Longueirón vello
Longueirón vello Solen marginatus | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Solen marginatus Pulteney, 1799 [1] | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
O longueirón vello, Solen marginatus, é unha especie de molusco bivalvo da orde dos veneroides e familia dos solénidos.
Características
[editar | editar a fonte]Ten unha cuncha alongada, recta, fráxil, coas valvas simétricas, de perióstraco delgado de cor amarela acastañada,[2] de forma case cilíndrica e aberta polos extremos; presenta un suco profundo cerca da marxe anterior, con dúas series de estrías.
Ten unha lonxitude máxima de 15 cm,[2] aínda que moitas veces non pasa dos 10 ou 11 cm.
Distribución
[editar | editar a fonte]Vive en praias de areas un pouco lamacentas da zona infralitoral.[2]
É unha especie moi común nos océano Atlántico nororiental, desde Noruega até o norte de África (até Mauritania), pasando polo mar do Norte, o canal da Mancha, golfo de Biscaia, Cantábrico e as costas da atlánticas da Península Ibérica (entre elas as galegas), e no Mediterráneo, até o mar Negro.[1]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Os sexos están separados, e é unha especie ovípara. Aliméntase de fitoplancton e de partículas de materia orgánica en suspensión. Vive en buratos que escava nos fondos mariños que chegan até os 50 cm de profundidade.[3]
En Galicia
[editar | editar a fonte]Segundo Rolán e Otero-Schmitt, encóntrase en toda a costa galega, aínda que é pouco abundante. Estes autores danlle os nomes populares de carallote, carallete, navalla e longueirón.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Solen marginatus Pulteney, 1799 no WoRMS.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Rolán e Otero (1996), p. 238.
- ↑ Solen vagina (Linnaeus, 1758) Arquivado 03 de novembro de 2013 en Wayback Machine. en MOLLUSCA GRID.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Longueirón vello |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Longueirón vello |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gofas, S.; Le Renard, J. & Bouchet, P. (2001): "Mollusca", en: Costello, M. J. et al. (eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 180–213. ISBN 2-85653-538-0.
- Montero Agüera, I. (1971): Moluscos bivalvos españoles. Sevilla: Publ. de la Universidad de Sevilla, 5.
- Rolán, R. e Jorge Otero-Schmitt (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-072-1.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fichas de diferenciación e recoñecemento de especies pesqueiras do mercado galego Xunta de Galicia.
- Xunta de Galicia (ed.). "Anuario de Pesca de Galicia 2017". pescadegalicia.gal. Consultado o 07 de decembro de 2018.
- Solen marginatus en ADW.