Leopoldo Pedreira Taibo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de agosto de 1896 A Coruña, España |
Morte | 12 de setembro de 1915 (19 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | catedrático, escritor, xornalista |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Felipe Pedreira Deibe |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Pedreira (Leopoldo), p.335) Dicionario biográfico de Galicia Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Leopoldo Pedreira Taibo, nado na Coruña o 4 de agosto de 1869 e finado na mesma cidade o 12 de setembro de 1915,[1] foi un profesor, escritor e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado e doutorado en Filosofía e Letras pola Universidade de Madrid. Aos 25 anos obtivo unha cátedra de Instituto e foi profesor de Xeografía e Historia en San Cristóbal de La Laguna, Baeza, Cuenca e dende 1907 na Coruña. Sendo estudante colaborou en La Voz de Galicia; en Madrid foi redactor da Revista Contemporánea e da Ilustración Nacional e colaborou en Unión Católica, La Justicia e El Globo; nas Canarias dirixiu Diario de La Laguna, El Lagunero e Aguerre; en Cuenca foi un dos fundadores de Las Noticias e colaborou en El Progreso Conquense, Correo Católico e Juventud; na Coruña foi asiduo colaborador de La Voz de Galicia, Galicia Solidaria, Tierra Gallega e El Eco de Galicia. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.
Obras
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Concepto de la patria, 1892.
- El Regionalismo en Galicia, 1894.
- Lo que es Bilbao y lo que podrá ser a finales de siglo, 1902.
- La enseñanza de la Geografía, lo que es y lo que debe ser en España, 1903.
- ¿Verdes o negros?, 1909.
- Ensayo de antología geográfica, 1910.
- Rudimentos de Geografía. Primera parte. Preliminares y Europa, 1911.
- Rudimentos de Geografía. Segunda parte. América, Asia, Australia, Polinesia, geografía comparada y sintética, 1914.
- Descripción de España. Nociones elementales de geografía nacional, 1915.
- Cuadros de historia Universal, 1914.
Poesía
[editar | editar a fonte]- Desde la terraza, 1912.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Cruz de Afonso XII.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Luciana Deibe e foi pai de Felipe Pedreira Deibe.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Eco de Galicia, 13-9-1915, p. 1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Leopoldo Pedreira Taibo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Pedreira Taibo, Leopoldo". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 76.
- "Pedreira Taibo, Leopoldo". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Cañada, Silverio, ed. (1974). "PEDREIRA TAIBO, Leopoldo". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada 24. pp. 119–120. ISBN 84-7286-029-9.
- Cejador y Frauca, Julio (1919). Historia de la lengua y literatura castellana (en castelán) X. Madrid: Tip. de la "Rev. de Arch., Bibl. y Museos".
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 54.
- Domínguez Mallo, Lorena (2012). "Leopoldo Pedreira Taibo, intuición historiográfica e virulencia crítica" (PDF). Galicia21: Journal of Contemporary Galician Studies (4): 27–43.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 678. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.