Saltar ao contido

Lista de atentados terroristas en 2020

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Isto é unha lista sobre os atentados terroristas que aconteceron no 2020

Atentados por países

[editar | editar a fonte]

Aquí recóllense o número total de vítimas (incluíndo os terroristas mortos), número total de terroristas mortos e por último o número total de feridos. O mínimo para aparecer nesta táboa son un total 30 vítimas mortais.

País Núm. de mortos totais Tot. de terroristas mortos Tot. de feridos Tot. de secuestrados Tot. terroristas detidos

Na segunda táboa estará o resto dos países.

País Núm. de mortos totais Tot. de terroristas mortos Tot. de feridos Tot. de secuestrados Tot. terroristas detidos

Atentados por mes

[editar | editar a fonte]

4 de xaneiro

  •  Francia: Ataque en Villejuif en xaneiro de 2020. Un ataque con coitelo en Villejuif, localidade que se encontra as aforas de París, deixou 1 morto e 2 feridos. O autor do ataque é un home de 22 anos que responde ao nome de Nathan C. que foi abatido pola policía, causandolle a morte no momento. Nun primeiro momento non se considerou como un ataque relacionado co terrorismo, pero un día máis tarde a Fiscalía Nacional Antiterrorista de Francia asumiu a investigación do ataque, ao encontrar material salafista na mochila que levaba o terrorista durante o ataque.[1]

7 de xaneiro

  •  Kenya: Un ataque contra unha comisaría na localidade de Dadaab, no condado de Garissa, deixou polo menos 4 civís mortos, entre os cales hai menores de idade, e dous terroristas tamén faleceron durante o asalto. O grupo terrorista que reivindicou o ataque é Al-Shabaab.[2]

9 de xaneiro

  •  Níxer: Un ataque contra unha base militar na localidade de Chinagodrar pertencente ao exército nixerino, deixou finalmente 31 militares mortos e máis de 80 milicianos tamén mortos, descoñecese o número de feridos. Nun primeiro momento as fontes nixerinas falaban de 89 militares falecidos, pero no último informe coñecido o 10 de xaneiro de 2020 sinalou que o número de vítimas mortais aumentou. Aínda non foi reivindicado por ningún grupo terrorista.[3]

10 de xaneiro

  •  Paquistán: Un ataque suicida contra unha mesquita de Quetta, deixou polo menos 15 vítimas mortais e 19 feridos. Aínda non foi reivindicado por ningún grupo terrorista.[4]

25 de xaneiro

  •  Burkina Faso: Un ataque dun grupo de homes armados contra un mercado situado na localidade de Silgadji, provincia de Soum, deixou polo menos 39 vítimas mortais. Descoñecese se houbo feridos. Aínda non foi reivindicado por ningún grupo terrorista.[5]

2 de febreiro

9 de febreiro

  •  Alxeria: Un ataque con coche bomba contra un destacamento militar en Timiauín, deixou 1 militar morto, ademais dun terrorista suicida. O autor do ataque é un home que responde ao nome de Omar al Ansari. Mentres o ataque foi reivindicado, un día despois, polo grupo xihadista Estado Islámico.[9]
  •  Nixeria: Un ataque de homes armados, sospeitosos de pertencer ao grupo terrorista Boko Haram, deixou polo menos 30 vítimas mortais e un número descoñecido de secuestrados. Ademais de queimar 18 autobuses. O ataque produciuse na localidade de Auno, pertencente ao estado de Borno.[10]

10 de febreiro

  •  Malí: Un ataque cometido por homes armados contra a brigada da Xendarmería na localidade de Diema, deixou polo menos 1 xendarme morto e outros 2 feridos. O ataque aínda non foi reivindicado por ningún grupo terrorista.[11]
  •  Níxer: Un ataque contra un posto da policía preto da cidade de Ayorou, na rexión de Tillaberi. Deixou polo menos 2 soldados mortos e 1 ferido de gravidade. Os autores do ataque foron homes armados que viaxaban en motocicleta. Aínda non foi reivindicado por ningún grupo terrorista que opera na zona.[12]

11 de febreiro

  •  Afganistán: Un ataque dun terrorista suicida en Cabul, deixou polo menos 6 vítimas mortais e 13 feridas. O goberno afgán culpou aos talibáns de realizar o ataque. Mentres que os talibáns negaron a súa responsabilidade no ataque.[13]
  •  Somalia: Un ataque con bomba na cidade e capital somalí, Mogadixo, deixou polo menos 5 militares mortos e varios feridos. O ataque foi reivindicado por Al-Shabaab.[14]

16 de febreiro

  •  Siria: Un ataque con coche bomba na cidade de Tel Abiad, deixou polo menos 6 vítimas mortais. O atentado non foi reivindicado por ningún grupo terrorista. Aínda que as autoridades turcas culpan as YPG por ter relación co PKK considerada, esta última, como organización terrorista por parte de Turquía.[15]

17 de febreiro

  •  Burkina Faso: Un ataque contra unha igrexa na localidade de Pansi, na provincia de Yagha, deixou polo menos 24 vítimas mortais e 18 feridas. Aínda non foi reivindicado por ningún grupo terrorista que opera na zona.[16]

19 de febreiro

  •  Alemaña: Atentado terrorista en Hanau en febreiro do 2020. Un dobre tiroteo contra dous bares de shishas ou cachimba produciuse na cidade de Hanau, pertencente ao Estado de Hesse. O primeiro tiroteo produciuse nun bar que se encontraba no centro histórico da dita cidade, deixando polo menos 5 vítimas mortais. O segundo tiroteo produciuse dende un vehículo en marcha, cuxo obxectivo era outro local de shisha localizado no distrito de Kesselstadt. Este segundo tiroteo deixou polo menos 4 vítimas mortais. Máis tarde a policía localizou nun piso preto dos ataques os corpos do autor dos atentados e máis o da súa nai, ambos sen vida. A nai, segundo a policía, foi asasinada. En total o número de vítimas mortais é de 10, se se conta o autor dos atentados sobe a 11, mentres que o número de feridos é de 4, algúns deles encontranse en estado de gravidade. O autor dos ataques foi un home alemán de 43 anos, que responde ao nome de Tobias Rathjen. O motivo do ataque, segundo a policía, está relacionado coa xenofobia e está sendo investigado como terrorismo de extrema dereita.[17][18][19]
  •  Kenya: Un ataque contra un autobús na localidade de Banisa, no condado de Mandera, deixou polo menos 4 vítimas mortais e un número descoñecido de feridos. O autor é o grupo xihadista Al-Shabaab.[20]

1 de marzo

  •  Malí: Un ataque contra soldados das Forzas Armadas maliano (FAMA) na localidade de Mondoro, deixou polo menos 6 soldados mortos e 10 feridos. Aínda que non foi reivindicado por ningún grupo terrorista, sospéitase de xihadistas.[21]

6 de marzo

  •  Afganistán: Un ataque terrorista en forma de tiroteo na capital afgá Cabul, deixou polo menos 34 vítimas mortais e 58 feridas. Durante o tiroteo produciuse un combate entre os terroristas e policías, que acabaron coa vida de 2 terroristas. O grupo terrorista que reivindicou o ataque foi o Estado Islámico.[22]
  •  Tunisia: Ataque terrorista en Tunes de marzo de 2020. Un ataque de 2 terroristas suicidas, que ían nunha motocicleta contra unha patrulla da policías que se encontraban nun posto de control que se situaba preto da Embaixada dos Estados Unidos en Tunes, deixou 1 policía morto e 5 feridos, incluído un civil. O ataque aínda non foi reivindicado.[23]

9 de marzo

  •  Níxer: Un ataque contra a base militar de Chétima Wango, preto da cidade de Diffa, na rexión de Diffa deixou polo menos 9 soldados mortos e un número indeterminado de feridos. O grupo terrorista quen reivindicou o ataque é o Estado Islámico da África Occidental ou ISWA.[24]

20 de maio

  •  Níxer: Un ataque armada contra o posto militar Blabrine, situado ao nordeste da localidade de N'guigmi, pertencente a Diffa, deixou polo menos 12 soldados mortos e 10 feridos, ademais de destrución de material militar. Máis tarde militares nixerinos mataron a 7 terroristas, como resposta ao ataque. O grupo que perpetrou o ataque foi, segundo as fontes do goberno de Níxer, Boko Haram.[25]

20 de xuño

23 de xuño

  •  Somalia: Un atentado suicida contra unha base militar, na que Turquía adestra as forzas armadas somalís, en Mogadixo, deixou polo menos 2 militares mortos e 1 ferido grave. O grupo terrorista que reivindicou o ataque foi Al Shabaab.[29]

18 de xullo

  •  Colombia: Unha emboscada contra o exército colombiano en Tibú, deixou polo menos 2 soldados mortos e 8 feridos. O responsable do ataque é o ELN.[30]

16 de agosto

  •  Somalia: U ataque con coche bomba e unha toma dun hotel da capital somalí, Mogadixo, deixou polo menos 15 vítimas mortais e 35 feridas. O ataque foi perpretrado polo grupo terrorista Al-Shabaab.[31]

16 de outubro

  •  Francia: Asasinato de Samuel Paty: Un profesor de nacionalidade francesa, de 47 anos, que respodía ao nome de Samuel Paty foi asasinado na localidade francesa de Éragny. O motivo do ataque parece ser de natureza islamista. O asasinato cometeuse debido ao ensinar caricaturas do profeta Mahoma, durante unha clase de educación para a cidadanía e a liberdade de expresión. Por mostrar estas caricaturas, feitas pola revista satírica francesa Charlie Hebdo, foi ameazado a través das redes sociais como Facebook. O perpretador do ataque foi un home checheno, que xa foi abatido pola policía.[32][33]

2 de novembro

10 de novembro

  •  Somalia: Un ataque con bomba na cidade de Dhusamareb, deixou polo menos 2 militares mortos e outros 3 feridos. O ataque aínda non foi reivindicado por ningún grupo terrorista.[35]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
  1. EUROPA PRESS (4 de xaneiro de 2020). "Investigan como atentado terrorista el ataque del viernes a las afueras de París". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 20 de maio de 2020. 
  2. EUROPA PRESS (7 de xaneiro de 2020). "Al menos cuatro muertos en un ataque de Al Shabaab en el norte de Kenia". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 7 de xaneiro de 2020. 
  3. EUROPA PRESS (10 de xaneiro de 2020). "Al menos 31 soldados y más de 80 milicianos muertos en un ataque contra una base militar en Níger". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 11 de xaneiro de 2020. 
  4. EFE (10 de xaneiro de 2020). "Al menos 15 muertos y 19 heridos en una explosión en una mezquita de Pakistán". www.efe.com (en castelán). Consultado o 11 de xaneiro de 2020. 
  5. EUROPA PRESS (29 de xaneiro de 2020). "Cerca de 40 muertos por el ataque del sábado contra un mercado del norte de Burkina Faso". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 29 de xaneiro de 2020. 
  6. EFE, AFP (2 de febreiro de 2020). "La policía de Londres mata a un hombre tras un ataque "terrorista"". amp.dw.com (en castelán). Consultado o 10 de febreiro de 2020. 
  7. 20 minutos (3 de febreiro de 2020). "Estado Islámico reivindica el ataque terrorista de Londres". amp.20minutos.es (en castelán). Consultado o 10 de febreiro de 2020. 
  8. AGENCIAS (3 de febreiro de 2020). "El terrorista de Londres pidió a su novia que decapitara a sus padres". www.lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 10 de febreiro de 2020. 
  9. EUROPA PRESS (11 de febreiro de 2020). "Estado Islámico reclama la autoría del atentado suicida con coche bomba en el sur de Argelia". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2020. 
  10. EUROPA PRESS (10 de febreiro de 2020). "Mueren 30 personas en un ataque ejecutado por presuntos miembros de Boko Haram en el noreste de Nigeria". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 10 de febreiro de 2020. 
  11. EUROPA PRESS (10 de febreiro de 2020). "Muere un gendarme y dos resultan heridos en un ataque ejecutado al noroeste de la capital de Malí". amp.europapress.es (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2020. 
  12. infobae (10 de febreiro de 2020). "Dos policías mueren en un ataque "terrorista" en Níger". www.infobae.com (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2020. 
  13. EUROPA PRESS (11 de febreiro de 2020). "Al menos seis muertos y trece heridos en un atentado suicida en Kabul". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  14. EUROPA PRESS (11 de febreiro de 2020). "Mueren cinco soldados en un atentado de Al Shabaab cerca de la capital de Somalia". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2020. 
  15. EUROPA PRESS (16 de febreiro de 2020). "Seis muertos en un atentado con coche bomba en el norte de Siria". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  16. EUROPA PRESS (17 de febreiro de 2020). "Aumentan a 24 los muertos en el ataque contra una iglesia en el norte de Burkina Faso". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 19 de febreiro de 2020. 
  17. María Paz López (20 de febreiro de 2020). "Un ataque terrorista de extrema derecha en Alemania deja un total de diez muertos". www.lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2020. 
  18. Carmela Negrete (20 de febreiro de 2020). "El terrorismo de extrema derecha golpea Alemania de nuevo". www.elsaltodiario.com (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2020. 
  19. DPA/EP (20 de febreiro de 2020). "Diez personas muertas en un ataque terrorista con motivos xenófobos en la ciudad alemana de Hanau". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2020. 
  20. EUROPA PRESS (19 de febreiro de 2020). "Al menos cuatro muertos en un ataque de Al Shabaab contra un autobús en el noreste de Kenia". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 19 de febreiro de 2020. 
  21. REDACCIÓN (2 de marzo de 2020). "Mueren 6 soldados malienses en un ataque terrorista en el centro de Mali". www.lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 15 de marzo de 2020. 
  22. REDACCIÓN (6 de marzo de 2020). "Al menos 34 muertos y 58 heridos en un atentado contra varias autoridades afganas en Kabul". www.lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 15 de marzo de 2020. 
  23. AGENCIAS (6 de marzo de 2020). "Un policía muerto y cinco heridos en un ataque terrorista en la embajada de EEUU en Túnez". www.publico.es (en castelán). Consultado o 15 de marzo de 2020. 
  24. EUROPA PRESS (9 de marzo de 2020). "Al menos nueve soldados nigerinos muertos en un ataque de Estado Islámico en Diffa". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 15 de marzo de 2020. 
  25. REDACCIÓN (20 de maio de 2020). "Mueren doce soldados nigerinos en un ataque de Boko Haram en sureste del país". www.lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 20 de maio de 2020. 
  26. REDACCIÓN (21 de xuño de 2020). "La Policía británica declara como acto de terrorismo el ataque de Reading". www.lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 25 de xuño de 2020. 
  27. Euronews (22 de xuño de 2020). "Reading homenajea a las víctimas del ataque terrorista". es.euronews.com (en castelán). Consultado o 25 de xuño de 2020. 
  28. RTVE.es / AGENCIAS (21 de xuño de 2020). "Tres muertos en un apuñalamiento masivo en la ciudad inglesa de Reading en un acto terrorista". www.rtve.es (en castelán). Consultado o 25 de xuño de 2020. 
  29. Xinhua/EP (23 de xuño de 2020). "Dos muertos en un atentado suicida contra una base en la que Turquía entrena a tropas somalíes en Mogadiscio". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 25 de xuño de 2020. 
  30. EUROPA PRESS (18 de xullo de 2020). "Dos militares colombianos muertos y ocho heridos en un ataque de la guerrilla". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 19 de xullo de 2020. 
  31. EFE (16 de agosto de 2020). "Al menos 15 muertos y 35 heridos en un ataque armado a un hotel de Mogadiscio". www.efe.com (en castelán). Consultado o 28 de agosto de 2020. 
  32. BBC News Mundo (17 de outubro de 2020). "Decapitación en Francia: lo que se sabe del ataque contra un profesor de una escuela de París". www.bbc.com (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2020. 
  33. AGENCIAS (16 de outubro de 2020). "Nuevo ataque terrorista en Francia: decapitada una persona en plena calle cerca de París". www.20minutos.es (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2020. 
  34. BBC News Mundo (3 de novembro de 2020). "Ataque en Viena: al menos 5 muertos y más de 20 heridos en un "repulsivo atentado terrorista" en distintos lugares de Viena". www.bbc.com (en castelán). Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  35. EUROPA PRESS (10 de novembro de 2020). "Mueren dos militares por la explosión de una bomba en el centro de Somalia". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 10 de novembro de 2020.