Saltar ao contido

León Benavente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
León Benavente
León Benavente no Festival de Música Sonidos Líquidos de Sevilla, no 2017
OrixeEspaña España
Período2012 - actualidade
Xénero(s)Indie rock
Selo(s) discográfico(s)Marxophone, Warner
MembrosAbraham Boba
Eduardo Baos
Luis Rodríguez
César Verdú
Artistas relacionadosNacho Vegas
Tachenko
Schwarz
Na rede
leonbenaventeoficial.com
Facebook: leonbenavente Twitter: LEONBENAVENTE Instagram: leonbenavente Spotify: 5wuBA4TiRM0CNjSXjsutn6 iTunes: 652080564 Last fm: León+Benavente Musicbrainz: 5c49f2ed-1371-4a96-b690-e2d255492ed4 Songkick: 7476619 Discogs: 3596212 Allmusic: mn0003476570 Deezer: 4805682 Editar o valor en Wikidata

León Benavente é un grupo español de indie rock formado por músicos de diferentes lugares da xeografía española.

Formouse en 2012 coa unión de catro veteranos músicos: o vocalista e teclista galego Abraham Boba, o guitarrista murciano Luis Rodríguez, o baixista aragonés Eduardo Baos, e o batería asturiano César Verdú.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Os membros de León Benavente xa tiñan experiencia tocando noutros grupos: Abraham Boba publicou traballos como solista e tocaba habitualmente na banda de Nacho Vegas, banda na que Eduardo Baos e Luis Rodríguez eran técnicos, Eduardo Baos tocou en Tachenko e César Verdú foi batería en Schwarz. O nome do grupo provén dun tramo da autoestrada entre León e Benavente, bastante transitado polos catro músicos.[2]

O primeiro traballo do grupo foi un álbum homónimo con dez cancións publicadas polo selo Marxophone en maio de 2013 tanto en CD como en vinilo. O primeiro sinxelo do álbum foi a canción "Ánimo, valiente", para o que gravaron un videoclip que se estreou o 13 de xuño de 2013 na páxina web de El País.[3] O álbum tivo unha grande acollida e despois dalgúns concertos de presentación antes do verán, León Benavente conseguiu tocar nalgúns festivais de verán como o Sonorama ou o Arenal Sound.

O 10 de decembro de 2013 saíu á luz un EP de vinilo de 10 polgadas titulado Todos contra Todos, con novas cancións, tres propias e unha versión de "Europa ha muerto" de Ilegales".[4] O 27 de xaneiro de 2014 púxose á venda un dobre CD edición especial que incluíu o álbum e o EP publicados anteriormente.[5]

En abril de 2016, e tras tres anos de xira ininterrompida[6] que os levou por toda España e fóra dela (destacando os numerosos concertos que ofreceron en México e que inspiraron o tema "Habitación 615"),[7][8] publicouse o seu segundo LP, titulado simplemente “2”, xa co selo discográfico Warner. Foi gravado en Andoain e consta de 9 cancións.[9][10] Publicaron tamén ese mesmo mes un sinxelo de vinilo con dous temas: "Tipo D" (incluído en 2) e "Televisión", canción na que participou Enrique Bunbury.[11]

En 2017 pasaron a gravar os seus temas no estudo que instalou Edu Baos na súa casa, en Mozota. Alí gravaron o EP En la selva co que iniciaron unha xira por España participando en festivais como o Festival Interstellar de Sevilla,[12] o Festival da Luz, en Boimorto[13] ou o Festival de Cans.[14] Durante o 2018 reduciron o número de concertos, entre os lugares nos que actuaron están o Náutico do Grove[15] ou o Festival Cultura Inquieta de Madrid.[16]

En 2019 publicaron o seu terceiro disco de longa duración, chamado Vamos a volvernos locos. Foi presentado nun concerto de Radio 3 o 12 de setembro[17] e saíu á venda ao día seguinte.[18] Conta coas colaboracións de Eva Amaral,[19] María Arnal, Miren Iza e Sara Condado.[20]

Discografía

[editar | editar a fonte]
  1. "León Benavente - Biografía". Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  2. Fuente, Ulises (19 de diciembre de 2013). "León Benavente, canción del páramo". La Razón (España). Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  3. López Palacios, Íñigo (13 de xuño de 2013). "Estrenamos el primer vídeo de León Benavente". El País (en castelán). Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  4. "León Benavente - Todos contra todos (EP de vinilo de 10 pulgadas, 2013)". Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  5. "León Benavente (Edición especial)". Musicoscopio (en castelán). Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  6. "El asalto de León Benavente". El País (en castelán). 13 de abril de 2016. Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  7. "Entrevistamos a León Benavente" (en castelán). 2 de novembro de 2015. Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  8. "El aterrizaje descomunal de León Benavente en México" (en castelán). 5 de maio de 2016. Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  9. "León Benavente - 2". Musicoscopio (en castelán). Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  10. "EL PAÍS estrena el nuevo videoclip de León Benavente". El País (en castelán). 4 de febreiro de 2016. Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  11. "León Benavente y Bunbury cantan juntos ‘Televisión’" (en castelán). 23 de abril de 2016. Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  12. "Entradas Festival Interestelar 2017. Comprar Entradas.". Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  13. "Rosendo, Siniestro Total e León Benavente encabezan a sexta edición do Festival da Luz". Galicia Confidencial. 30 de agosto de 2017. Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  14. "León Benavente e Eladio y los Seres Queridos actuarán no Espazo Mahou do Festival de Cans". 5 de abril de 2017. Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  15. Meyer, Luis (27 de agosto de 2018). "“Los errores del ser humano dan para muchas canciones”". El País (en castelán). Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  16. "León Benavente actúo en el Festival Cultura Inquieta el viernes 6 de julio del 2018." (en castelán). Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  17. "León Benavente presenta su nuevo disco en Radio 3". RTVE (en castelán). 9 de setembro de 2019. Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  18. "León Benavente - Vamos a volvernos locos". Musicoscopio (en castelán). Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  19. "León Benavente y Eva Amaral estrenan 'Amo', una declaración de amor y servidumbre" (en castelán). 27 de xuño de 2019. Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  20. "León Benavente lanza un mensaje de cambio social en su tercer álbum" (en castelán). 13 de setembro de 2019. Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  21. "León Benavente - Biografía, compoñentes e enlaces relacionados". Musicoscopio (en castelán). Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  22. "El grupo León Benavente, premio 'Ojo Crítico' de RNE de Música Moderna". rtve.es (en castelán). 28 de novembro de 2014. Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  23. "León Benavente, Premio Global de la Música Aragonesa (2018)". www.premiosdelamusicaragonesa.com (en castelán). Consultado o 16 de outubro de 2019.