Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A edición do ano 2009 da Liga Galega de Traiñeiras (LGT) foi a cuarta tempada disputada da segunda categoría de clubs de remo xunto coa Liga ARC e xusto por debaixo da Liga ACT. Esta edición estivo formada por 14 clubs, dous menos que na edición anterior, tódolos clubs foron galegos. O campión desta edición foi o Cabo da Crua de Cabo de Cruz (Boiro), converténdose no primeiro equipo da Provincia da Coruña en gañar esta competición, aínda que non conseguiu o ascenso á máxima categoría do remo en banco fixo, a Liga ACT. A Liga constou de 15 regatas que se disputaron entre o 14 de xuño coa disputa da IV Bandeira Concello de Muros en Esteiro-Muros e o 30 de agosto coa disputa da última regata da Liga, a XV Bandeira do Concello de Vigo en Vigo.
- C.R. Cabo da Cruz, Cabo da Cruz Boiro (A Coruña)
- R.C. Náutico de Vigo, Vigo (Pontevedra)
- C.R. Chapela, Redondela, (Pontevedra)
- C.R. Mecos, O Grove (Pontevedra)
- Club Regatas Perillo, Perillo, (A Coruña)
- Amegrove C.R., O Grove (Pontevedra)
- C.R. Vilaxoán, Vilaxoán (Pontevedra)
- C.R. Ares, Ares (A Coruña)
- C.R. A Cabana, A Cabana, Ferrol, Ferrol, (A Coruña)
- C.R. Puebla, A Pobra do Caramiñal, (A Coruña)
- Asociación Deportiva Esteirana, Esteiro, (A Coruña)
- C.R. Vila de Cangas, Cangas (Pontevedra)
- C.R. Coruxo, Vigo (Pontevedra)
- C.R. Rianxo, Rianxo (Pontevedra)
Traiñeiras en Galicia |
---|
|
Clubs 2021 | |
---|
Tempadas | |
---|
Outras competicións | |
---|