Lei de Stigler
A Lei de Stigler, tamén coñecida como Lei da Eponimia de Stigler, é un axioma formulado por Stephen Stigler en 1980 que afirma que "ningún descubrimento científico leva o nome de quen o descubriu en primeiro lugar".[1]
Stigler, profesor de estatística da Universidade de Chicago, publicou o seu artigo na revista Transactions of the New York Academy of Sciences. Dáse a circunstancia de que no propio artigo o autor recoñeceu que a tese que levaba o seu nome xa fora formulada de xeito aproximado por outro, neste caso por Robert K. Merton, no seu concepto de obliteración aplicado á socioloxía da ciencia.[2]
Tamén é o caso que o mérito dos creadores se recoñece grazas aos seus discípulos, xa que non están directamente expostos á crítica ao non seren os creadores orixinais. Isto é o que ocorreu, por exemplo, coa teoría da evolución, recoñecida e aceptada cando os discípulos directos de Darwin, especialmente Thomas Henry Huxley, e Herbert Spencer, a difundiron.
Exemplos
[editar | editar a fonte]Algúns exemplos que cumpren este enunciado son;
Descubrimento | Observación |
---|---|
Diagramas de Lexis | Foron inventados por Gustav Zeuner e O. Brasche, e non por Wilhelm Lexis, de quen reciben o seu nome. |
Distribución normal ou distribución gaussiana | Non foi descuberto por Gauss, senón por De Moivre. |
Lei de Gresham | Foi descuberto por primeira vez por Copérnico. |
Lei de Benford | Foi descuberto cincuenta anos antes por Simon Newcomb. |
Lei de Snell | Foi descuberto sete séculos antes por Ibn Sahl. |
A regra de ouro de Fermi | Foi desenvolvido por primeira vez por Paul Dirac. |
Número de Avogadro | Foi calculado por Johann Josef Loschmidt. |
Lei de Coulomb | Foi descuberto por Henry Cavendish. |
Lei de Charles | Foi observado anteriormente por Henry Cavendish. |
Nube de oort | Atribuída ao holandés Jan Oort, foi postulada e descrita polo estoniano Ernst Öpik. |
Lei de Ohm | Foi descuberta por Henry Cavendish. |
Arquitectura de von Neumann | Foi desenvolvido por John Presper Eckert, John William Mauchly e Arthur Burks, entre outros. |
A regra do Hospital | Foi desenvolvido por Johann Bernoulli. |
Lei de Stigler | xa fora enunciada por Robert K. Merton. |
Ecuacións de Cauchy-Riemann | A análise de variables complexas foron previamente estudadas por D'Alembert e Euler, polo que deberían chamarse ecuacións de D'Alembert-Euler.[3] |
Roda de Savart | Foi inventada por primeira vez por Robert Hooke. |
Heliografía | O primeiro procedemento fotográfico da historia, inventado por Nicéphore Niépce, foi patentado e divulgado tras a súa morte co nome de daguerrotipo polo seu colaborador Louis Daguerre tras melloralo, ignorando o nome e os descubrimentos do primeiro. |
Posición de Trendelenburg | En medicina (decúbito supino pero coa cabeza máis baixa que os pés), que recibe o nome do médico e cirurxián alemán Friedrich Trendelenburg, foi descrito anteriormente na historia da medicina por médicos como Celso, Paulus Aegineta, Abulcasis ou o médico medieval francés Guy de Chauliac.[4] [5] [6] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Stigler, Stephen (1980). "Stigler's law of eponymy". Transactions of the New York Academy of Sciences 39: 147–158.
- ↑ Robert K. Merton
- ↑ Markushevich, A. (1970). Teoría de las funciones analíticas. MIR. p. 90.
- ↑ Cassidy, Lindsey; Bandela, Sujani; Wooten, Candace; Jennifer, Coira; Tubbs, R. Shane; Loukas, Marios (17 de enero de 2014). "Friedrich Trendelenburg: Historical background and significant medical contributions" (en inglés) 27 (6): 815–820. ISSN 0897-3806. doi:10.1002/ca.22368. Consultado o 18 de novembro de 2018.
- ↑ Bernstein, Adam M.; Koo, Harry P.; Bloom, David A. (1999-07). "Beyond the Trendelenburg position: Friedrich Trendelenburg's life and surgical contributions" 126 (1): 78–82. ISSN 0039-6060. doi:10.1067/msy.1999.98735. Consultado o 18 de novembro de 2018.
- ↑ Thiery, M. (23 de xuño de 2009). "Friedrich Trendelenburg (1844–1924) and the trendelenburg position" (en inglés) 6 (3): 295–297. ISSN 1613-2076. doi:10.1007/s10397-009-0499-x. Consultado o 18 de novembro de 2018.