Lingua saami de Inari
Aparencia
Lingua saami de Inari Anarâškielâ | ||
---|---|---|
Falado en: | Finlandia | |
Rexións: | Laponia | |
Total de falantes: | 300 (segundo o censo de 2001)[1] | |
Familia: | Linguas urálicas Linguas saamis Linguas saamis orientais Lingua saami de Inari | |
Escrita: | Latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Lingua minoritaria recoñecida en Finlandia[2] | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | smn | |
ISO 639-3: | smn
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua saami de Inari (Anarâškielâ) é unha lingua urálica falada polo pobo saami de Inari en Finlandia. Trátase dunha lingua saami que ten aproximadamente 300 falantes, dos que a meirande parte son de mediana ou avanzada idade e viven no concello de Inari. Segundo o Parlamento Saami de Finlandia, 269 persoas empregan o saami de Inari acotío como a súa primeira lingua. É a única das linguas saamis que se fala exclusivamente en Finlandia e está clasificada como unha lingua en grave risco de desaparecer porque moi poucos rapaces a aprenden.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Anaras: The Inari Sàmis". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2007. Consultado o 22 de decembro de 2014.
- ↑ Consello europeo (ed.). "To which languages does the Charter apply?". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2018. Consultado o 21 de decembro de 2014.
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Existe unha versión da Wikipedia en Lingua saami de Inari |