Locrian
Locrian | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Chicago, Illinois, ![]() |
Período | 2005 - presente |
Xénero(s) | doom metal, drone, noise, black metal, ambient, electrónica |
Selo(s) discográfico(s) | Relapse Records |
Membros | André Foisy Terence Hannum Steven Hess |
Artistas relacionados | Pan American, Mamiffer, Christoph Heemann, House of Low Culture, Nachtmystium, Yakuza |
Na rede | |
Bandcamp | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Locrian é unha banda estadounidense de música experimental/drone rock formada en Chicago, Illinois, a finais de 2005.[1] No presente o grupo está baseado en Chicago e en Baltimore, Maryland.[2] A banda está composta por Terence Hannum (sintetizadores, voces, tape loops), Steven Hess (batería, electrónica) e André Foisy (guitarras, tape loops, e electrónica).[3] O grupo incorpora influencias de múltiples xéneros como o ambient, o black metal, o noise, o drone, o industrial e a electrónica,[4] e cita a One Eyed God Prophecy, Uranus,[5] Yes, Genesis,[6] Brian Eno, e Robert Fripp como influencias.[7] As letras e as portadas de Locrian evocan imaxes distópicas e apocalípticas. O grupo leva publicados seis álbums de estudio e tres álbums colaborativos.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Drenched Lands | 2009 | At War With False Noise, Small Doses |
Territories | 2010 | At War With False Noise, Basses Frequences, BloodLust!, Small Doses |
The Crystal World | 2010 | Utech Records |
The Clearing | 2011 | Fan Death Records |
Return to Annihilation | 2013 | Relapse Records |
Infinite Dissolution | 2015 | Relapse Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ TRIBUNE, Andy Downing, SPECIAL TO THE. "Locrian plays in the space between beauty, horror". chicagotribune.com (en inglés). Consultado o 2019-12-31.
- ↑ "Locrian’s Ode to Extinction". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-12-31.
- ↑ "Locrian | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-12-31.
- ↑ Ludwig, Jamie (2015-06-18). "Locrian Ponders Man’s Inevitable Extinction on New Album, 'Infinite Dissolution". Vice (en inglés). Consultado o 2019-12-31.
- ↑ "Keeping Indie Weird - Page 2". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-12-31.
- ↑ Terich, Jeff (2015-08-17). "Extinction Agenda: An interview with Locrian". Treble (en inglés). Consultado o 2019-12-31.
- ↑ "Inside The Shredder's Studio #7: André Foisy Of Locrian". Decibel Magazine (en inglés). 2013-07-24. Consultado o 2019-12-31.