Liga Galega de Traiñeiras 2011
Tipo | Liga Galega de Traiñeiras |
---|---|
Deporte | remo en traiñeiras |
Organizador | Federación Galega de Remo |
Número de participantes | 14 |
Localización e Datas | |
Localización | Galicia (España) 42°48′N 7°54′O / 42.8, -7.9 |
País | España |
Número de edición | 9 (2011) |
Competición | |
Primeiro posto | Amegrove Club de Remo |
A tempada 2011 da Liga Galega de Traiñeiras foi a 9ª edición do campionato de traiñeiras de Galicia creado en 2003. A tempada comezou o 26 de xuño en Chapela e rematou o 28 de agosto en Vilaxoán. Nesta tempada competiron 14 clubs e disputáronse 17 bandeiras. Amegrove foi o dominador da competición nesta tempada despois de 17 vitorias nas 17 bandeiras disputadas. A principal novidade desta tempada foi a non participación do Náutico de Vigo.
Os dous primeiros clasificados da liga foron o campión Amegrove e o subcampión Chapela, que terían que ser os 2 equipos a competir polo ascenso á Liga ACT, pero tralo remate da tempada o club Amegrove tomou a decisión de non disputar nin tan siquiera os play offs e renunciar á loita polo ascenso,[1] de xeito que foron finalmente Chapela e Cabo da Cruz os dous representantes da LGT que estiveron presentes nos play offs, sen acadar os resultados desexados nin un nin outro club.
Clasificación
[editar | editar a fonte]
| |||||||||||||||
Equipo | Puntos | Vitorias | Localidade | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Amegrove | 238 | 17 | O Grove | |||||||||||
2 | Chapela | 216 | 0 | Chapela, Redondela | |||||||||||
3 | Cabo da Cruz | 200 | 0 | Boiro | |||||||||||
4 | Samertolameu | 182 | 0 | Meira, Moaña | |||||||||||
5 | Vilaxoán | 179 | 0 | Vilaxoán | |||||||||||
6 | Perillo | 127 | 0 | Perillo, Oleiros | |||||||||||
7 | Mecos | 126 | 0 | O Grove | |||||||||||
8 | A Cabana | 111 | 0 | Ferrol | |||||||||||
9 | Ares | 103 | 0 | Ares | |||||||||||
10 | Coruxo | 86 | 0 | Coruxo, Vigo | |||||||||||
11 | Puebla | 64 | 0 | A Pobra do Caramiñal | |||||||||||
13 | Mugardos | 63 | 0 | Mugardos | |||||||||||
12 | Rianxo | 58 | 0 | Rianxo | |||||||||||
14 | Esteirana | 31 | 0 | Esteiro, Muros | |||||||||||
Amegrove proclamouse campión da liga.
Os 2 primeiros da liga teñen dereito a loitar polo ascenso á Liga ACT. O 3º pode gañar ese dereito no caso de renuncia dun dos 2 primeiros. |
Actualizado o 19 de setembro.