Miren Iza
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1979 (45/46 anos) Hondarribia, España |
Actividade | |
Ocupación | cantante, psicóloga |
Período de actividade | 2000 - |
Instrumento | Voz |
Miren Iza, nada en Hondarribia (Guipúscoa) en 1979, é unha cantante e compositora vasca.[1] Liderou, a principios da década de 2000 o grupo Electrobikinis, e despois dunha etapa de composición en solitario formou o grupo Tulsa.[2] Realizou tamén colaboracións con outros artistas, como Enrique Bunbury.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A primeira actividade musical de Miren foi a banda punk rock de riot grrrl Electrobikinis, composta só por mozas e interpretando en inglés, e que se separou en 2002.[3]
Tras esta separación comezou pola súa conta unha etapa de composición en castelán, con influencias de artistas en lingua inglesa como Nick Cave, Neil Young e Bob Dylan, ou en castelán como Nacho Vegas ou Christina Rosenvinge. Acompañada á guitarra de Alfredo Niharra, comeza a interpretar o seu novo repertorio en pequenas salas.
Acompañada de Niharra, e coa incorporación de Miguel Guzmán nas guitarras, Alberto Rodrigo ao baixo e Gabriel Marijuan na batería, forman en 2002 a banda Tulsa, cuxo nome está inspirado na cidade estadounidense de Tulsa.[4]
Con este grupo publicou os álbums Tulsa, en 2006, e xa baixo o selo discográfico Subterfuge Records, Solo me has rozado en 2007, que suporía a eclosión da banda no panorama musical, con nomeamentos aos Grammy Latinos de 2007 como artista revelación e aos MTV European Music Awards como mellor artista emerxente.
En 2010 publicaron Espera la pálida, o álbum que debía significar a confirmación do grupo, recibido con moi boas críticas. Foi producido por Karlos Osinaga (Lisabö) e coa colaboración de Anari. Un ano despois, Miren Iza anuncia nun comunicado que a banda se toma un descanso indefinido por motivos persoais, sen especificar unha data de regreso aos escenarios. No entanto, a banda mantivo a súa actividade en Estados Unidos, ofrecendo xiras e producindo novas cancións.
En 2013 preséntase a curtametraxe Ignonauta, dirixido polo realizador Raúl Santos, protagonizada por Miren Iza, e construída ao redor de tres cancións inéditas de Tulsa: "Bórrame del mapa", "Verano averno" e "El baile", producidas por Subterfuge Records.
En xaneiro de 2015 presenta o seu novo traballo La calma chicha (Gran Derby Records) que presenta un son innovador e letras desoladoras na súa liña. O disco foi gravado en Madrid e producido por Carasueño, Charlie Bautista e a propia Miren.
Colaboracións
[editar | editar a fonte]En 2010 Miren cantou xunto a Enrique Bunbury o tema e posterior videoclip (dirixido por Juan Antonio Bayona) "Frente a frente", unha versión do clásico interpretado por Jeanette na década de 1980.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «Entrevista: Miren Iza, cantante de Tulsa». El País. 12 de xuño de 2007. Consultado o 25 de xaneiro de 2010.
- ↑ «Biografía de Tulsa». Lafonoteca. Consultado o 25 de xaneiro de 2010
- ↑ «Biografía Tulsa Arquivado 21 de xuño de 2012 en Wayback Machine.». Subterfuge Records. Consultado o 25 de xaneiro de 2010.
- ↑ «El grupo Tulsa de la hondarribiarra Miren Iza nominado a los Grammy Arquivado 13 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.». Gara. 31 de agosto de 2007. Consultado o 25 de xaneiro de 2010.
- ↑ «Bunbury canta a Jeanette». El Mundo. Consultado o 25 de xaneiro de 2010.