:[4]
Etapa | Nome da cabeceira | Números | Principia | Finaliza | Observacións |
---|---|---|---|---|---|
1ª | La Flaca | 1-100 | 27 de marzo de 1869 | 3 de setembro de 1871 | Co nº 100 suspéndese por primeira vez a publicación, polo que comezará a mudar de nome de
cabeceira. |
2ª | La Carcajada | 1-37 | 17 de xaneiro de 1872 | 31 de outubro de 1872 | O nº 17 e o 19 son censurados e retirados ao que respostan dende a revista con novas cabeceiras
para os substituír: La Risotada (2 números: o 1 e o 6 de xuño de 1872) e La Risa (1 número, o 15 de xuño de 1872). |
3ª | La Flaca | 38-84 | 7 de novembro de 1872 | 4 de outubro de 1873 | Son 47 números que continúan coa numeración da anterior revista La Carcajada. |
4ª | La Madeja Política | 1-50 | 1 de novembro de 1873 | 19 de decembro de 1874 | Os números do 15 ao 21 son substituídos por El Lío (publicará 7 números, do 7 de febreiro até o18
de abril de 1874). Reanúdase a numeración de La Madeja Política no n º 22. |
5ª | La Madeja | 1-22 | 2 de xaneiro de 1875 | 2 de marzo de 1876 |
Galería
[editar | editar a fonte]-
Caricatura alusiva ao carlismo (agosto 1859)
-
Caricatura da IªRepública, publicada en 1873. Pi i Margall vese desbordado polo federalismo, representado nos cativos ataviados cos distintos traxes regionais, mentres Castelar intenta pór orde instruíndo os alumnos.
-
Caricatura alusiva ao Sexenio Democrático
-
Caricatura alusiva sobre a procura de pretendientes como rei.
-
Caricatura alusiva á poxa da monarquía.
-
Caricatura alusiva a independencia de Cuba
-
Caricatura sobre as desputas entre a república unitaria e a república federal
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Almuiña (2015); p. 34
- ↑ "La representación gráfica de España en la publicación republicana La Flaca, por Ainhoa Gilarranz Ibañez". Consultado o 20-03-2017.
- ↑ 3,0 3,1 San Juan, Jose Bernardo; Cuquerella Jiménez-Díaz, Ana; Gutiérrez Palacio, Javier; Mera Fernández, Montserrat; Vela Valldecabres, Daniel (2009). De Azorín a Umbral: Un siglo de periodismo literario español. Oleiros (A Coruña): Netbiblo. p. 63. ISBN 978-84-9745-221-2.
- ↑ 4,0 4,1 "Flaca, La (Barcelona, 1869-1873)". ARCA. Consultado o 30-01-2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: La Flaca |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Almuíña, Celso (2015). Laguna Platero, Antonio; Reig Cruañes, Pepe, eds. La prensa satírica como instrumento de crítica política durante el siglo XIX. En: El humor en la historia de la comunicación en Europa y América. Col. Estudios. Nº 146 (Cuenca: Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha). pp. 33–34. ISBN 978-84-9044-131-2.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de La Flaca en ARCA (Arxiu de Revistes Catalanes Antigües).