Leopoldine Blahetka
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (de) Marie Leopoldine Blahetka ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 16 de novembro de 1809 ![]() Guntramsdorf, Austria (pt) ![]() ![]() |
Morte | 17 de xaneiro de 1885 ![]() Boulogne-sur-Mer, Francia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | compositora, pianista ![]() |
Xénero artístico | Ópera ![]() |
Profesores | Joseph Czerny (pt) ![]() ![]() ![]() |
Instrumento | Piano ![]() |
Familia | |
Pais | Jean Joseph Léopold Blahetka ![]() ![]() |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dicionario Musical Riemann (1901–1904) Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Anna Maria Leopoldine Blahetka, nada o 16 de novembro de 1809 en Guntramsdorf e finada o 17 de xaneiro de 1885 en Boulogne-sur-Mer, foi unha compositora e pianista austríaca.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Leopoldine Blahetka naceu en Guntramsdorf, preto de Viena. Os seus pais eran George e Barbara Joseph Blahetka Sophia, apelidada Traeg de solteira. O seu pai era profesor de Historia e Matemáticas e a súa nai era instrumentista e profesora de fisarmónica. O seu avó materno foi o compositor vienés Andreas Traeg.[1]
A súa familia mudouse a Viena e Leopoldine comezou a recibir clases de piano da súa nai. En 1818 fixo o seu debut como pianista. Posteriormente, estudou con Joseph Czerny, Hieronymus Payer, Eduard Freiherr von Lannoy, Joachim Hoffmann, Catherina Cibbini-Kozeluch, Friedrich Kalkbrenner, Ignaz Moscheles, así como composición con Simon Sechter.[2]
En 1821, Blahetka comezou unha xira por Europa acompañada pola súa na nai, e continuou facendo xira durante vinte anos máis. Arredor do ano 1830, a familia mudouse a Boulogne-sur-Mer, en Francia, buscando un clima máis benigno. Blahetka morreu en Boulogne-sur Mer o 17 de xaneiro de 1885.[3][4]
Obra selecta
[editar | editar a fonte]- op. 9, Grande polonaise concertante pour le piano forte et violoncello
- op. 13, Variations sur un thème favorite
- op. 14, Variations brillantes
- op. 15, Sonate para violín
- op. 16, Nr. 1, 6 Deutsche Lieder: Die Nebelbilder
- op. 16, Nr. 2, 6 Deutsche Lieder: Der Getröstete
- op. 16, Nr. 3, 6 Deutsche Lieder: Die Totenklage
- op. 16, Nr. 4, 6 Deutsche Lieder: Die fernen Berge
- op. 16, Nr. 5, 6 Deutsche Lieder: Sehnsucht
- op. 16, Nr. 6, 6 Deutsche Lieder: Matrosenlied
- op. 18, Variations brillantes sur un thème hongrois
- op. 19, Polonaise D-Dur
- op. 20, Variations brillantes sur le Siège de Corinthe
- op. 25, Konzertstück para piano e cuarteto de corda ou orquestra (opcional)[5]
- op. 26, Six Valses avec Trio et Coda
- op. 26a, Variationen über ein Thema aus der Oper 'Die Stumme' von Portici
- op. 27, Variations sur un thème tyrolien
- op. 28, Variations sur la chanson nationale autrichienne Gott erhalte Franz den Kaiser
- op. 29, Variations sur un thème de Gallenberg
- op. 32, Rastlose Liebe[6]
- op. 39, Introduction et Variations para frauta e piano
- op. 43, Piano Quartet[7]
- op. 44, 2nd Piano Quartet[8]
- op. 47, Grand Duo (para piano a 4 mans)[9]
- op. 48, Capriccio for Piano[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pendle, Karin (2001). Women and music.
- ↑ Sadie, Julie Anne; Samuel, Rhian (1994). The Norton/Grove dictionary of women composers. Consultado o 14 de marzo de 2020.
- ↑ "Lebenslauf von Marie Léopoldine Blahetka". Consultado o 14 de marzo de 2020.
- ↑ Turner, Christie Susan (1979). Leopoldine Blahetka (1811-1887): pianist and composer.
- ↑ Véxase OCLC 165566873 ou Hofmeister scan at ÖNB.
- ↑ "Werke sortiert nach Opuszahl". Consultado o 12 de marzo de 2020.
- ↑ Dedicado a Johann Peter Pixis e publicado en 1836 por Hofmeister, Leipzig. Véxase Hofmeister Monatsberichte (scan).
- ↑ Véxase Hofmeister Monatsberichte - publicado en 1837/comezos de 1838 por Friedrich Hofmeister, Leipzig.
- ↑ Dedicado a Clara Wieck. A copia dixitalizada atópase na Biblioteca de Múnic. Publicado en 1839 segundo HMB.
- ↑ Publicado en 1843 ou 1844 por Schuberth & Co. (HMB)