Saltar ao contido

Lourentino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O lourentino ou follado[1] (Viburnum tinus) é unha especie fanerógama pertencente ao xénero dos viburnos, á familia Adoxaceae.

Ilustración
Vista da planta a rosear
Viburnum tinus

Descrición

[editar | editar a fonte]

É un arbusto que pode medrar coma unha pequena árbores. Ten follas opostas, grandes e largas, relativamente duras e brillantes pola face; a marxe das follas é enteira e suavemente pubescente. As flores son pequenas e brancas, atópanse agrupadas en inflorescencias que semellan umbelas. Con estes caracteres non se pode confundir con outros arbustos da nosa flora.

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

Distribúese pola rexión mediterránea. Na Península Ibérica atópase en levante e no sur, principalmente en bosques de aciñeiras, sendo raro en Galiza, onde é frecuente coma planta ornamental, xa nomeada con este uso en xardinaxe no século XIX por Marcial Valladares Núñez e Juan Cuveiro Piñol co nome de laureola (non confundir co trobisco de montaña (Daphne laureola).

É unha planta de zonas sombrizas e húmidas, propia dos aciñeirais. Nas Canarias adóitase atopar nos bosques de laurisilva.

Propiedades

[editar | editar a fonte]

Ten propiedades medicinais. Os principios activos son a viburnina e mais os taninos. Os taninos poden provocar molestias estomacais. As follas en infusión teñen propiedades antifebrífugas. Os froitos téñense utilizado coma purgantes contra o estrinximento. A tintura do lourentino estase utilizando ultimamente en fitoterapia coma un remedio contra a depresión.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Viburnum tinus foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 267–268. 1753.[2]

Etimoloxía

Viburnum: nome xenérico do nome clásico latino dunha especie deste xénero, Viburnum lantana, chamada a "árbore camiñante".[3]

tinus: epíteto

sinonimia
  • Viburnum rigidum Vent.
  • Viburnum rugosum Pers.
  • Viburnum strictum Link
  • Viburnum tinus subsp. rigidum (Vent.) P.Silva
  • Viburnum tinus subsp. subcordatum (Trel.) P.Silva
  • Viburnum tinus subsp. tinus L.
  1. Nomes vulgares galegos en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004; e Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, Xunta, 1991
  2. "Lourentino". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 28 de xuño de 2013. 
  3. En Nombres Botánicos
  4. "Sinónimos en Tela Botánica". Tela Botanica (en francés). Consultado o 2020-04-01. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]