Lois III de Francia
Nome orixinal | (fr) Louis III |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 863 Saint-Denis, Francia |
Morte | 5 de agosto de 882 (18/19 anos) Saint-Denis, Francia |
Causa da morte | morte accidental, caída de cabalo |
Lugar de sepultura | Basílica de Saint-Denis |
Monarca da Francia Occidental | |
11 de abril de 879 – 5 de agosto de 882 ← Lois II de Francia – Carlomán II → Xunto con: Carlomán II | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | Duque |
Familia | Dinastía Carolinxia |
Pais | Lois II de Francia e Ansgarda de Borgonha |
Irmáns | Gisela der Franken Ermentrude of France Carlomán II Carlos III de Francia |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |
Lois III de Francia[1] ou Luís III de Francia chamado o Novo, nado en 863 ou 864 e finado o 5 de agosto de 882, foi rei de Francia (879 - 882). q
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado no 863 ou 864, era fillo de Lois II de Francia ao que sucedeu no 879. Compartiu o trono co seu irmán Carlomán II. Foron coroados por Ansexiso, arcebispo de Sens, na abadía de Ferrières en 880. Lois quedou con Neustria e Austrasia e Carlomán con Borgoña e Aquitania. Bosón proclamouse rei da Provenza e Hugo fillo de Lotario II reclamou Lorena, aos que derrotou. Tamén derrotou aos normandos en Saucourt en 881 e 882. Morreu en Saint Denis o 5 de agosto do 882. Sucedeuno o seu irmán Carlomán.
Familia
[editar | editar a fonte]Devanceiros
[editar | editar a fonte]16. Carlomagno | ||||||||||||||||
8. Lois o Piadoso | ||||||||||||||||
17. Hildegarda | ||||||||||||||||
4. Carlos II o Calvo | ||||||||||||||||
9. Xudit de Baviera | ||||||||||||||||
2. Lois II de Francia | ||||||||||||||||
10. Otón I de Orleáns | ||||||||||||||||
5. Ermentruda de Orleáns | ||||||||||||||||
1. Lois III o Novo | ||||||||||||||||
3. Ansgarda de Borgoña | ||||||||||||||||
A coroación de Lois III
[editar | editar a fonte]Lois III, fillo de Lois o Tatexo, e Ansgarda de Borgoña[2], converteuse en rei dos francos á morte do seu pai no 879, cando tiña aproximadamente 16 anos. Fora designado como único sucesor polo seu pai, baixo a tutela de Bernardo Plantapilosa, e con Hugo o Abade e Bosón da Provenza como colaboradores[3]. Esta acción tutelar designada polo pai non estaba relacionada coa súa idade, senón coa desconfianza do defunto rei, porque o seu fillo se rebelara o ano anterior. En setembro dese ano os homes de confianza (Bernardo Plantapilosa, Hugo o Abade, Bosón da Provenza e Teodorico de Vergy) do reino dos francos occidentais, coroaron rei a Lois III respectando a derradeira vontade de Lois II pero incluíndo nesta coroación ao irmán mediano, Carlomán, que pasaría á historia como Carlomán II. A cerimonia de coroación tivo lugar na abadía beneditina de Ferrières, preto de Montargis, e a cerimonia estivo presidida polo arcebispo Ansexiso de Sens.
Distribución de territorios
[editar | editar a fonte]En marzo de 880, nunha reunión en Amiens, tivo lugar un repartimento das responsabilidades do goberno: Lois encargaríase de Austria, mentres que o seu irmán Carlomán faríase cargo de Borgoña, Aquitania e a Septimania.
Á morte de Lotario II de Lotarinxia, os seus tíos Carlos o Calvo (rei dos francos occidentais) e Lois o Xermánico (rei dos francos orientais) non recoñeceron ao fillo bastardo de Lotario, Hugo, que era duque de Alsacia, e repartíronse os seus territorios co tratado de Meersen de 870. Nove anos despois, Hugo levantouse contra o neto de Carlos o Calvo, tentando recuperar os territorios que foran do seu pai.
O tío de Hugo, duque de Alsacia, chamado Lois o Mozo, convértese en inimigo de Lois III, o motivo tamén é tentar recuperar os territorios usurpados de Lotarinxia. Para facer fronte ao ataque normando, os dous irmáns Lois III e Carlomán II víronse obrigados a negociar a paz. A principios do ano 880 asinan o Tratado de Ribemont. Cando todo parecía estar dirixido á paz, xurdiu un novo inimigo. O que fora nomeado conselleiro, Bosón da Provenza, proclamouse rei (da Borgoña Cisxurana, incluída a Provenza). En agosto do ano 880, entraron en batalla contra Bosón, preto da cidade de Mâcon. Pero as tropas de Bosón non foron derrotadas ata a batalla de Crêches-sur-Saône, coa que os carolinxios recuperaron o condado de Mâcon.
Loita contra os viquingos
[editar | editar a fonte]O 30 de novembro de 879, preto do río Viena, Lois e Carlomán enfrontáronse aos viquingos, resultando vitoriosos[4]. En agosto de 881 os viquingos volveron atacar, pero os invasores foron derrotados na batalla de Saucourt-en-Vimeu, na que morreron uns 8.000 viquingos. Esta vitoria pasou á historia contada nun poema coñecido como o Ludwigslied ou a Chanson de Louis (tamén coñecido en francés porque o manuscrito se conserva en Valenciennes; a "canción de Lois" en galego), escrito en antigo alto alemán, a lingua precursora do alemán actual[5].
Morte de Lois
[editar | editar a fonte]Lois III tivo unha vida curta, morreu o 5 de agosto de 882, cando tiña uns 19 anos. Fracturou o cranio contra o lintel dunha porta demasiado baixa mentres pasaba por baixo de a cabalo, segundo contan perseguindo a filla dun tal Germond[6] · .[7] O seu corpo foi sepultado na abadía de Saint-Denis e o seu irmán debeu gobernar en solitario dese aquela.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-07.
- ↑ Xenealoxía de Loios III na web Medieval Lands
- ↑ Nelson 1994, p. 276
- ↑ BnF - Jean Fouquet
- ↑ Le Rithmus teutonicus ou Ludwigslied Arquivado 11 de xaneiro de 2006 en Wayback Machine. - facsímile traducido ao francés
- ↑ Philippe Le Bas, L'Univers, histoire et description de tous les peuples - Dictionnaire encyclopédique de la France, volume 10, 1843, páx 339.
- ↑ «Perseguía por xogo unha moza mentres que ela fuxía cara á casa de seu pai». Nelson 1994, p. 277
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lois III de Francia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Luís". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. pp. 1259–1260. ISBN 978-84-8288-942-9.
Nome de dezaoito reis de Francia...
- Janet Nelson: "Charles le Chauve", ed. Aubier, 1994, isbn = 2700722612