Federación de Pelota Valenciana
A Federación de Pelota Valenciana (en valenciano Federació de Pilota Valenciana) é unha organización pública que se dedica a regulamentar, organizar competicións e fomentar a difusión do deporte da pelota valenciana. O seu presidente é Ramón Sedeño Clemente.
Teñen licenza de xogador de pelota afeccionado 2.003 persoas, nas escolas de pelota hai 756 alumnos para 28 monitores, e os pelotaris profesionais son 77, e os trinquets teñen 15 marchadores recoñecidos. (Datos de 2003)
Historia
[editar | editar a fonte]En 1925 nace en Donostia a Confederación Española de Pelota Vasca, que funcionará até a Guerra Civil do 1936. Ó acabar a contenda, o Consejo Nacional de Deportes creou a Federación Española de Pelota, da cal era integrante a acabada de nacer Federació Valenciana de Pilota, xa que sabían que se xogaba coa man. Unha mostra desta ignorancia e despreocupación foi que escolleron coma presidente a José Marín, exfutbolista do Valencia CF. Os seguintes presidentes tampouco eran xente relacionada co xogo senón xente doutros deportes, con algunha excepción.
O 15 de febreiro de 1984 o Pleno do Consello da Generalitat Valenciana desprega a normativa do Decreto do 5 de decembro de 1983 que regula a constitución de federacións valencianas de deportes autóctonos coma instrumento para agrupar asociacións e deportistas impulsando a práctica e a promoción.
A Federación instituíu o 14 de xuño coma o Dia de pilota, en lembranza da data da prohibición (no 1391) de xogar á pelota dentro dos muros da cidade de Valencia.
Competicións oficiais
[editar | editar a fonte]Professionais
Afeccionados
Relacións internacionais
[editar | editar a fonte]Dende 1992, a Federació de Pilota Valenciana forma parte da Confederación Internacional de Xogo de Pelota, a cal organiza cada ano os Campionatos Internacionais de Pelota, nos que participa a Selección Valenciana de Pelota.