La Vall de Boí
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | Provincia de Lleida | ||||
Comarca | Alta Ribagorça ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.116 (2024) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua catalá ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 219,5 km² ![]() | ||||
Bañado por | Noguera de Tor (en) ![]() ![]() | ||||
Altitude | 1.111 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa ![]() | Sònia Bruguera Diego (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 25526–25528 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 25043 ![]() | ||||
Código territorial IDESCAT | 250432 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | vallboi.cat ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
La Vall de Boí é un municipio catalán da provincia de Lleida, situado na comarca da Alta Ribagorça. No seu centro atópase o val de Boí, que dá nome ao municipio. É un conxunto de vales e serras da parte nororiental da comarca, da que é o municipio máis extenso, entre o Val de Barravés e a Vall Fosca.
A cabeceira do municipio é Barruera, que lle dera nome ata 1996. Inclúe a entidade municipal descentralizada de Durro i Saraís, procedente do antigo municipio de Durro, actualmente integrado no de La Vall de Boí.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Limita ao norte co municipio de Naut Aran, ao nordés con Espot, ao leste con La Torre de Cabdella e Sarroca de Bellera, ao sur con El Pont de Suert, e ao oeste con Vilaller. Desde o val pode accederse ao Parque Nacional de Aigüestortes i Estany de Sant Maurici.
O municipio está formado por dez entidades de poboación: Barruera, Boí, Caldes de Boí, Cardet, Cóll, Durro, Erill la Vall, Pla de l'Ermita, Saraís e Taüll.
Historia
[editar | editar a fonte]A historia do val iníciase seguramente a principios do século IX coa creación dos primeiros condados cristiáns. Pertencente nun principio ao condado de Tolosa (finais do século VIII), que toma estas terras baixo a protección de san Guillerme, curmán de Carlomagno, a súa historia quedou unida á do condado de Ribagorça, cuxos condes foron os seus señores feudais durante dous séculos. Foi establecida a Baronía de Erill cuxos membros residían no castelo de Erill-Castell do que non queda ningún vestixio. Durante o século XI, o val foi incluído no condado de Pallars ata que finalmente foi anexionado pola coroa de Aragón durante o século XII.
Durante moitos séculos foi un val illado e descoñecido. Alcanzou o seu máximo desenvolvemento durante o século XIII en que unha pequena poboación chamada Taüll chegou a contar con catro igrexas. A situación do val, limítrofe con outros condados, permitiu a creación de numerosos castelos, hoxe en día moi mal conservados. As numerosas igrexas que se construíron no área mostran a alta densidade de poboación que tivo no seu momento esta zona pirenaica.
No ano 2000, a UNESCO declarou Patrimonio da Humanidade o conxunto de igrexas románicas do val.

Demografía
[editar | editar a fonte]1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2000 | 2012 |
---|---|---|---|---|---|
1.202 | 1.074 | 1.059 | 526 | 870 | 1.052 |
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]
Todo o románico do concello é Patrimonio da Humanidade.
- Igrexa de Sant Feliu de Barruera
- Igrexa de Sant Salvador de Barruera
- Igrexa de Santa Maria de Cardet
- Igrexa de Santa Maria de Cóll
- Igrexa da Nativitat de Durro
- Igrexa de Sant Quirc de Durro
- Igrexa de Sant Llorenç de Saraís
- Igrexa de Santa Eulàlia d'Erill la Vall
- Igrexa de Sant Cristòfol d'Erill la Vall
- Igrexa de Sant Joan de Boí
- Igrexa de Sant Pere de Boí
- Igrexa de Santa Maria de Taüll
- Igrexa de San Clemente de Taüll
- Igrexa de Sant Martí de Taüll
- Igrexa de Sant Quirc de Taüll
- Parque Nacional de Aigüestortes i Estany de Sant Maurici.
- Cap des Creuetes.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: La Vall de Boí ![]() |
- Sitio oficial do concello (en catalán)
- Información da Generalitat de Catalunya (en catalán)
- Información do Institut d'Estadística de Catalunya (en catalán)