Saltar ao contido

Linguas iranias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Linguas iranianas»)
Linguas iranias
Falado en: Taxiquistán, Afganistán, Paquistán, Irán, Iraq, Turquía, Rusia, Acerbaixán e a China
Rexións: Asia central, Asia Occidental
Total de falantes: Máis de 150 000 000
Familia: Indoeuropea
 Indoiranias
  Linguas iranias
Escrita: Alfabeto cirílico, latino e escrita perso-arábiga
Status oficial
Lingua oficial de: Só 5 linguas son oficiais
Regulado por: Academia das Ciencias de Taxiquistán, Academia das Ciencias do Afganistán, Academia da Lingua e Literatura Persa, Instituto das Ciencias de Iristán, Academia Kurda da Lingua
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Mapa das principais linguas iranias.
Status

As linguas iranias son parte dunha rama da familia indoeuropea de linguas. Xunto coas linguas indoarias e as linguas nuristanias, forman o grupo de linguas indoiranias, o cal é unha rama do grupo indoeuropeo. O avéstico e o persa antigo son as dúas linguas iranianas máis antigas entre as linguas indoeuropeas rexistradas (incluíndo o grego e ao hitita).

Hoxe, estímase que hai de 150 a 200 millóns de falantes nativos das linguas iranias. O SIL no 2005 enumera 87 variedades das linguas iranias. Por número de artigos, as linguas máis faladas son o persa (70 millóns, xuntando as tres formas coñecidas: persa, taxico e dari), o kurdo e o paxto (25 millóns cada un) o baluchi (7 millóns), e as linguas mazandaraní, guilaquí, talixí e o iriano (coñecido como ossetio).

Só cinco linguas das preto das 87 variedades de linguas iranias son oficias: o persa, o dari, o taxico, o pastún e o iriano (coñecido coma ossetio). No Taxiquistán con carácter de "cooficial" (o estado comprométese a garantir a ensinanza e a difusión) está o iagnobiano, sen que o resto das linguas do Pamir gocen deste privilexio. En Iristán do Norte (chamado Ossetia polos rusos) o digoriano goza de privilexios nos medios de comunicación e na ensinanza, pero non conta cun estatuto de oficialidade. No Afganistán, segundo garante a nova Constitución Afgá, as linguas maioritarias de cada rexión ou distrito poderán ter carácter de oficial nesas rexións ou distritos.

As grandes linguas iranias e a súa extensión xeográfica

[editar | editar a fonte]

As seguintes linguas iranias son faladas polo menos por un millón de persoas:

  • Grupo persa (nun senso máis amplo)   55-70 millóns,(coma segunda lingua, preto de 110 millóns, Irán, Afganistán, Taxiquistán, Paquistán, Uzbequistán).
    • Persa occidental (Farsí ou simplemente persa)   35-40 millóns, coma segunda lingua por máis de 50 millóns (Irán)
    • Persa oriental   20-30 millóns
      • Dari   15 millóns (Afganistán)
        • Hazaraguí   2,5 millóns (Afganistán 2,2 millóns, Irán 300.000)
        • Aimaq   650.000 (Afganistán)
      • Taxico   4.5 millóns (Taxiquistán)
        • Bughorés   100.000 (Uzbequistán: Bughará, Irán, Israel)
  • Paxto   35 millóns (22,5 millóns en Paquistán, 12 millóns en Afganistán)
  • Baluchi   9 millóns (7,5 millóns en Paquistán, 1,4 millóns en Irán, 200.000 en Afganistán)
  • Kurdo ou curmanxí   10 millóns (Turquía, Norte de Iraq, Norte de Siria, Norte de Irán e Ghorasán (oeste de Irán) e en partes de Armenia, Acerbaixán e Xeorxia. Uns milleiros en Rusia.)
  • Lurés   4,3 millóns (Irán, Grupo dialectal)
  • Soranés (Chamado tamén kurdo central)   7 millóns (Irak, Irán)
  • lingua kurda meridional   5 millóns (Irán)
  • Mazanderano   3 millóns (Irán, Costa do Caspio)
  • Guilaquiano   2,6 millóns (Irán, Costa do Caspio)
  • Zazaki (ou zaza)   3 millóns (Turquía)
  • Talexiano   1 millóns (Irán, Acerbaixán, Grupo dialectal)


Linguas iranias importantes polo seu número de falantes:

  • Oseto (chamado tamén alano ou ironau)   600.000 (Iristán do Sur (Xeorxia) e outras zonas de Xeorxia, República do Norte de Iristán-Alania (Rusia). Iristán=Ossetia. Trátase máis ben dun diasistema: lingua iriana e lingua digoriana, sendo a primeira a usada en todo o territorio.
  • Goranés   500.000 (Iraq, Irán)
  • Azarí iraniano ou Tatí meridional   220.000 (Acerbaixán, Irán)
  • Tatí   130.000 (Acerbaixán, Rusia)
  • Wanetsi   100.000 (Paquistán, Afganistán)

O grupo de linguas `iranias´ recibe ese nome porque as súas principais linguas, incluíndo o persa, foron ou son faladas na zona da meseta iraniana dende fai tempo. Porén, coma unha clasificación lingüística, o nome 'iranias' non implica ningunha relación co país de Irán, (para referirmos a algo ou alguén pertencente a Irán úsase a palabra 'iraniano/-a/os/-as).

Agrupación da familia de linguas iranias

[editar | editar a fonte]

Grupo oriental

Grupo occidental

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • [1] Arquivado 16 de abril de 2019 en Wayback Machine..Enciclopedia Iránica.
  • John Payne. "Pamir languages" in Compendium Linguarum Iranicarum. Schmitt, 1989.Pamir Languages.pdf[Ligazón morta]
  • Compendium Linguarum Iranicarum. Schmitt, 1989.
  • Грамматический очерк осетинского языка. Числительные. С. 457, 458. (En ruso).
  • Abaev, V.I.: Gramática ossetia (en inglés)[2]
  • Основы иранского языкознания. Т. 3. Новоиранские языки. М. 1982. (en ruso)
  • Tegey, Habibullah; Robson, Barbara: A Reference Grammar of Pashto, 1996 Center fo Applied Linguistics, Washington D.C., Department of Education, Washington D.C. [3]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]