Llargues
O joc a ratlles (xogo a raias), ou sinxelamente llargues (en galego longas), é unha modalidade da pelota valenciana ao aire xogada na rúa e onde se permite un só bote. Dispútase entre equipos de tres, catro ou cinco pilotaris. Para conseguir un tanto fai falla acadar que a pelota bote máis aló dunha liña coñecida coma de falta (situada ao redor de cincuenta ou sesenta metros da do servizo) ou que supere unha liña posterior coñecida como a do quinze situada a unha distancia aproximada de 80 metros.
Esta modalidade non conta con xogadores profesionais e é moi practicada nas comarcas da Provincia de Alacant, sobre todo na Marina Alta, Marina Baixa, o Alacantí, o Alcoià e o Comtat.
Cancha
[editar | editar a fonte]Para xogar a llargues é preciso escoller unha rúa cha, recta, longa e ampla, duns 70 ou 75 pasos. Se a rúa fai costa a parte de abaixo será a do resto, e se un extremo da rúa é máis estreito que o outro a parte máis ampla é pera o resto.
Delimítase a rúa con dúas ratlles (raias): a de la banca (a da sacada) e a del rest (a do resto), así mesmo hai unha terceira raia que sinala o punto que ha de pasar la pilota no saque, é a ratlla de falta (raia de falta), a uns 40 pasos del resto. No caso de xogar equipos de calidade diferente o máis forte pode donar unes passes (dar uns pasos), é dicir, que a ratlla de la banca do equipo máis feble estea un pouco máis adiante para compensar a potencia da sacada.
O público pódese sentar en ámbalas dúas beirarrúas e nos extremos da rúa.
Antigamente xogábase a Llargues tamén nos trinquets, e hoxe en día aínda se fai no Trinquet de l'Abdet, nunha modalidade específica, a Pilota grossa.
Pelota
[editar | editar a fonte]Xógase con pelotas de badana. Dado que se xoga na rúa, é sinxelo perder a pelota ou que se encale nun balcón ou azotea, pero como as pelotas de badana son moi baratas isto non é ningún problema. Ademais, as rúas están cheas de irregularidades que causan efectos estraños no bote da pelota, sorpresas que son amortecidas pola propia pelota de badana, de golpe máis suave e, por tanto, máis moldeábel. Outro motivo para utilizar pelotas de badana é a súa menor dureza e velocidade, que as fan máis axeitadas para os xogadores afeccionados.
As pelotas de badana están formadas por unha cobertura de pel sazonada de cordeiro ou de ovella (por isto o nome de badana), e recheas de trapos.
Regulamento
[editar | editar a fonte]Nunha partida de llargues dous equipos formados por 4 ou 5 xogadores cada un compiten para chegar a unha puntuación determinada, 10 tantos normalmente, aínda que antigamente xogábase a pujar i baixar (a subir e baixar), modalidade de puntuación na que se restaba puntuación ao equipo rival, e téñase que gañar por unha diferenza de tantos estabelecida.
Os equipos visten camisolas de cor vermella e azul, sendo o vermello a cor do equipo favorito nas apostas ou supostamente máis forte.
Os xogadores reciben un nome dependendo da posición no carrer que ocupen:
- A banca é o encargado de facer a sacada en cada quinze.
- O rest é o que responde á banca, ámbolos dous ocupan extremos opostos na rúa e son os pilotaris máis fortes.
- O mitger sitúase na metade do campo seu, ha de afastar a pelota tanto como sexa.
- O punter está xusto diante do equipo rival, ou pasadas as súas filas, ha de deter a pelota ou enviala aos recunchos que os xogadores rivais non protexan.
Cada tanto consiste en catro quinzes: 15, 30, val e joc. Quen gaña o joc apúntase o tanto. Se hai empate a 15 nomease a quinzens, se hai empate a 30 dise a dos. Para gañar o joc o equipo rival ha de estar a 30 coma moito, así que se os equipos empatan a val ámbolos dous pasan a estar a dos.
Cada quinze comeza cando a banca fai a sacada: sen pasar a ratlla de la banca (raía da banca) o pilotari tírase a pelota a si mesmo e, sen que bote, a golpea para enviala o máis lonxe posible. Actualmente a sacada faise de bragueta, pero tamén hai de palma, e antigamente facíase cun rebote en parede esquerda ou nun tamborí. Se a pelota pasa a ratlla de falta (raía de falta) sen pegar no chan entón é boa e o equipo rival debe responder volvéndoa ou parándoa.
Nas llargues débese golpear a pelota coa man no aire ou ao primeiro bote para enviala ao campo contrario ou por riba da ratlla (raía) que limita o seu campo. Así mesmo, tamén se pode parar a pelota (tralo segundo bote) con calquera parte do corpo para evitar que avance en campo propio, entón márcase unha raia.
O feito distintivo das llargues son as ratlles, os sinais que marcan o lugar onde se parou a pelota en cada quinze, aínda que o nome vén dunha suposta liña debuxada en terra, hoxe o que se utiliza son unhas placas cos números 1 e 2 que se colocan na beirarrúa á altura do lugar onde se parou a pelota.
A pelota pode quedar parada porque un xogador a parou, ou porque se parou onde está o público (en ámbolos casos a ratlla sinala onde sucedeu). No caso de que a pelota se encale nun balcón ou tellado será quinze perdido do lanzador.
Cando un equipo conseguiu dúas ratlles cámbianse o campo e tratarán de gañar esas ratlles e conseguir os quinzes. Tamén os equipos haberán de cambiar o campo cando a banca estea a val, aínda que só teña unha ratlla
Na sacada, o equipo que fixo dúas raias como rest ha de tentar gañalas. Esas ratlles son agora a falta. Así que, canto máis adiante faga a raia, máis campo terá o rival por defender cando cambien o campo, e isto quere dicir que haberá máis espazos entre os xogadores defensores e será máis fácil que a pelota pegue dous botes.
Ademais, outros xeitos de gañar o quinze son:
- Se o equipo do rest envía a pelota pasando a ratlla de la banca, ou o equipo da banca a ratlla del rest.
Ou por falta do rival:
- Se a pelota da dous botes.
- Se un xogador tócaa dúas veces.
- Se un xogador dun equipo tócaa inmediatamente despois de tocala un membro do seu mesmo equipo.
- Se a sacada da banca non pasa a ratlla de falta.
A palma
[editar | editar a fonte]A palma é unha modalidade dos Llargues que só se diferencia no xeito da sacada. Atendendo á carencia de bancas fortes e competitivos, a sacada faise a palma, que equivale a un golpe á pelota coa palma da man e co brazo totalmente extenso, sen dobrar o cóbado. Deste xeito, o factor banca perde a súa calidade e os equipos iguálanse.
Perxa
[editar | editar a fonte]A Perxa ten a mesma regulamentación que a modalidade a Llargues exceptuando a sacada. O saque farase dende unha raía marcada (a de falta) a un dau (dado) pintado, e sobre unha corda (a Perxa ou palico, ao estilo da Galotxa). A partir da sacada (a volea ou ao bote), as normas son as do xogo a ratlles.
Pilotaris destacados
[editar | editar a fonte]En activo
[editar | editar a fonte]- David Beneit Cerdán, David de Petrer, membro da Selección Valenciana de Pelota do 2000, 2004, 2006 e 2007.
- John Giner Muñoz, Jan de Murla, membro da Selección Valenciana de Pelota do 2000, 2004 e 2007.
- José Vicente Oliver Moll, Màlia I de La Vall de Laguar, membro da Selección Valenciana de Pelota do 2002 e 2004.
- Josep Antoni Martínez i Asensi, Martines del Campello, membro da Selección Valenciana de Pelota do 1997, 1998, 1999, 2002, 2004, 2006 e 2007.
- Santiago Ortuño Orquín, Santi de Finestrat, membro da Selección Valenciana de Pelota do 2004, 2006 e 2007.
Retirados
[editar | editar a fonte]- Antonio Reig Guerri, Tonico, membro da Selección Valenciana de Pelota do 1993 e 1994.
- Emili Revert, Xiquet de Llanera.
Competicións
[editar | editar a fonte]- Lliga a Llargues d'Alacant.
- Lliga a Palma.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Llargues |
- Comité de Xogos a Ratlles, portal da Federación de Pelota Valenciana
- Llargues.net, páxina con toda a actualidade sobre os LLargues.