Lucio Cornificio
Nome orixinal | (la) L. Cornificius L.f. |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século I a. C. Roma Antiga |
Morte | p. século I a. C. valor descoñecido |
Senador romano | |
valor descoñecido – valor descoñecido | |
Cónsul romano | |
35 a. C. – 35 a. C. Xunto con: Sexto Pompeu (pt) | |
Tribuno da plebe | |
Actividade | |
Ocupación | escritor, político da Roma antiga, militar da Roma antiga |
Período de tempo | República Romana Tardía |
Familia | |
Pais | Lucius Cornificius the Elder e valor descoñecido |
Descrito pola fonte | Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Lucio Cornificio (en latín: Lucius Cornificius) foi un político e militar romano, membro da plebea gens Cornificia, que ocupou o consulado no ano 35 a.C.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Familia
[editar | editar a fonte]Polo seu praenomen, probablemente era fillo do acusador de Tito Annio Milón.
Carreira política
[editar | editar a fonte]No 43 a.C., Cornificio, como tribuno da plebe exerceu a acusación fronte a Marco Xunio Bruto perante o tribunal que xulgou os asasinos de Xulio César, no marco da aplicación da Lex Pedia.[1] No 38 a.C., Augusto deulle o mando sobre a frota que se enfrontou a Sexto Pompeio, e distinguiuse militarmente nas batallas que tiveron lugar ao redor das costas de Sicilia, chegando a capturar o barco de Demócares, o almirante da frota pompeiana.[2]
No 36 a.C. tivo o mando de parte dun exército que desembarcou en Sicilia e logrou liquidar unha difícil situación ao levar ás súas tropas, compostas por tres lexións, sas e salvas desde Tauromenio até Mylae, onde se atopaba o exército de Marco Vipsanio Agripa.[3] Por todos estes servizos recibiría a honra do consulado no 35 a.C.[3]
En 35 a. C. sucedeu a Tito Estatilio Tauro no goberno da provincia de África, co probable título de procónsul,[4] cargo que exerceu até o 32 a.C., celebrando un triunfo ex Africa o 3 de decembro dese ano.[5][6] Dise de Cornificio que, por salvar a vida dos seus soldados, se consideraba co dereito de viaxar á súa casa en Roma nun elefante cada vez que ceaba fóra.
Como outros xenerais de Augusto, tivo que investir parte do seu patrimonio para embelecer a cidade e construíu o templo de Diana no Aventino.[7][8][9][10][11]
Atribúeselle a obra Rhetorica ad Herennium, pero tamén podería corresponder a Quinto Cornificio o Mozo[12] ou a outra persoa da mesma gens.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Broughton 1952, p. 339
- ↑ Broughton 1952, p. 393
- ↑ 3,0 3,1 Broughton 1952, p. 404
- ↑ Broughton 1952, p. 412 e 416
- ↑ Broughton 1952, p. 419
- ↑ Strachan, Christian C. (6 de agosto de 2008 [actualizada o 19 de agosto de 2014]). "CORNIFICIUS". Roman Republican and Imperial Senatorial families (en inglés). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ Plutarco; Vidas Paralelas, Brutus 27
- ↑ Apiano, De bellis civilibus libro v. 80, 86, 111-115
- ↑ Dión Casio, Historia Romana, libro XIX. 5-7, 18
- ↑ Veleio Patérculo, Historia Romana, libro II. 79
- ↑ Suetonio, De vita Caesarum Augusto 29
- ↑ Smith 1841, p. 858
- ↑ Quintiliano, Institutio oratoria libro iii. 1 § 21, libro ix. 3 §§ 89, 98
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Broughton, T. R. S. (1952). The Magistrates of the Roman Republic: 99 B.C.-31 B.C. (en inglés). Nova York: American Philological Association.
- Smith, William, ed. (1841). Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. (en inglés). Londres: Walton and Maberly.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Digital Prosopography of the Roman Republic" (en inglés). King's College Londres. 2019. Consultado o 26 de febreiro de 2023.
Predecesor: Lucio Xelio Publícola e Marco Coceio Nerva |
Cónsul da República Romana xunto con Sexto Pompeio 35 a. C. |
Sucesor: Marco Antonio II e Lucio Escribonio Libón |