Lola Varela
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de decembro de 1954 (70 anos) Pontevedra, España |
Actividade | |
Ocupación | profesora de ensino secundario, escritora |
Familia | |
Parella | Dionisio Pereira |
Dolores Varela Salgado, nada en Pontevedra o 18 de decembro de 1954, é unha profesora e escritora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Estudou Xeografía e Historia, especialidade en Historia Contemporánea, na Universidade de Santiago de Compostela, e foi profesora de Lingua e literatura castelá no ensino secundario dende 1981 até a súa xubilación en 2019. Exerceu en Cariño, Orihuela, Madrid, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e mais no Instituto Español Melchor de Jovellanos de Alhucemas (Marrocos). Ocupou diversos cargos directivos e dirixiu grupos de teatro nos centros en que traballou.
Implicada no movemento feminista, en 1976 foi membro da primeira xunta directiva da Asociación Universitaria para o Estudo do Problema da Muller (AUPEPM). Dedicouse á formación en educación en igualdade, coeducación, educación afectivo-sexual e prevención da violencia de xénero, tanto para o alumnado de secundaria como nos centros de formación do profesorado de Galicia e no Servizo Galego de Igualdade. Levou adiante iniciativas pioneiras na formación do alumnado como os Obradoiros de Igualdade, elaboración do Plan de Igualdade, creación dun Decálogo de Igualdade, ou o blog Educando en Igualdade[1]. Tamén ten investigado sobre a represión contra a muller baixo o franquismo.
Despois da súa xubilación segue a colaborar en prensa[2] e impartindo charlas formativas. En 2022 publicou o volume Feminismo de proximidade, recompilación de artigos publicados en prensa, relatorios e outros traballos realizados entre 2019 e 2021. Residente no rural[3], estivo na directiva da asociación de mulleres de Cerdedo Espadela, e presidiu a asociación ecoloxista e cultural Verbo Xido entre 2006 e 2012. Formou parte do Colectivo Vences canda a Íñigo Berriochoa, Mercedes Conde, Alberte Pagán e Dionísio Pereira. Ademais, é membro da xunta directiva da Sociedade Galega de Sexoloxía[4].
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio IRENE: la paz empieza en casa, do Ministerio de Educación, polo traballo "Mellorando a convivencia entre iguais" (2011; xunto a Luisa Fernanda Arís García, do IES A Xunqueira I)[5]
- X Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento Vicente Ferrer, da AECID e o MEFP, polo proxecto "Acciones y conexiones en educación para el desarrollo" do Instituto Jovellanos de Alhucemas (2018, xunto a Esther Mato, xefa do departamento de Orientación)[6]
Obra
[editar | editar a fonte]- A muller na Historia, en colaboración con Dionísio Pereira. Historia Universal nº 29. A Nosa Terra, 1998.
- El Instituto Español Melchor de Jovellanos cumple medio siglo. Instituto Español Melchor de Jovellanos, 2018.
- Feminismo de proximidade. Companha Editora, 2022.
Colaboracións en obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Prólogo de Pasado, presente y futuro del pensamiento libertario. Memoria I Jornadas Internacionales de debate libertario, en colaboración con Dionísio Pereira. Fundación Salvador Seguí, 1988.
- “Fotografía social e memoria histórica” e “Análise das fotografías da Jefatura Provincial del Movimiento en Pontevedra, concellos de Cerdedo e Forcarei” en Desmontando a propaganda franquista, en colaboración con Dionísio Pereira. Deputación Pontevedra, 2022.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Educando en igualdade".
- ↑ "Artigos de Lola Varela". Xornal Nós.
- ↑ Tino Lago e Marcos Santos (22 de xuño de 2022). "Dionísio Pereira e Lola Varela". A Nova Peneira.
- ↑ "Quen somos?". SOGASEX.
- ↑ "Tres centros galegos acadan unha mención honorífica nos Premios IRENE 2011". IES Xunqueira 1. 2 de decembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2022. Consultado o 22 de decembro de 2022.
- ↑ "X Premio Vicente Ferrer". IE Melchor de Jovellanos.