Limoges CSP
Limoges CSP | |
![]() | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | Pro A / BCL |
Fundación | 1929 |
Cores | Verde, branco, ouro |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Patrocinador | Intermarché |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Palais des Sports de Beaublanc |
Capacidade | 5 516 |
Inauguración | 1981 |
Campionatos | |
Euroliga | 1 (1993) |
Recopa | 1 (1988) |
Copa Korać | 3 (1982, 1983, 2000) |
Liga | 11 (1983−1985, 1988−1990, 1993−1994, 2000, 2014−2015) |
Copa | 6 (1982−1983, 1985, 1994−1995, 2000) |
Supercopa | 1 (2012) |
limogescsp.com |
O Limoges Cercle Saint-Pierre, comunmente coñecido como Limoges CSP, é un club de baloncesto profesional francés con sede na cidade de Limoges, Lemosín. O club foi fundado en 1929 e viviu os seus mellores momentos nas décadas de 1980 e 1990, cando conquistou os máis importantes títulos de Francia en diversas ocasións, así como diversos títulos europeos, incluída a Euroliga conquistada en 1993. Actualmente compite na LNB Pro A, máxima categoría do baloncesto francés.
Historia
[editar | editar a fonte]O Limoges Cercle Saint-Pierre foi fundado en 1929, con todo, non comeza a ser un equipo exitoso até a década de 1980, cando en 1981 gaña o seu primeiro título importante: a Copa de Francia. A partir desta data o club comeza a gañar con asiduidade os títulos de campión de Liga e de Copa no seu país, alén de destacar en competicións europeas. De feito, foi o primeiro equipo galo en gañar o máximo título europeo en calquera deporte ao conseguir a Euroliga en 1993. Porén, o equipo xa gañara anos antes varios títulos continentais, como dúas Copas Korać, en 1982 en 1983, ambas ante o Šibenka Šibenik (90–84 e 94–86), e unha Recopa en 1988 ante o Joventut Badalona (96–89). Posteriormente, no ano 2000, gaña de novo a Korać, esta vez ante o Unicaja Málaga (80–58 e 51–60).
A nivel local, na temporada 1999–00 o Limoges conseguía gañar o seu noveno título de Liga, con todo, sería descendido ao final da temporada á LNB Pro B por problemas financeiros. O equipo só permanece un ano na segunda división, máis o seu retorno á máxima categoría sería breve, descendendo de novo en 2004. De feito, ao comeza a temporada 2004–05 o Limoges xogaba na NM1, a terceira categoría. Desde esa temporada o club tardaría seis anos en volver á elite, aparecendo fugazamente na primeira división en 2011 para volver a descender. Con todo, o club regresa á Por A ao ano seguinte volvendo ás súas vellas glorias o conseguir en 2014 o seu décimo título de liga tras vencer ao Strasbourg IG por 0–3 na final.[1]
Debido ao título de liga o club sería invitado para xogar a Euroliga 2014–15, no que sería o seu retorno a máxima competición europea tras dezasete anos de ausencia. Con todo, o retorno non sería destacábel, xa que o Limoges perdería 8 dos 10 partidos disputados, gañando unicamente ao Unics Kazan e ao Cedevita, antes de ser relegados á Eurocup, onde foi tamén rapidamente eliminado. No campionato local o club volve facerse co título de campión. Durante a fase regular o Limoges quedaría clasificado en terceiro lugar tras o JSF Nanterre e o Strasbourg, porén o club consegue chegar á final. Na final, o club do Lemosín vence de novo ao Strasbourg, esta vez por 1-3.
Uniformes
[editar | editar a fonte]-
1929-1992 -
1992-2004 -
2004-2011 -
2011
Pavillón
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Palais des Sports de Beaublanc.
O Palacio de Deportes Beaublanc (en occitano: Bòsc Blanc) está situado no parque de deportes da cidade de Limoges. Foi construído en 1981 grazas a. Xavier Popelier e a Albert Chaminade. Desde aquela acolle os partidos como local do Limoges, alén doutros eventos deportivos como a Copa Davis ou partidos de baloncesto e balonmán femininos. Até a construción do Palais des Sports de Pau en 1991 era o pavillón de baloncesto máis grande do país.
Xogadores
[editar | editar a fonte]Cadro actual
[editar | editar a fonte]Limoges CSP 2015−2016 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Palmarés
[editar | editar a fonte]Competicións europeas
[editar | editar a fonte]- Euroliga
- Campións (1): 1992−93
- F4 3º posto (1): 1989−90
- F4 4º posto (1): 1994−95
- Copa Saporta
- Campións (1): 1987−88
- Copa Korać
- Campións (3): 1981−82, 1982−83, 1999−00
- Subcampións (1): 1986−87
Competicións domésticas
[editar | editar a fonte]- Liga de Francia
- Campións (11): 1982−83, 1983–84, 1984–85, 1987–88, 1988–89, 1989–90, 1992–93, 1993–94, 1999−00, 2013−14, 2014−15
- Copa de Francia
- Campións (6): 1981−82, 1982–83, 1984–85, 1993–94, 1994–95, 1999−00
- Leaders Cup
- Campións (2): 1987−88, 1989–90
- Supercopa de Francia
- Campións (1): 2012
- Segunda Divisón de Francia
- Campións (2): 2000−01, 2011–12
Non oficial
[editar | editar a fonte]- Pequena Tripla Coroa
- Campións (2): 1987−88, 1999−00
Históricos
[editar | editar a fonte]Xogadores
[editar | editar a fonte]Richard Dacoury
Hugues Occansey
Jean-Michel Sénégal
Gregor Beugnot
Jim Bilba
Yann Bonato
Apollo Faye
Jimmy Vérove
Georges Vestris
Jacques Wampfler
Frédéric Forte
Jacques Monclar
Stéphane Ostrowski
David Thévenon
Frédéric Weis
Thierry Rupert
Jure Zdovc
Michael Brooks
Marcus Brown
Dawan Robinson
Don Collins
Jermaine Bucknor
Clarence Kea
George Montgomery
Dragan Lukovski
Branko Milisavljevic
Branko Sinđelić
Ognjen Vukićević
Mileta Lisica
Billy Knight
Steffon Bradford
Joah Tucker
Alex Acker
Taurean Green
Ronnie Taylor
Zack Wright
Carl Thomas
R.T. Guinn
J.K. Edwards
Spencer Dunkley
John Amaechi
Ville Kaunisto
Radoslav Rančík
Oscar Yebra
Lionel Moltimore
Ed Murphy
Alex Oriakhi
Harper Williams
Michael Young
Tommy Adams
Cedrick Banks
Travarus Bennett
John McCord
J.R. Patrick
J.R. Koch
J. R. Reynolds
Clinton Smith
Glenn Mosley
Leon Douglas
Mark Wickman
Willie Redden
Kevin Braswell
Kevin McGee
Grant Gondrezick
Edin Bavčić
Marin Prskalo
Andrius Ragauskas
Angelos Tsamis
Adestradores
[editar | editar a fonte]André Buffière (1980–83)
Pierre Dao (1983–86)
Michel Gomez (1986–90)
Božidar Maljković (1992–95)
Zvi Sherf (1995–96)
Bogdan Tanjević (1996–97)
Duško Ivanović (1999-00)
Panagiotis Giannakis (2012–13)
Jean-Marc Dupraz (2013–2015)
Philippe Hervé (2015–presente)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Basket: Limoges, retour d'un historique". Metronews.fr (en francés). 6 de xuño de 2014. Consultado o 16 de setembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial do CSP Limoges Arquivado 18 de abril de 2021 en Wayback Machine.
- Encyclopedia non oficial