Louis-Ferdinand Céline
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2023.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Louis-Ferdinand Destouches 27 de maio de 1894 Courbevoie (Francia) |
Morte | 1 de xullo de 1961 (67 anos) Meudon (Francia) |
Causa da morte | aneurisma cerebral |
Lugar de sepultura | Longs-Réages cemetery (en) |
Ideoloxía política | Antisemitismo e anticomunismo |
Educación | Universidade de Rennes |
Actividade | |
Campo de traballo | Medicina |
Ocupación | médico escritor, escritor, novelista, militar |
Período de actividade | 1931 - 1961 |
Empregador | Liga das Nacións |
Interesado en | Nihilismo, Pesimismo, misantropía, Cinismo e polémica (pt) |
Xénero artístico | Ensaio, panfleto, obra de teatro e Libreto |
Movemento | Modernismo, Expresionismo e Realismo |
Pseudónimo literario | Louis-Ferdinand Céline |
Carreira militar | |
Rama militar | Coiraceiro |
Rango militar | suboficial (pt) |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Participou en | |
1940 | WWII Axis collaboration in France (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en |
|
Familia | |
Cónxuxe | Lucette Destouches (1935–1961), morte do cónxuxe Elizabeth Craig (1926–1933), divorcio Édith Follet (1919–1926), divorcio |
Parella | Lucienne Delforge |
Pai | Fernand Destouches |
Cronoloxía | |
exilio | |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | UbuWeb Obálky knih, Medvik >>>:Céline, Louis Ferdinand, 1894-1961, |
|
Louis Ferdinand Auguste Destouches, alcumado Louis-Ferdinand Céline, nado en Courbevoie o 27 de maio de 1894 e finado en París o 1 de xullo de 1961, é un dos escritores franceses máis traducidos e difundidos do século XX. É autor de Voyage au bout de la nuit, obra cumio da literatura universal contemporánea, publicada por vez primeira en 1932 e que foi así mesmo a primeira novela na produción do autor.
Biografía
[editar | editar a fonte]Céline creceu en París. O seu pai era empregado nunha compañía de seguros. A súa nai, Marguerite Guillou, era filla de Céline Guillou, de quen tomou o pseudónimo. A avoa tiña unha pequena tenda de bordados, e trala súa morte en 1904 a modesta herdanza que deixou permitiu a Louis-Ferdinand asistir a unha escola privada. Tras obter o seu diploma foi a Alemaña e Inglaterra para aprender idiomas, sendo moitas desas experiencias relatadas na súa segunda novela, Mort à crédit.
Con 18 anos alistouse nunha unidade de cabalería do exército francés. Participou na primeira guerra mundial, sendo gravemente ferido en Ypres, quedándolle de por vida secuelas nun brazo, no oído e dores de cabeza. Concedéuselle a Médaille militaire porque se presentara voluntario para a misión na que foi ferido.
Foi destinado ao consulado francés en Londres, onde frecuenta os baixos fondos. En 1915 casou con Suzanne Nebout, unha camareira francesa que vivía en Londres, pero o matrimonio non foi rexistrado no consulado francés. En 1916 alistouse como encargado de explotación forestal e partiu a África, onde contraeu malaria durante o ano que alí pasou. Ao seu regreso a París traballou na revista científica Eureka, onde coñeceu o doutor Athanase Follet, un director dun colexio médico, baixo cuxa influencia estudou medicina.
Rematou o bacharelato e en 1919 casou con Edith Follet, filla de Athanase. A mediados da década de 1920 integrouse na Sociedade de Nacións como experto en cuestións de hixiene. Foi destinado a Xenebra, pero realizou constantes viaxes aos EUA, Cuba, Canadá e Inglaterra, e pasou tamén longas tempadas en Nixeria e Senegal. Debido ás longas ausencias, puxo fin ao seu segundo matrimonio con Edith Follet dous anos despois de graduarse.
En 1926 coñeceu en Xenebra a Elizabeth Craig, unha estadounidense nada en 1902 coa que viviu en París até 1933. Nunha das súas primeiras entrevistas trala publicación de Voyage au bout de la nuit cítaa coma unha das súas mestras. Existen homenaxes a Elizabeth Craig ao longo desa mesma novela (e de feito está dedicada a ela), especialmente nos personaxes de Lola e Molly.
En 1927 abriu unha consulta privada, que non funcionou, polo que tivo que empregarse como axudante dun dispensario en Clichy. En 1931 deulle o manuscrito de Voyage au bout de la nuit a unha secretaria para que o mecanografase, sendo publicada ao ano seguinte cunha extraordinaria acollida por parte do público e a crítica.
Trala segunda guerra mundial foi condenado in absentia (estando en Dinamarca) á pena de morte polo seu colaboracionismo durante a ocupación nazi en Francia, se ben a pena foi finalmente condonada. Escapou a Alemaña (sobre o éxodo escribiu D'un château l'autre, Nord e Rigodon), sendo condenado despois a un ano de prisión e declarado desgraza nacional. Tralo seu perdón, en 1951 regresou a Francia. Finou o 1 de xullo de 1961 dun aneurisma cerebral.
Obra
[editar | editar a fonte]A súa creación máis famosa é Voyage au bout de la nuit, unha narración de trazos autobiográficos publicada en 1932. O seu protagonista, Ferdinand Bardamu, alistado nun momento de estupidez no exército francés, e aborrecido nas trincheiras da primeira guerra mundial, decide desertar facéndose pasar por tolo, describindo toda sorte de personaxes pintorescos e o absurdo e a brutalidade da guerra. Tralo conflito e tras un noivado cunha estadounidense, Lola, vai parar nun barco no que o resto dos pasaxeiros o queren linchar, rumbo a unha colonia francesa en África; a descrición do sistema colonial francés é hilarante e sumamente crítica, vindo a dicir que o colonialismo francés ampara a pederastia e que todo se funda na explotación dos negros (recordando a Heart of Darkness, de Joseph Conrad). Unhas febres acaban con esa aventura e chega nun estado próximo á escravitude aos Estados Unidos. Escapa en Nova York, onde vive por un tempo e reencóntrase con Lola, á que extorsiona. Volve viaxar a Detroit, onde fai amizade cunha prostituta norteamericana, pero volve a París e exerce a medicina a pesar do noxo que lle dá a súa clientela.
A aparición de Voyage au bout de la nuit foi unha innovación literaria sen igual. A linguaxe oral, groseira e moi xergal escandalizou aos contemporáneos e foi moito máis lonxe ca escritores que intentaran antes ca el escribir usando este rexistro, como Émile Zola. A súa prosa, como a forma de abordar os temas, e os temas en si mesmos, é extremadamente violenta, amarga e quebradiza. O seu ritmo é salvaxe e acelerado, e nel repousa gran parte do mérito literario do autor. A linguaxe é viva, libre de todo tipo de formalidades, para escribir do modo máis expresivo posible.
De estilo vivísimo, ás veces intraducible a causa da propensión a calcar a linguaxe oral, influíu profundamente nas xeracións posteriores. Autores como Charles Bukowski, Jean-Paul Sartre, Henry Miller, William S. Burroughs, Kurt Vonnegut, Billy Childish, Irvine Welsh ou o contemporáneo Alessandro Baricco recoñécenlle unha profunda influencia.
Novelas
[editar | editar a fonte]- Voyage au bout de la nuit (1932)
- Mort à crédit (1936)
- Guignol's band (1944)
- Casse-pipe (1949)
- Féerie pour une autre fois (1952)
- Normance: Féerie pour une autre fois II (1954)
- D'un château l'autre (1957)
- Nord (1960)
- Le Pont de Londres: Guignol's band II (1964)
- Rigodon (1969)
Cancións
[editar | editar a fonte]- À nœud coulant e Le règlement (1955). Interpretadas polo autor e gravadas por Paul Chambrillon, acompañado ao acordeón por Aimable.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Louis-Ferdinand Céline |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Céline, Louis-Ferdinand". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 474. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Destouches, Louis-Ferdinand". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Fernández del Riego, Francisco (1974). Letras do noso tempo. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-7154-219-9.