Linguas pérmicas
As linguas pérmicas son unha póla da familia das linguas urálicas. Fálanse en moitas rexións da Federación Rusa, ao oeste dos Urais. O número total de falantes rolda os 950.000, dos cales uns 550.000 pertencen á lingua máis falada, o udmurt. Como outras linguas urálicas, as pérmicas son fundamentalmente aglutinantes e posúen un rico sistema de casos gramaticais. Porén, a diferenza de moitas linguas aglutinantes, carecen de harmonía vocálica.[1]
As fontes máis antigas conservadas en linguas pérmicas datan do século XIV, e foron escritas no chamado pérmico antigo.[1]
Clasificación
[editar | editar a fonte]As linguas pérmicas clasificáronse tradicionalmente entre as linguas finopérmicas, xunto co finés, o saami, o mordovino e mais o mari. Xunto coas linguas úgricas, conformaban a familia ugrofinesa. Porén, esta taxonomía foi posta en dúbida recentemente, polo que a relación das linguas pérmicas coas urálicas non está determinada con exactitude.[2]
As linguas pérmicas aínda vivas son:
- O udmurt
- O komi
- O komi permiano
- O komi yazva
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Scheucher 2012.
- ↑ Kittilä, Västi & Ylikoski 2011, p. 354.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kittilä, Seppo; Västi, Katjia; Ylikoski, Jussi (2011). Case, Animacy and Semantic Roles (en inglés). John Benjamins Publishing. ISBN 9789027206800.
- Scheucher, Bernhard (2012). LanguageServer - the Languages of the World (en inglés). The University of Graz.