Los cronocrímenes
Aparencia
Los cronocrímenes | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Los cronocrímenes |
Director | Nacho Vigalondo |
Produtor | Eduardo Carneros Jorge Gómez |
Guión | Nacho Vigalondo |
Intérpretes | Karra Elejalde Nacho Vigalondo Candela Fernández Bárbara Goenaga |
Música | Eugenio Mira |
Fotografía | Flavio Martínez Labiano |
Montaxe | Jose Luis Romeu |
Distribuidora | Karbo Vantas Entertainment |
Estrea | 2007 |
Duración | 88 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Suspense e ficción científica |
Orzamento | $2 600 000 |
Recadación | $553 198 (Internacional) |
Na rede | |
http://www.timecrimesmovie.com/ | |
Los cronocrímenes é un filme español dirixido por Nacho Vigalondo que se estreou no 2007.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Un home descobre a través dos seus prismáticos unha fermosa rapaza espíndose e intenta atopala na profundidade do bosque. De súpeto, un individuo armado cunhas tesoiras e coa cara vendada atácao polas costas, a pesar do cal, consegue fuxir e chegar a un laboratorio científico. Alí, unha máquina ofrécelle a oportunidade de realizar unha viaxe extraordinaria, unha viaxe na que a posibilidade de atoparse a si mesmo será a primeira dunha serie de catástrofes imprevisíbeis.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Karra Elejalde como Héctor
- Candela Fernández como Clara
- Bárbara Goenaga como a rapaza do bosque
- Nacho Vigalondo o científico
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2008: XXIII edición dos Premios Goya, Nomeado a Mellor Director Novel (Nacho Vigalondo).
- 2007: Festival de Sitges: Sección oficial longametraxes a concurso.