Lista de atentados terroristas en 2019
Isto é unha lista sobre os atentados terroristas que aconteceron no 2019
Atentados por países
[editar | editar a fonte]Aquí recóllense o número total de vítimas (incluíndo os terroristas mortos), número total de terroristas mortos e por último o número total de feridos. O mínimo para aparecer nesta táboa son un total 30 vítimas mortais.
País | Núm. de mortos totais | Tot. de terroristas mortos | Tot. de feridos | Tot. de secuestrados | Tot. terroristas detidos |
---|---|---|---|---|---|
Malí | 37 | 0 | 0 | 0 | 0 |
Afganistán | 31 | 0 | 153 | 0 | 0 |
Na segunda táboa estará o resto dos países.
País | Núm. de mortos totais | Tot. de terroristas mortos | Tot. de feridos | Tot. de secuestrados | Tot. terroristas detidos |
---|---|---|---|---|---|
Paquistán | 8 | 4 | 2 | 0 | 0 |
Mozambique | 7 | 0 | 0 | 0 | 0 |
Siria | 6 | 1 | 8 | 0 | 0 |
Libia | 5 | 2 | 2 | 0 | 0 |
Iraq | 4 | 1 | 8 | 0 | 0 |
Turquía | 1 | 0 | 2 | 0 | 0 |
Xapón | 0 | 0 | 9 | 0 | 1 |
Chile | 0 | 0 | 5 | 0 | 0 |
Reino Unido | 0 | 0 | 3 | 0 | 1 |
Noruega | 0 | 0 | 1 | 0 | 1 |
Atentados por mes
[editar | editar a fonte]Xaneiro
[editar | editar a fonte]1 de xaneiro
- Afganistán: Varios ataques por parte dos talibáns no norte de Afganistán, concretamente nas provincias de Sar-i-Pul e Balkh, deixaron polo menos 27 membros das forzas de seguridade afgás mortos e 40 feridos.[1]
- Libia: Un ataque suicida na localidade de Ghadwa, deixou 3 vítimas mortais e 1 ferido. Outro ataque aconteceu na localidade de Sebha, na rexión de Fezzan, na que a única vítima mortal foi o terrorista que se inmolou e un ferido fronte dunha comisaría. Sospéitase do Estado Islámico.[2]
- Malí: Un ataque interétnico por homes armados na localidade de Koulogon, rexión de Mopti deixaron polo menos 37 vítimas mortais. Sospéitase dos donzos.[3]
- Paquistán: Un ataque terrorista contra un centro de adestramento da policía de fronteiras paquistaní na localidade de Loralai, no estado de Baluchistán deixou 8 vítimas mortais (4 terroristas e 4 policías) e 2 feridas. Aínda se descoñece o autor do atentado.[4]
- Reino Unido: Un ataque con coitelo na estación de metro, Victoria, de Manchester deixou 3 persoas feridas, dúas de gravidade. O autor é un home de 25 anos que gritou en árabe: Alá é grande. Un grupo de policías detiverono.[5]
- Xapón: Un atropelo masivo nunha rúa de Toquio, deixou 9 persoas feridas, unha delas de gravidade. O autor é un home xaponés de 21 anos, que responde ao nome de Kazuhiro Kusakabe. O propio autor reivindicouno como un acto terrorista, en represalia pola pena de morte, aínda que o motivo do ataque non está moi claro.[6]
3 de xaneiro
- Alemaña: Un ataque con explosivos causou danos materiais na sede do partido de ultradereita alemá, Alternativa por Alemaña, na localidade de Döbeln, no estado federal de Saxonia. A policía detivo a tres homes alemáns de 29, 32 e 50 anos de idade, que poden ter relación coa extrema esquerda.[7]
4 de xaneiro
- Chile: Un ataque con bomba nunha parada de autobús en Santiago de Chile, deixou 5 persoas feridas. O ataque foi reivindicado por un grupo eco-terrorista, Individualistas Tendiente a lo Salvaje.[8]
- Turquía: Un ataque en Emince, na provincia de Igdir , deixou 1 soldado turco morto e 2 feridos. Sospéitase do PKK.[9]
6 de xaneiro
- Mozambique: Un ataque de supostos milicianos islamistas na localidade de Palma, na provincia de Cabo Delgado, deixou 7 vítimas mortais.[10]
7 de xaneiro
- Siria: Un ataque suicida contra unha sede kurda-siria dos YPG en Raqqa deixou 5 mortos e 8 feridos. O autor é o Estado Islámico.[11]
8 de xaneiro
- Iraq: Un ataque suicida en Tikrit, ao norte de Bagdad deixou 3 mortos e 8 feridos. Sospéitase do Estado Islámico.[12]
14 de xaneiro
- Afganistán: Un atentado con coche bomba en Cabul, deixou 4 vítimas mortais e 113 feridos. O autor son os talibáns.[13][14]
15 de xaneiro
- Kenya: Un ataque con coches bombas e un tiroteo nun complexo hoteleiro de Nairobi, deixou 21 vítimas mortais e 28 feridas. Os atacantes foron eliminados. O ataque foi reivindicado polo grupo terrorista somalí, Al-Shabab. Detívose a dous sospeitosos.[15][16]
16 de xaneiro
- Italia: Un ataque con paquete bomba nunha famosa pizzaría da cidade de Nápoles, deixou danos materiais. O autor é a Camorra.[17]
- Malí: Un ataque de homes armados no norte de Malí, en dúas localidades preto de Ménaka, deixou 34 vítimas mortais pertencentes aos tuareg. Descoñecese o autor do atentado.[18]
- Siria: Un terrorista suicida na cidade de Manbij, deixou 16 vítimas mortais, incluídos catro soldados estadounidenses. O autor é o Estado Islámico.[19]
17 de xaneiro
- Colombia: Un atentado con coche bomba contra unha escola de cadetes da policía ao sur de Bogotá, deixou 21 vítimas mortais, incluído o terrorista e 68 feridos. O goberno culpou ao ELN do atentado.[20]
- Noruega: Un ataque con coitelo nun supermercado de Oslo, deixou unha muller ferida de gravidade. O autor é un mozo de orixe rusa, foi detido pola policía. Sospéitase que é un atentado islamista.[21]
19 de xaneiro
- Irlanda do Norte: Un coche bomba estoupou na cidade de Londonderry sen provocar vítimas mortais, causando so danos materiais. O autor é o IRA, que o reivindicou dez días despois de executar o ataque.[22]
21 de xaneiro
- Afganistán: Un ataque dos talibáns nun campamento dos servizos provincias na localidade de Maidan Shar, capital da provincia de Wardak deixou ao menos 126 vítimas mortais e un número descoñecido de feridos.[23]
22 de xaneiro
- Siria: Un atentado con coche bomba na localidade de Latakia, deixou 1 vítima mortal e 14 feridas. Aínda non foi reivindicado por ningún grupo.[24]
27 de xaneiro
- Filipinas: Dous ataques suicidas contra a catedral de Jolo, ao sur do país, deixou 20 vítimas mortais e 81 persoas feridas. O autor é o Estado Islámico.[25]
- Iraq: Dous ataques con bombas contra a policía no norte do país, concretamente na cidade de Shirqat onde faleceron polo menos 2 axentes e 8 resultaron feridos cando estoupou unha bomba contra o autobús que os trasladaba a comisaría de dita cidade. O segundo ataque produciuse contra un grupo que se dirixía cara onde aconteceu o primeiro ataque, falecendo ao menos outros 2 axentes e ferindo a 3. Aínda non foi reivindicado por ningún grupo.[26]
28 de xaneiro
- Nixeria: Un ataque do grupo xihadista Boko Haram, na localidade de Rann, no estado de Borno, deixou polo menos 60 vítimas mortais.[27]
Febreiro
[editar | editar a fonte]2 de febreiro
- Irán: Un ataque terrorista contra unha base militar da IRGC da provincia de Sistán e Baluchistán, deixou 1 morto e 5 feridos. O autor é Jaish al-Adl.[28]
13 de febreiro
- Irán: Un ataque suicida contra un autobús onde viaxaba algúns membros da forza de elite do réxime iraniano na provincia de Sistán-Baluchistán, deixou polo menos 27 vítimas mortais e 13 feridas. O autor é Jaish al-Adl. Nun primeiro momento, medios afíns ao réxime de Irán, elevaran a 41 vítimas mortais, pero máis tarde reduciuse a cifra de mortos.[29]
14 de febreiro
- India: Ataque terrorista na Caxemira india do 14 de febreiro de 2019 Un ataque suicida contra as CRPF na Caxemira india, deixou polo menos 44 vítimas mortais e un número descoñecido de feridos. O autor é Jaish-e-Mohammed.[30]
15 de febreiro
- Nixeria: Un ataque armado na localidade de Kajuru, no estado de Kaduna. Deixou polo menos 130 mortos.[31][32]
- Marrocos: O goberno de Marrocos, concretamente o Ministerio do Interior anuncio que detiveron unha célula terrorista, composta por cinco membros. As idades dos terroristas encóntranse entre 21 e 36 anos, afíns ao Estado Islámico na localidade de Safi. Pretendían unirse ao grupo terrorista en Siria e Iraq, e incluso facer atentados no propio país.[33]
16 de febreiro
- Níxer: Un ataque terrorista do grupo xihadista Boko Haram na localidade de Chetima Wanou, onde morreron 7 soldados nixerinos e outros 6 quedaron feridos.[34]
- Nixeria: Un ataque do grupo xihadista Boko Haram contra unha mesquita na localidade de Kushari, preto da cidade de Maiduguri, no estado de Borno, deixou 8 vítimas mortais, máis tres terroristas (2 suicidas e 1 que ía armado) e 15 feridas.[35]
- Nixeria: Un ataque do grupo terrorista Boko Haram, na localidade Buni Yadi, no goberno local de Gujba, en Yobe. Deixou 9 mortos (4 soldados e 5 terroristas) e 5 feridos.[36]
18 de febreiro
- Exipto: Un ataque suicida preto da mesquita Al Azhar, na cidade do Cairo, deixou 2 policías mortos e 3 feridos. Aínda non foi reivindicado por ningún grupo terrorista.[37]
19 de febreiro
- Chad: Dous ataques do grupo xihadista Boko Haram, nas localidades de Bouboura e Ngasia, deixou 5 vítimas mortais, 5 feridas e 9 secuestradas.[38]
21 de febreiro
- Alemaña: Unha serie de rexistros en diferentes localidades das rexións de Hesse e Renania do Norte-Westfalia, deixou unha parella de 26 anos de idade, arrestada na localidade de Raunheim que intentara unirse, acompañados dos seus fillos, ao Estado Islámico en Siria dende Turquía. Outras doce persoas, de nacionalidade alemá e alemá-marroquí de idades comprendidas entre os 22 e 33 anos, quedaron imputadas.[39]
- Estados Unidos: Un tenente da garda costeira dos Estados Unidos de América, foi arrestado por planificar un grande ataque terrorista con armas de fogo e biolóxico contra políticos democrátas, como a congresista Alexandria Ocasio-Cortez e personalidades da esquerda estadounidense, entre os que estarían periodistas, profesores etc. O arresto fíxose a semana pasada, pero os investigadores publicarono o 21 de febreiro. O autor do ataque é un home de 49 anos, que responde ao nome de Christopher Paul Hasson, que se definiu como un nacionalista branco.[40]
- Siria: Un ataque bomba contra un autobús que realizaba unha viaxe a localidade Al Shuail, na provincia de Deir Ezzor, controlada polas FDS. Deixou polo menos 20 vítimas mortais, entre as cales ao menos 6 pertencen as YPG. Aínda non foi reivindicado por ningún grupo terrorista.[41]
- Somalia: Un ataque en forma de tiroteo do grupo xihadista Al-Shabaab, atacou unha base militar somalí na localidade de Balad, preto de Mogadixo. Deixou varias vítimas mortais, pero sen conficonfirmación oficial.[42]
Marzo
[editar | editar a fonte]28 de febreiro- 1 de marzo
- Somalia: Un asalto e unha explosión cun coche bomba de Al-Shabaab contra un hotel da cidade de Mogadixo, deixou polo menos 29 vítimas mortais[43], máis 3 terroristas abatidos polas forzas especiais somalís e máis de 60 feridos.[44]
1 de marzo
- Malí: Unha explosión dunha bomba na localidade de Boulkessy, na rexión de Mopti, deixou polo menos 9 soldados mortos. Pertencían ao grupo do G5 Sahel, no cal se integran soldados do Níxer, Burkina Faso, Malí, Mauritania e o Chad. Non foi reivindicado por ningún grupo terrorista.[45]
3 de marzo
- Siria: Un ataque suicida e un tiroteo, no rural da provincia de Hama dun grupo xihadista, que responde ao nome de Ansar al Tauhid, deixou 18 militares mortos. Pero segundo, o Observatorio Sirio para os Dereitos Humanos, elevou o número de militares e paramilitares mortos a 20, e 5 terroristas mortos.[46]
4 de marzo
- Afganistán: Un enfrontamento entre forzas da seguridade afgán e os talibáns, na provincia de Kunduz, deixou 10 mortos, 7 feridos e 7 capturados. Outro enfrontamento entre as forzas de seguridade e os talibáns na provincia de Faryab, deixou 6 talibáns mortos.[47]
6 de marzo
- Afganistán: Un ataque cun vehículo bomba contra unha empresa construtora e un posterior tiroteo entre os terroristas e as forzas de seguridade da zona, preto do aeroporto de Jalalabad, na provincia de Nangarhar deixou 16 vítimas mortais, máis 5 terroristas mortos e 9 feridos. Aínda non foi reivindicado por ningún grupo terrorista.[48]
- Francia: Ataque terrorista en Condé sur Sarthe en marzo de 2019. Un ataque con coitelo no cárcere de Condé sur Sarthe, deixou 2 axentes da penal feridos, un deles de gravidade aínda que non corre perigo de morte. Os autores do ataque son un home e unha muller, que responden ao nome de Michael Chiolo e Hanane Abouhana respectivamente, que se atrincheiraron, provocando a intervención de axentes da RAID para arrestalos. Na detención, abatiron aos dous terroristas, ferindo ao home, pero a muller morreu debido a súa ferida mortal. As autoridades indicaron que se trataba dun ataque terrorista, de tipo islamista, xa que actuaron en vinganza da morte do terrorista que atentou en Estrasburgo, tamén gritaron: Alá é grande.[49][50]
15 de marzo
- Colombia: Un ataque con explosivos contra o oleoduto Caño Limón-Coveñas, provocou verteduras de petróleo no río Catacumbo. Non se reportaron vítimas mortais nin feridos. As autoridades responsabilizan ao ELN.[51]
- Nova Zelandia: Atentado contra mesquitas de Christchurch en marzo de 2019. Un ataque terrorista contra as mesquistas de Al Noor e Linwood de Christchurch, deixou polo menos 51 vítimas mortais (42 delas faleceron na primeira mesquita, 7 na segunda e 2 no hospital) e 48 feridas, 20 delas de gravidade. O terrorista que asaltou a mesquita de Al Noor, gravou cunha cámara GoPro e transmitiuno en directo, a través de Facebook Live. As autoridades detiveron a un home de 28 anos, de nacionalidade australiana, que responde ao nome de Brenton Tarrant. Ademais doutras tres persoas (dous homes e unha muller), que transportaban explosivos e armas en dous dos seus vehículos, tamén foron detidos por estar implicados no ataque. Aínda que, un dos detidos foi posto en liberdade, por demostrar que non participou no atentado. Os responsables pertencen a sectores da extrema dereita ou do supremacismo branco. Ningún dos terroristas estaba fichado pola policía.[52][53]
16 de marzo
- Afganistán: Un atentado con explosivos na provincia de Kandahar, deixou polo menos 4 vítimas mortais (2 membros da seguridade + 2 civís). Aínda non foi reivindicado por ningún grupo terrorista.[54]
- Somalia: Un atentado con bomba dirixido a tropas da Unión Africana na localidade de Balad, pertencente a rexión Shabelle Medio, saldouse cun número descoñecido de vítimas mortais e de feridos. O autor é Al-Shabaab.[55]
17 de marzo
- Reino Unido: Un ataque terrorista na localidade de Stanwell, en Surrey, deixou un home de 19 anos ferido. O autor do ataque é un home de 50 anos, armado cun bate de béisbol e un coitelo e dicía comentarios racistas e inspirado pola extrema dereita, foi detido pola policía. A policía antiterrorista está investigando este caso como un acto terrorista.[56]
23 de marzo
- Malí: Un ataque de homes armados contra as localidades de Ogossagou e Welingara, deixou polo menos 134 pastores fulani mortos, aínda que se descoñece o número de feridos. Sospéitase dos cazadores donzo.[57]
Abril
[editar | editar a fonte]5 de abril
- Filipinas: Un enfrontamento entre soldados do exército filipino e xihadistas pertencentes ao grupo terrorista Abú Sayyaf na cidade de Patikul, provincia de Jolo, deixou un total de 7 mortos (3 soldados + 4 terroristas) e 22 feridos (13 soldados + 9 terroristas).[58]
10 de abril
- Burkina Faso: Un ataque contra un campamento de refuxiados de Goudebo, na localidade de Dori, deixou polo menos un xendarme morto. Non se informaron de máis vítimas mortais. Aínda non foi reivindicado por ningún grupo terrorista.[59]
15 de abril
- Chad: Un ataque contra un posto de control na localidade de Bohama, na rexión do lago Chad,desencadeou en combates entre militares e terroristas pertencentes a Boko Haram, deixando un total de 70 vítimas mortais (7 militar + 63 terroristas) ademais de 15 militares feridos.[60][61]
18 de abril
- República Democrática do Congo: Un ataque na localidade de Kamango, na provincia de Kivu Norte, deixou 8 vítimas mortais. Todas elas pertencentes ao exército congolés. O autor é o Estado Islámico, converténdose no primeiro ataque que realiza este grupo terrorista no país.[62]
21 de abril
- Sri Lanka:Atentados terroristas de Sri Lanka en abril de 2019. Unha serie de 8 explosións en diferentes lugares do país, deixaron polo menos 207 vítimas mortais (27 de orixe estranxeira) e uns 450 feridos. Os obxectivos dos ataques foron igrexas, hoteis de luxo e un complexo residencial. As seis primeiras explosións, aconteceron en tres hoteis de luxo e unha igrexa situados en Colombo. Tamén afectou a outras dous igrexas situadas nas cidades de Katana e Batticaloa. A sétima explosión aconteceu nun hotel, preto do zoo de Dehiwala. A última explosión produciuse nun complexo residencial en Dematagoda. Aínda que non foi reivindicado por ningún grupo terrorista, houbo 8 detidos.[63]
Maio
[editar | editar a fonte]Xuño
[editar | editar a fonte]5 de xuño
- Exipto: Un ataque na provincia do Sinaí, concretamente en dous postos de control preto de Al Arish. Deixando un total de 8 vítimas mortais (6 soldados + 2 policías) e 5 terroristas mortos, pero descoñecese o número de feridos. O autor é o Estado Islámico.[64]
17 de xuño
- Siria: Un ataque con proxectís contra civís na aldea de Al Uadehi, na provincia de Alepo. Deixou polo menos 12 vítimas mortais e 15 feridos. O autor é o grupo xihadista Hayat Tahrir al Sham.[65]
28 de xuño
- Tunisia: Atentados en Tunes de xuño de 2019. Un dobre ataque suicida na capital de Tunisia, contra as institucións policiais do país, deixou polo menos 1 vítima mortal e 8 feridas. O primeiro dos atentados aconteceu preto da embaixada de Francia, onde un terrorista inmolouse deixando un policía morto e 2 policías e 3 civís feridos. O segundo dos atentados aconteceu no barrio tunesino de Montfleuri contra o aparcadoiro dunha comisaría de policía, deixando catro policías feridos. O autor dos atentados foi o Estado Islámico.[66]
Xullo
[editar | editar a fonte]12-13 de xullo
- Somalia: Atentado contra un hotel en Kismaayo. Un ataque terrorista contra un hotel da cidade somalí de Kismaayo, deixou polo menos 29 vítimas mortais e 56 feridas. O ataque comezou coa explosión dun coche bomba, seguido dun asalto armado feito por catro militantes do grupo terrorista, durando 14 horas o asalto. Os asaltantes foron abatidos pola policía. Entre as vítimas mortais, encontranse dous estadounidenses, un cidadán británico, un canadense e tres tanzanos, ademais de personalidades como Deq Isse Abdulle, activista somalí. O atentado foi reivindicado por Al-Shabbaab, grupo terrorista somalí.[67]
19 de xullo
- Afganistán: Un ataque suicida cun vehículo bomba que detonou preto da Universidade de Cabul, mentres escapaba da policía. O atentado deixou polo menos 9 vítimas mortais e 33 feridas. O ataque foi reivindicado polos talibáns.[68]
22 de xullo
- Somalia: Un ataque suicida con coche bomba do grupo xihadista Al-Shabbaab contra un posto de control de seguridade preto do aeroporto internacional de Aden Adde en Mogadixo, deixou polo menos 17 vítimas mortais e 28 feridas. Tamén sufriu danos materiais o hotel Afrik, que se encontra preto ao lugar da explosión.[69]
- Malí: Un ataque contra unha base militar preto da cidade de Gao, deixou polo menos 9 persoas feridas, entre elas 2 militares malianos, 2 militares estonianos, 1 militar francés e 4 civís. O autor é o grupo de apoio ao islam e os musulmáns, que se integra na Al-Qaida no Magreb Islámico.[70]
24 de xullo
- Somalia: Un ataque contra o concello de Mogadixo, deixou polo menos 6 mortos e outros 6 feridos. O ataque foi reivindicado polos rebeldes shebab, pertencentes a Al-Qaida.[71]
26 de xullo
- Irlanda do Norte: Un ataque con bomba na localidade de Craigavon cuxo obxectivo eran os axentes de policía, non deixou vítimas mortais nin feridos. A policía sospeita que se trata dun intento de atentado terrorista, perpetrado do Novo IRA.[72]
27 de xullo
- Afganistán: Un ataque suicida cun coche bomba no distrito Ab Band, na provincia de Ghazni, deixou polo menos 4 vítimas mortais e 20 feridas. O atentado foi reivindicado polos talibáns.[73]
28 de xullo
- Afganistán: Un atentado de catro militantes contra unha oficina do candidato a vicepresidencia afgá, Amrullah Saleh situada en Cabul mediante un ataque suicida e logo un tiroteo deixou polo menos 20 vítimas mortais e 50 feridas. Durante o tiroteo, as forzas afgáns mataron a 3 dos militantes que ingresaran na oficina. O ataque non foi reivindicado por ningún grupo terrorista.[74]
- Nixeria: Un ataque do grupo xihadista Boko Haram, na localidade de Nganzai pertencente ao estado de Borno, contra unha comitiva funeraria deixou polo menos 65 vítimas mortais.[75]
30 de xullo
- Paquistán: Un ataque con bomba nunha moto explotou na cidade de Quetta, deixando polo menos 5 vítimas mortais e 35 feridas. Ningún grupo terrorista reivindicou o atentado.[76]
Agosto
[editar | editar a fonte]3 de agosto
- Estados Unidos: Un tiroteo masivo nun Walmart na cidade de El Paso no estado de Texas, deixou polo menos 22 vítimas mortais, 8 delas de orixe mexicana e 24 feridas. O autor do tiroteo é un home de 21 anos, que responde ao nome de Patrick Crusius, un supremacista-nacionalista branco, antimigrante e hispanofobo. As autoridades estadounidenses tratan ao tiroteo como un acto terrorista. A policía está investigando un manifesto colgado na rede, que sospeitan que puido escribilo o terrorista.[77][78][79]
4 de agosto
- Exipto: Un ataque suicida con coche bomba preto dun centro médico no Cairo, deixou polo menos 20 vítimas mortais e 47 feridas. Sospéitase do movemento Hasm como o autor do atentado.[80]
6 de agosto
- Nixeria: Un dobre ataque perpetrado por dúas mulleres suicidas na cidade de Mafa, deixou polo menos 3 mortos e 8 feridos. O ataque foi reivindicado polo grupo xihadista nixeriano Boko Haram.[81]
7 de agosto
- Afganistán: Un ataque con coche bomba contra un centro de recrutamento en Cabul, deixou polo menos 14 vítimas mortais e 145 feridos. O atentado foi reivindicado polos talibáns.[82]
- República Democrática do Congo: Un ataque das Forzas Democráticas Aliadas (ADF) na localidade de Mbau, na provincia de Kivu do Norte, deixou polo menos 6 vítimas mortais e preto dunha decena de persoas foron secuestradas.[83]
10 de agosto
- Noruega: Un ataque contra unha mesquita en forma de tiroteo na localidade de Bærum preto de Oslo, deixa dous feridos leves, incluído o autor do ataque. O perpetrador, xa detido pola policía, é un home duns 20 anos e de nacionalidade norueguesa e pertencente a ideoloxía da extrema dereita, que segundo a policía actuou so. A policía investiga o suceso como un acto de terrorismo.[84][85]
10-11 de agosto
- Siria: Varios ataques de grupos xihadistas e de rebeldes sirios en diferentes localidades da xeografía siria, deixou en total 23 militares mortos e 7 feridos. O primeiro ataque aconteceu o sábado 10 de agosto na localidade de Iqqo e outros dous sucederon o domingo 11 de agosto nas localidades de Mureq Achan e Qafer Ayn, todas pertencentes a provincia de Lataquia.[86]
14 de agosto
- Chad: Un ataque dunha muller suicida no distrito de Kaiga-Kindjiria na provincia de Lac, deixou polo menos 6 vítimas mortais, entre os mortos encóntranse 1 soldado e 5 feridas. O ataque atribueselle ao grupo xihadista nixeriano Boko Haram, pero este aínda non reivindicou o ataque.[87]
17 de agosto
- Afganistán: Un ataque suicida contra un salón de vodas no oeste de Cabul que se encontraba completo, deixa polo menos 63 vítimas mortais e 182 feridas. O autor é o Estado Islámico de Afganistán.[88]
18 de agosto
- Turquía: Un ataque con bomba nunha estrada, do grupo terrorista PKK na provincia de Hakkari. Concretamente na localidade de Çatalca, no distrito de Semdinli deixou polo menos 1 vítima mortal.[89]
19 de agosto
- Burkina Faso: Un ataque contra unha base militar na localidade de Koutougou, na provincia de Soum, deixou polo menos 24 militares mortos, 7 feridos e 5 desaparecidos. Sospéitase de que o perpetrador do atentado é Al-Qaida no Magreb.[90]
- Irlanda do Norte: Unha bomba detonouse pola policía nunha localidade que se encontra dentro do condado de Fermanagh sen causar vítimas mortais nin feridos. As autoridades norteirlandesas sospeitan que o obxectivo da bomba era para atraer ao grupo de artificeiros que se encontraba na zona, debido a que sospeitaban da existencia doutra bomba e logo atacalos. Os grupos terroristas dos que se sospeitan son o Novo IRA ou IRA de continuidade.[91][92]
24 de agosto
- Níxer: Un ataque na noite do venres perpetrado polo grupo xihadista Boko Haram na localidade de Gueskérou, na rexión de Diffa deixou polo menos 12 vítimas mortais.[93]
27 de agosto
- Nixeria: Un ataque na localidade de Wajirko, que se encontra no estado de Borno deixou polo menos 11 vítimas mortais e 3 feridas. O autor é o Estado Islámico de África Occidental.[94]
28 de agosto
- Colombia: Un ataque con explosivos no sector de La Dos, en Tibú deixa 6 feridos (5 policías e 1 civil). Aínda non foi reivindicado por ningún grupo terrorista.[95]
Setembro
[editar | editar a fonte]1 de setembro
- Iraq: Un ataque de homes armados nun barrio de Bagdad, deixou polo menos un civil morto. Aínda non foi reivindicado por ningún grupo terrorista, pero sospéitase do Estado Islámico.[96]
3 de setembro
- Siria: Un dobre ataque con moto bomba na cidade siria de Azaz, deixa polo menos 1 vítima mortal e 16 feridas. A primeira explosión aconteceu nunha transitada estrada da cidade, onde deixou 1 morto e 11 feridos. Mentres a segunda explosión detonou preto dunha mesquita local. Aínda non foi reivindicado por ningún grupo terrorista.[97]
5 de setembro
- Afganistán: Un ataque terrorista en Cabul, deixou polo menos 10 vítimas mortais e 42 feridas. O ataque estaba dirixido cara aos estranxeiros que se dirixían cara a un cuartel xeneral dun dos servizos de intelixencia afgás e empregando unha furgoneta con explosivos. O atentado foi reivincado polos talibáns.[98]
9 de setembro
- Burkina Faso: Dous ataques na provincia de Sanmatenga, deixaron polo menos 29 vítimas mortais e 6 feridas. Os actores dos ataques descoñecense, aínda que sospeitanse de grupos xihadistas.[99]
- Filipinas: Un terrorista suicida morreu mentres intentaba atacar un destacamento militar na cidade de Indanan, na provincia de Sulu. O motivo do ataque descoñecese.[100]
10 de setembro
- Irlanda do Norte: Un ataque contra artificieros e axentes da seguridade na cidade de Londonderry mentres intentaban desactivar un dispositivo explosivo, deixou 2 mozos con feridas por queimaduras cando intentaban lanzar cócteles molotov ao dispositivo policial. Os axentes de seguridade indicaron que os autores dos ataque eran membros do NIRA.[101]
12 de setembro
- Turquía: Un atentado contra persoal forestal acontenceu na provincia de Diyarbakir, deixou polo menos 4 mortos e 13 feridos. O ataque foi perpetrado polo PKK.[102]
Outubro
[editar | editar a fonte]6 de outubro
- Malí: Un ataque contra a misión MINUSMA na localidade de Aguelhok, deixou polo menos 1 casco azul morto e outros 4 feridos. Aínda non foi reivindicado por ningún grupo terrorista.[103]
Novembro
[editar | editar a fonte]1 de novembro
- Malí: Un ataque terrorista no cuartel de Indelimane, localizado na rexión de Menaka, deixou polo menos 54 vítimas mortais (53 militares e 1 civil), descoñecese o número de feridos e so houbo 10 superviventes. O ataque foi reivindicado polo grupo xihadista Estado Islámico.[104]
Decembro
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Najim Rahim e Fahim Abed (1 de xaneiro de 2019). "Taliban Attacks in Northern Afghanistan Kill 27 Security Officers". www.nytimes.com (en inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2019.
- ↑ EFE (1 de xaneiro de 2019). "Muertos 3 civiles en un presunto ataque de Estado Islámico en el sur de Libia". www.lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 1 de xaneiro de 2019.
- ↑ Reuters/EP (1 de xaneiro de 2019). "Al menos 37 civiles muertos por la violencia interétnica en el centro de Malí". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 1 de xaneiro de 2019.
- ↑ EFE (1 de xaneiro de 2019). "Ocho muertos y dos heridos en un ataque contra la fuerza de fronteras de Pakistán". www.efe.com (en castelán). Consultado o 1 de xaneiro de 2019.
- ↑ AGENCIAS (1 de xaneiro de 2019). "La Policía investiga como un ataque “terrorista” el apuñalamiento de Manchester". elpais.com (en castelán). Consultado o 1 de xaneiro de 2019.
- ↑ AGENCIAS (1 de xaneiro de 2019). "Un joven atropella intencionadamente a nueve peatones en una calle concurrida de Tokio". elpais.com (en castelán). Consultado o 1 de xaneiro de 2019.
- ↑ Euronews (4 de xaneiro de 2019). "Tres detenidos tras el ataque contra una sede de la ultraderechista AfD". es.euronews.com (en castelán). Consultado o 17 de febreiro de 2019.
- ↑ Clarin.com (4 de xaneiro de 2019). "Atentado de un grupo ecologista en Chile: cinco heridos". www.clarin.com (en castelán). Consultado o 16 de xaneiro de 2019.
- ↑ EUROPA PRESS (4 de xaneiro de 2019). "Muere un soldado de Turquía en un ataque achacado al PKK cerca de la frontera con Irán". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 5 de xaneiro de 2019.
- ↑ EUROPA PRESS (7 de xaneiro de 2019). "Asesinadas a machetazos siete personas por supuestos milicianos islamistas en el norte de Mozambique". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 15 de xaneiro de 2019.
- ↑ EUROPA PRESS (7 de xaneiro de 2019). "Mueren cinco personas en un atentado suicida de Estado Islámico contra las YPG en Raqqa (Siria)". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 8 de xaneiro de 2019.
- ↑ EFE (8 de xaneiro de 2019). "Al menos tres muertos y ocho heridos en un atentado suicida en Irak". www.lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 8 de xaneiro de 2019.
- ↑ EFE (14 de xaneiro de 2019). "Al menos 4 fallecidos y 90 heridos en el atentado con coche bomba en Kabul". www.efe.com (en castelán). Consultado o 14 de xaneiro de 2019.
- ↑ AFP (15 de xaneiro de 2019). "Taliban claim Kabul truck bomb attack, warn more to follow". www.dawn.com (en inglés). Consultado o 15 de xaneiro de 2019.
- ↑ AGENCIAS (16 de xaneiro de 2019). "Al menos 14 muertos y 30 heridos, entre ellos un español, por un ataque yihadista en un hotel de Kenia". www.20minutos.es (en castelán). Consultado o 17 de xaneiro de 2019.
- ↑ EFE (17 de xaneiro de 2019). "Sube a 21 el número de muertos en el ataque yihadista al hotel de Kenia". www.20minutos.es (en castelán). Consultado o 17 de xaneiro de 2019.
- ↑ EFE (16 de xaneiro de 2019). "Un paquete bomba estalla ante conocida pizzería de Nápoles". www.lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 17 de xaneiro de 2019.
- ↑ Reuters/EP (16 de xaneiro de 2019). "Mueren más de 30 civiles tuareg en ataques perpetrados en el norte de Malí". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 17 de xaneiro de 2019.
- ↑ AGENCIAS (16 de xaneiro de 2019). "Varios estadounidenses entre los muertos en un atentado suicida del Estado Islámico en Manbij". www.lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 17 de xaneiro de 2019.
- ↑ EFE / 20MINUTOS.ES (18 de xaneiro de 2019). "Al menos 21 muertos en un atentado contra la escuela de Policía de Bogotá que el Gobierno achaca al ELN". www.20minutos.es (en castelán). Consultado o 18 de xaneiro de 2019.
- ↑ EFE (18 de xaneiro de 2019). "Noruega investiga como atentado islamista el apuñalamiento de ayer en Oslo". www.efe.com (en castelán). Consultado o 19 de xaneiro de 2019.
- ↑ EUROPA PRESS (29 de xaneiro de 2019). "Un grupo que se identifica como 'IRA' reivindica el coche bomba del 19 de enero en Londonderry". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2019.
- ↑ REUTERS (21 de xaneiro de 2019). "Al menos 126 muertos en un ataque talibán en Afganistán". www.elmundo.es (en castelán). Consultado o 22 de xaneiro de 2019.
- ↑ EUROPA PRESS (22 de xaneiro de 2019). "Muere una persona y catorce resultan heridas en un atentado con coche bomba en Latakia (Siria)". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 22 de xaneiro de 2019.
- ↑ EUROPA PRESS (27 de xaneiro de 2019). "El Estado Islámico reivindica el atentado contra la Catedral de Jolo, en Filipinas". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 28 de xaneiro de 2019.
- ↑ Reuters/EP (27 de xaneiro de 2019). "Al menos cuatro policías muertos y otros once heridos por dos atentados en el norte de Irak". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 28 de xaneiro de 201o.
- ↑ REDACCIÓN (1 de febreiro de 2019). "60 muertos en un ataque el lunes de Boko Haram en Nigeria, según AI". www.lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 17 de febreiro de 2019.
- ↑ Reuters/EP (2 de febreiro de 2019). "Un muerto y cinco heridos en un ataque terrorista contra una base militar en el sureste de Irán". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2019.
- ↑ ÁNGELES ESPINOSA (14 de febreiro de 2019). "Un atentado suicida contra la fuerza de élite del régimen de Irán deja al menos 27 muertos". elpais.com (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2019.
- ↑ DZC (14 de febreiro de 2019). "Atentado en Cachemira deja 44 soldados indios muertos". m.dw.com (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2019.
- ↑ EUROPA PRESS (15 de febreiro de 2019). "Mueren más de 65 personas en un ataque perpetrado en el centro de Nigeria en la víspera de las elecciones". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 17 de febreiro de 2019.
- ↑ EUROPA PRESS (19 de febreiro de 2019). "Las autoridades elevan a 130 los muertos en el ataque de la semana pasada en el noroeste de Nigeria". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 22 de febreiro de 2019.
- ↑ EUROPA PRESS (15 de febreiro de 2019). "Detenidas cinco personas en Marruecos tras ser desarticulada una célula vinculada a Estado Islámico". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 17 de febreiro de 2019.
- ↑ AFP (16 de febreiro de 2019). "Niger says 7 soldiers killed in clashes with Boko Haram jihadists". www.dailymail.co.uk (en inglés). Consultado o 16 de febreiro de 2019.
- ↑ MENAFN - Gulf Times (16 de febreiro de 2019). "Suicide attack kills 11 in Nigeria". menafn.com (en inglés). Consultado o 16 de febreiro de 2019.
- ↑ Agency Report (17 de febreiro de 2019). "Five Boko Haram fighters, four Nigerian soldiers killed in battle – Official". www.premiumtimesng.com (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2019.
- ↑ EFE (18 de febreiro de 2019). "Dos policías muertos y tres heridos en una explosión suicida en El Cairo". www.efe.com (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2019.
- ↑ Agence France-Presse (21 de febreiro de 2019). "Five killed, several kidnapped in Boko Haram attacks in Chad". www.today.ng (en inglés). Consultado o 22 de febreiro de 2019.
- ↑ DPA/EP (21 de febreiro de 2019). "Arrestados dos presuntos islamistas durante una operación en Alemania". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 22 de febreiro de 2019.
- ↑ AGENCIAS (21 de febreiro de 2019). "Detenido un teniente de la Guardia Costera de EE UU que planeaba matar políticos demócratas y periodistas". elpais.com (en castelán). Consultado o 24 de febreiro de 2019.
- ↑ EUROPA PRESS (21 de febreiro de 2019). "Mueren 20 personas por la explosión de una bomba al paso de un autobús en el este de Siria". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2019.
- ↑ EUROPA PRESS (21 de febreiro de 2019). "Al Shabaab ataca una base del Ejército de Somalia en los alrededores de Mogadiscio". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2019.
- ↑ EUROPA PRESS (1 de marzo de 2019). "Somalia da por finalizado el asalto de Al Shabaab contra un hotel de Mogadiscio". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 1 de marzo de 2019.
- ↑ BBC (1 de marzo de 2019). "Somali forces end day-long Mogadishu siege". www.bbc.com (en inglés). Consultado o 1 de marzo de 2019.
- ↑ EUROPA PRESS (1 de marzo de 2019). "Mueren nueve militares por la explosión de una bomba en el centro de Malí". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 2 de marzo de 2019.
- ↑ DPA/EP (3 de marzo de 2019). "Al menos 18 militares muertos en un ataque yihadista en el centro de Siria". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 5 de marzo de 2019.
- ↑ EUROPA PRESS (4 de marzo de 2019). "Mueren diez miembros de las fuerzas de seguridad en un ataque de los talibán en el norte de Afganistán". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 4 de marzo de 2019.
- ↑ EFE (6 de marzo de 2019). "El ataque a una constructora en Afganistán acaba con 21 muertos". www.lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 6 de marzo de 2019.
- ↑ EFE (6 de marzo de 2019). "La Policía gala reduce y detiene a un preso radicalizado que apuñaló a dos guardas y se atrincheró en la cárcel". www.20minutos.es (en castelán). Consultado o 6 de marzo de 2019.
- ↑ Peter Allen en Paris e Sara Malm para Mailonline e Afp (6 de marzo de 2019). "Jihadi inmate who stabbed two prison guards with the help of his pregnant wife who was shot dead by police after conjugal visit was carrying out attack 'to avenge killing of Strasbourg Christmas Market terrorist'". www.dailymail.co.uk (en inglés). Consultado o 9 de marzo de 2019.
- ↑ Reuters/EP (16 de marzo de 2019). "Un nuevo ataque contra el oleoducto colombiano de Caño Limón provoca un derrame de crudo en el río Catacumbo". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 16 de marzo de 2019.
- ↑ REDACCIÓN e AGENCIAS (15 de marzo de 2019). "Al menos 49 muertos en un atentado en dos mezquitas en Nueva Zelanda". www.lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 15 de marzo de 2019.
- ↑ Julia Hollingsworth, CNN (2 de maio de 2019). "Christchurch terror attack death toll increases to 51". edition-m.cnn.com (en inglés). Consultado o 28 de maio de 2019.
- ↑ EUROPA PRESS (16 de marzo de 2019). "Al menos cuatro muertos, entre ellos un alto responsable de seguridad, por un atentado en Kandahar". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 16 de marzo de 2019.
- ↑ EUROPA PRESS (16 de marzo de 2019). "Al Shabaab atenta contra un convoy de tropas de la UA en Somalia". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 16 de marzo de 2019.
- ↑ BBC (17 de marzo de 2019). "Terror investigation in Surrey after man stabbed". www.bbc.com (en inglés). Consultado o 17 de marzo de 2019.
- ↑ Reuters/EP (23 de marzo de 2019). "Al menos 134 pastores de etnia fulani asesinados en el centro de Malí en el último ataque". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 23 de marzo de 2019.
- ↑ Reuters/EP (5 de abril de 2019). "Siete muertos en un enfrentamiento entre el Ejército de Filipinas y yihadistas de Abú Sayyaf". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 7 de abril de 2019.
- ↑ EUROPA PRESS (11 de abril de 2019). "Muere un gendarme en un ataque contra un campamento de refugiados en Burkina Faso". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 11 de abril de 2019.
- ↑ EUROPA PRESS (15 de abril de 2019). "Mueren siete militares en un ataque perpetrado por Boko Haram en el oeste de Chad". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 17 de abril de 2019.
- ↑ AFP (16 de abril de 2019). "Fighting between Chad soldiers, Boko Haram kills dozens". www.trtworld.com (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2019.
- ↑ EUROPA PRESS (18 de abril de 2019). "Estado Islámico reclama la autoría del que sería su primer ataque en RDC". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 19 de abril de 2019.
- ↑ AGENCIAS e REDACCIÓN (21 de abril de 2019). "Ocho detenidos por la cadena de atentados que ha dejado más de 200 muertos en Sri Lanka". www.lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 21 de abril de 2019.
- ↑ RICARD GONZÁLEZ (5 de xuño de 2019). "Mueren ocho uniformados en un atentado del ISIS en la provincia del Sinaí". elpais.com (en castelán). Consultado o 17 de xuño de 2019.
- ↑ EUROPA PRESS (17 de xuño de 2019). "Mueren doce civiles en un ataque con proyectiles de un grupo yihadista contra la provincia de Alepo (Siria)". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 18 de xuño de 2019.
- ↑ AGENCIAS e RICARD GONZÁLEZ (28 de xuño de 2019). "Dos atentados consecutivos dejan al menos un muerto y ocho heridos en el centro de Túnez". elpais.com (en castelán). Consultado o 26 de xullo de 2019.
- ↑ LA VOZ (14 de xullo de 2019). "Mueren 29 personas en un atentado contra un hotel en Somalia". www.lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2019.
- ↑ mn (efe, afp) (19 de xullo de 2019). "Ataque terrorista en Kabul deja al menos 9 muertos y 33 heridos". m.dw.com (en castelán). Consultado o 20 de xullo de 2019.
- ↑ infobae, EFE e AFP (22 de xullo de 2019). "Ataque suicida en Somalia: al menos 17 personas muertas en un atentado en la capital". www.infobae.com (en castelán). Consultado o 30 de xullo de 2019.
- ↑ EUROPA PRESS (24 de xullo de 2019). "La rama de Al Qaeda en Malí reclama la autoría del atentado contra una base militar en Gao". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 12 de agosto de 2019.
- ↑ AFP (24 de xullo de 2019). "Atentado contra ayuntamiento de Mogadiscio provocó 6 muertos y otros tantos heridos". www.swissinfo.ch (en castelán). Consultado o 11 de agosto de 2019.
- ↑ Heather Donald (29 de xullo de 2019). "Suspected terrorist attack in Craigavon". www.euronews.com (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2019.
- ↑ EUROPA PRESS (27 de xullo de 2019). "Al menos cuatro muertos por un ataque talibán con coche bomba en la provincia afgana de Ghazni". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 10 de agosto de 2019.
- ↑ Agencies (29 de xullo de 2019). "Kabul attack: 20 killed, 50 injured in bombing and gun battle at politician's office". www.theguardian.com (en inglés). Consultado o 28 de agosto de 2019.
- ↑ Reuters/EP (28 de xullo de 2019). "Un ataque de Boko Haram contra una comitiva funeraria deja al menos 65 muertos en el noreste de Nigeria". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 29 de xullo de 2019.
- ↑ EFE (30 de xullo de 2019). "Al menos cinco muertos y 35 heridos en un atentado con bomba en el sur de Pakistán". www.efe.com (en castelán). Consultado o 21 de agosto de 2019.
- ↑ PABLO GUIMÓN (4 de agosto de 2019). "La policía investiga la matanza de El Paso como un acto de terrorismo". elpais.com (en castelán). Consultado o 5 de agosto de 2019.
- ↑ PABLO GUIMÓN (5 de agosto de 2019). "22 muertos y 24 heridos en un tiroteo en un centro comercial de El Paso (Texas)". elpais.com (en castelán). Consultado o 6 de agosto de 2019.
- ↑ CNN (5 de agosto de 2019). "Ellos son los mexicanos que murieron en el tiroteo de El Paso". cnnespanol.cnn.com (en castelán). Consultado o 6 de agosto de 2019.
- ↑ AL JAZEERA e NEWS AGENCIES (5 de agosto). "Egypt calls deadly Cairo car blast 'terrorist incident'". www.aljazeera.com (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2019.
- ↑ AFP (7 de setembro de 2019). "Double suicide attack kills 3 in northeast Nigeria: Officials". english.alarabiya.net (en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2019.
- ↑ Andrés Meza (8 de agosto de 2019). "Explosión de vehículo bomba deja 14 muertos y 145 heridos en Afganistán". www.france24.com (en castelán). Consultado o 10 de agosto de 2019.
- ↑ EUROPA PRESS (8 de agosto de 2019). "Mueren seis civiles en un ataque ejecutado por presuntos miembros de las ADF en el este de RDC". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 9 de agosto de 2019.
- ↑ EUROPA PRESS (11 de agosto de 2019). "La Policía de Noruega dice que el ataque contra una mezquita es investigado como un "intento de acto de terrorismo". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 11 de agosto de 2019.
- ↑ EFE (11 de agosto de 2019). "Noruega investiga como acto terrorista el tiroteo en una mezquita en Oslo". www.20minutos.es (en castelán). Consultado o 11 de agosto de 2019.
- ↑ EUROPA PRESS (11 de agosto de 2019). "Al menos 23 militares sirios muertos por ataques de yihadistas y rebeldes este fin de semana en Latakia". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 21 de agosto de 2019.
- ↑ NEWS AGENCIES (14 de agosto de 2019). "Suicide bomber 'kills 6' in Chad; including soldier". www.aljazeera.com (en inglés). Consultado o 6 de setembro ds 2019.
- ↑ AFP (18 de agosto de 2019). "IS bomber kills 63 at Kabul wedding as US finalises pullout". www.afp.com (en inglés). Consultado o 20 de agosto de 2019.
- ↑ DAILY SABAH con AA (18 de agosto de 2019). "PKK roadside bomb kills 1 in southeast Turkey's Hakkari". www.dailysabah.com (en inglés). Consultado o 20 de agosto de 2019.
- ↑ AL JAZEERA e NEWS AGENCIES (20 de agosto de 2019). "Dozens of Burkina Faso troops killed in 'major terrorist attack'". www.aljazeera.com (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2019.
- ↑ EUROPA PRESS (19 de agosto de 2019). "Una bomba explosiona sin causar víctimas en la frontera de Irlanda del Norte". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 24 de agosto de 2019.
- ↑ Euronews (19 de agosto de 2019). "Nuevo ataque terrorista contra la policía norirlandesa". es.euronews.com (en castelán). Consultado o 24 de agosto de 2019.
- ↑ EFE (25 de agosto de 2019). "Doce civiles mueren en un ataque de Boko Haram en el sureste de Níger". www.lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 27 de agosto de 2019.
- ↑ DPA/EP (28 de agosto de 2019). "Al menos once muertos por un ataque de terroristas afines a Estado Islámico en el noreste de Nigeria". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 30 de agosto de 2019.
- ↑ Noticiascaracol.com (28 de agosto de 2019). "Cinco policías resultaron heridos por ataque con explosivos en Tibú". noticias.caracoltv.com (en castelán). Consultado o 30 de agosto de 2019.
- ↑ EUROPA PRESS (1 de setembro de 2019). "Un muerto en un ataque de individuos armados en el norte de Bagdad". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 4 de setembro de 2019.
- ↑ Reuters/EP (3 de setembro de 2019). "Al menos un muerto por la explosión de dos bombas en la ciudad siria de Azaz". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 6 de setembro de 2019.
- ↑ EFE, AFP (5 de setembro de 2019). "Al menos 10 muertos y 42 heridos en atentado en Kabul". www.dw.com (en castelán). Consultado o 18 de outubro de 2023.
- ↑ El Periódico (9 de setembro de 2019). "Dos atentados terroristas en Burkina Faso dejan al menos 29 muertos". www.elperiodico.com (en castelán). Consultado o 18 de outubro de 2023.
- ↑ DPA/EP (9 de setembro de 2019). "Un presunto terrorista suicida muere en un ataque en el sur de Filipinas". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 18 de outubro de 2023.
- ↑ EUROPA PRESS (10 de setembro de 2019). "Lanzan cócteles molotov contra agentes que desactivaban un artefacto explosivo en Irlanda del Norte". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 18 de outubro de 2023.
- ↑ EUROPA PRESS (12 de setembro de 2019). "Al menos cuatro muertos por un atentado del PKK contra trabajadores forestales en Turquía". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 18 de outubro de 2023.
- ↑ EUROPA PRESS (6 de outubro de 2019). "Un 'casco azul' muerto y cuatro heridos un atentado en el norte de Malí". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 7 de outubro de 2019.
- ↑ JOSÉ NARANJO (2 de novembro de 2019). "Al menos 53 militares y un civil mueren en un atentado yihadista en Malí". elpais.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 4 de novembro de 2019.