Lista de orquídeas de Galicia
Aparencia
![]() | Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/98/Ophrys_apifera_flower2.jpg/220px-Ophrys_apifera_flower2.jpg)
A seguinte é unha lista alfabética das orquídeas silvestres que se atopan en Galicia.
En Galicia as áreas de maior interese son as seguintes: comarca de Valdeorras, Folgoso do Courel-Pedrafita do Cebreiro, areais costeiros, Monforte de Lemos-Bóveda e a confluencia dos ríos Bibei-Sil-Navea.[1]
Lista alfabética de nomes científicos
[editar | editar a fonte]En Galicia están catalogadas 40 especies de orquídeas que se distribúen polo seu territorio atendendo ás condicións de clima, solo e tipo de vexetación de cada lugar.[1]
Nome científico[1] | Nome común[1] | Imaxe | Distribución en Galicia[1] | |
---|---|---|---|---|
1 | Aceras anthropophorum | Orquídea do home aforcado | ![]() |
Valdeorras, Courel-Pedrafita |
2 | Anacamptis pyramidalis | Orquídea piramidal | ![]() |
Valdeorras |
3 | Cephalanthera longifolia | Chaveiro branco | ![]() |
Valdeorras,Courel-Pedrafita, areais costeiros, Bibei-Sil-Navea e resto de Galicia |
4 | Cephalanthera rubra | Chaveiro vermello | Valdeorras | |
5 | Coeloglossum viride | Orquídea verde | ![]() |
Courel-Pedrafita e resto de Galicia |
6 | Dactylorhiza elata | Satirión corpudo | ![]() |
Areais costeiros e resto de Galicia |
7 | Dactylorhiza insularis | Orquídea marela de dúas pintas | ![]() |
Valdeorras, Courel-Pedrafita e Bibei-Sil-Návea |
8 | Dactylorhiza maculata | Satirión apincarado | ![]() |
Valdeorras, Courel-Pedrafita, areais costeiros, Monforte-Bóveda, Bibei-Sil-Návea e resto de Galicia |
9 | Dactylorhiza markusii | Paxariño marelo | ![]() |
Valdeorras, Courel-Pedrafita, Bibei-Sil-Návea e resto de Galicia |
10 | Dactylorhiza sambucina | Orquídea do sabugueiro | Courel-Pedrafita e resto de Galicia | |
11 | Epipactis fageticola | Raíña das flores pendurantes | ![]() |
Valdeorras |
12 | Epipactis helleborine | Raíña das neves | ![]() |
Valdeorras, Courel-Pedrafita e resto de Galicia |
13 | Epipactis palustris | Raíña das xunqueiras | ![]() |
Areais costeiros |
14 | Epipactis tremolsii | Raíña de follas cinguidas | ![]() |
Valdeorras |
15 | Gymnadenia conopsea | Lumbrín | ![]() |
Courel-Pedrafita e resto de Galicia |
16 | Himantoglossum hircinum | Orquídea das barbas | ![]() |
Valdeorras, Courel-Pedrafita e Monforte-Bóveda |
17 | Himantoglossum robertianum | Orquídea recendente | ![]() |
Barbanza[2], Valdeorras |
18 | Limodorum abortivum | Limodoro de esporón | ![]() |
Valdeorras |
19 | Limodorum trabutianum | Limodoro pálido | ![]() |
Valdeorras |
20 | Listera ovata | Herba das dúas follas | ![]() |
Courel-Pedrafita, areais costeiros e resto de Galicia |
21 | Neotinea maculata | Carapucha pinta | ![]() |
Valdeorras, Courel-Pedrafita, areais costeiros, Bibei-Sil-Navea e resto de Galicia |
22 | Neottia nidus-avis | Orquídea do niño | ![]() |
Courel-Pedrafita, Bibei-Sil-Navea e resto de Galicia |
23 | Ophrys apifera | Abelleira común | ![]() |
Valdeorras, Courel-Pedrafita, areais costeiros, Monforte-Bóveda, Bibei-Sil-Navea e resto de Galicia |
24 | Ophrys scolopax | Flor da abella | ![]() |
Valdeorras e Courel-Pedrafita |
25 | Ophrys sphegodes | Abelleira escura | ![]() |
Valdeorras, Courel-Pedrafita, areais costeiros e Bibei-Sil-Navea |
26 | Orchis coriophora | Orquídea de esporón enchido | Valdeorras, Monforte-Bóveda, Bibei-Sil-Navea e resto de Galicia | |
27 | Orchis italica | Flor dos raparigos | Valdeorras e Courel-Pedrafita | |
28 | Orchis mascula | Satirión morado | Valdeorras, Courel-Pedrafita, Monforte-Bóveda, Bibei-Sil-Navea e resto de Galicia | |
29 | Orchis morio | Satirión encarrapuchado | ![]() |
Valdeorras, Courel-Pedrafita, Monforte-Bóveda, Bibei-Sil-Navea e resto de Galicia |
30 | Orchis provincialis | Orquídea marela pinta | ![]() |
Valdeorras, Courel-Pedrafita, Monforte-Bóveda, Bibei-Sil-Navea e resto de Galicia |
31 | Orchis purpurea | Orquídea púrpura grande | Valdeorras e Monforte-Bóveda | |
32 | Orchis ustulata | Orquídea púrpura pequena | ![]() |
Courel-Pedrafita |
33 | Platanthera bifolia | Orquídea branca das bolboretas | ![]() |
Courel-Pedrafita, areais costeiros, Bibei-Sil-Navea e resto de Galicia |
34 | Pseudorchis albida | Orquídea das serras | ![]() |
Resto de Galicia |
35 | Serapias cordigera | Crista de galo grande | ![]() |
Areais costeiros, Monforte-Bóveda e resto de Galicia |
36 | Serapias lingua | Lengüeira | ![]() |
Valdeorras, Courel-Pedrafita, areais costeiros, Monforte-Bóveda, Bibei-Sil-Navea e resto de Galicia |
37 | Serapias parviflora | Crista de galo miúda | ![]() |
Valdeorras, Courel-Pedrafita, areais costeiros, Monforte-Bóveda e resto de Galicia |
38 | Spiranthes aestivalis | Espiral de verán | ![]() |
Areais costeiros e resto de Galicia |
39 | Spiranthes spiralis | Espiral de outono | ![]() |
Valdeorras, Courel-Pedrafita, areais costeiros e resto de Galicia |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Guía das orquídeas de Galicia. Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións
- ↑ Dos ribeirenses hallaron una nueva orquídea, nova en La Voz de Galicia'(en castelán)