Saltar ao contido

Lago Maior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaLago Maior
(it) Lago Maggiore Editar o valor en Wikidata
Vista no inverno
Imaxe
Tipolago
area not part of a municipality of Switzerland (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deFronteira Itália-Suíça (pt) Traducir
Northern Italian lakes (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaTesino, Suíza, Piemonte, Italia e Lombardía, Italia Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 46°05′53″N 8°42′53″L / 46.0981, 8.7147
CordilleiraAlpes Editar o valor en Wikidata
Afluentes
Rio Ticino (pt) Traducir ,Maggia (en) Traducir ,Toce (en) Traducir ,Tresa (en) Traducir ,San Bernardino (en) Traducir ,Acquanegra (en) Traducir ,Verzasca River (en) Traducir ,Tiasca (en) Traducir ,Stronetta (en) Traducir ,Q2884352 Traducir ,Giona (en) Traducir ,Boesio (en) Traducir ,Cannobino (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Efluente do lagoRio Ticino (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Conca hidrográficaconca do Po Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude193 m Editar o valor en Wikidata
Profundidade372 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións5 (ancho) × 66 (lonxitude) km
Superficie212,5 km² Editar o valor en Wikidata
Superficie da cunca hidrográfica6.386 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Volume físico37.000 hm³ Editar o valor en Wikidata
Historia
Cronoloxía
4 de marzo de 1921 Ca.60 crash (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5646901

O lago Maior (en italiano: 'Lago Maggiore ou Lago Verbano') é un lago alpino do norte de Italia e Suíza. Trátase dun lago glaciario que se formou ao final da última glaciación. A súa altitude é de 193 msnm.

Encóntrase na fronteira de Italia e Suíza, entre os Alpes e a chaira padana, a uns 50 km ao noroeste de Milán e uns 130 km ao sur de Zürich. O 80 % da súa superficie corresponde a Italia e o 20 % a Suíza. As súas augas bañan dúas rexións italianas e un cantón suízo:

O lago encóntrase entre as coordenadas xeográficas seguintes:

  • Latitude: entre os 45°43' N e os 46°11' N
  • Lonxitude: entre os 8°29' L e os 8°52' L

É o segundo lago italiano por extensión, despois do lago de Garda, cunha superficie de 212 km². A elegancia de célebres estacións climáticas e a beleza e variedade da paisaxe convérteno nunha das metas máis frecuentadas e preferidas polo turismo internacional.

As fermosas vilas ás súas orelas tiveron gran fama durante a Belle Époque, e algunhas conservan aínda, en parte, o aspecto daqueles tempos.

Entre a máis famosas están Arona, patria de San Carlos Borromeo; Stresa, elegante e refinada; Pallanza coa súa Villa Taranto adornada cun fermoso xardín e, na ribeira lombarda, Luino e Laveno-Mombello.

Son de particular interese as illas Borromeas, fronte a Stresa: a Illa Bella, co maxestoso Palacio Borromeo (sede dunha pinacoteca) e o seu su espectacular xardín á italiana do período barroco, e a illa dos Pescadores, cun palacio do século XVIII e un xardín botánico.