Luis Roldán
(1986) | |
Nome orixinal | (es) Luis Roldán Ibáñez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 22 de agosto de 1943 Zaragoza, España |
Morte | 24 de marzo de 2022 (78 anos) Zaragoza, España |
Causa da morte | morte natural |
Director xeral da Garda Civil | |
31 de outubro de 1986 – 3 de decembro de 1993 ← José Antonio Sáenz de Santa María – Ferran Cardenal de Alemany (en) → | |
Delegado Xeral do Goberno na Comunidade Foral de Navarra | |
29 de decembro de 1982 – 31 de outubro de 1986 ← Francisco Javier Ansuátegui Gárate (en) | |
Concelleiro de Zaragoza | |
15 de abril de 1979 – 29 de decembro de 1982 | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español (1976–1994) |
Premios | |
|
Luís Roldán Ibáñez, nado en Zaragoza, o 22 de agosto[1] de 1943 e finado Ib. o 24 de marzo de 2022,[2][3] foi un político español pertencente ao Partido Socialista Obreiro Español. Tras exercer diversos cargos políticos, foi especialmente coñecido pola súa época á fronte da Dirección Xeral da Garda Civil, sendo o primeiro civil nomeado no cargo.[4]
Desde esta dirección xeral valeuse para o seu enriquecemento ilícito. Ao iniciarse as dilixencias xudiciais polas súas actividades delituosas, Luís Roldán fuxiu de España en 1994. Entregouse en 1995 no aeroporto de Bangkok. Entre 1996 e 1998 foi xulgado ante un tribunal de Madrid. Foi condenado a 28 anos de prisión por malversación, suborno, fraude fiscal e estafa, que o Tribunal Supremo incrementou a 31 anos.[4] Estivo desde febreiro de 1995 no cárcere feminino de Brieva (Ávila) e a Audiencia Provincial de Madrid desde o 2005 permitiulle saír do cárcere para traballar,[5][6] nun réxime intermedio entre o segundo e o terceiro grao.[7]
Biografía
[editar | editar a fonte]Carreira política
[editar | editar a fonte]Afiliouse ao Partido Socialista Obreiro Español en 1976. Licenciouse en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Nacional de Educación a Distancia, tras o seu ingreso en prisión. Con anterioridade, presentábase falsamente como enxeñeiro industrial e economista, carreiras que nunca acreditou.
Entre o 29 de decembro de 1982 e o 31 de outubro de 1986 foi delegado do Goberno en Navarra.
Despois, foi nomeado director xeral da Garda Civil, sendo o primeiro civil que ocupaba o cargo deste corpo policial que mantén disciplina militar. Neste período realizáronse cambios na institución, acelerando o seu proceso de modernización. Realizou un gran programa de obras para mellorar as casas cuartel que moitas estaban en moi mal estado. Baixo o seu mandato produciuse o acceso da muller ao corpo.[8] Creou en 1991 o Servizo Marítimo da Garda Civil e potenciou os servizos de información antiterroristas que obterán grandes éxitos no seu labor de infiltración dentro de grupos, entre outras detencións, conseguiron a localización e detención por parte da Policía francesa da dirección de ETA na localidade de Bidarte o 29 de marzo de 1992.
Acusacións de corrupción
[editar | editar a fonte]En 1993 o xornal Diario 16 publicou as primeiras sospeitas de aumento desmedido do patrimonio de Luís Roldán, que levaron finalmente á súa destitución o 3 de decembro dese mesmo ano. Os trámites xudiciais fóronse incrementando, e o 29 de abril de 1994, Roldán fuxiu de España. Dado que o Ministerio de Interior se fixera responsable da súa vixilancia, o seu responsable Antoni Asunción presentou a súa dimisión inmediata. Comentouse durante un tempo que puido estar escondido no municipio zamorano de Mombuey, de onde a súa muller é natural.[9]
Detención e xuízo
[editar | editar a fonte]Foi detido por policías españois o 27 de febreiro de 1995, no aeroporto de Bangkok (Tailandia), nunha entrega pouco clara e na que supostamente participou o axente do CESID Francisco Paesa.[10] Antes de entregarse pactou desde Laos, con documentación laosiana falsificada, coñecida posteriormente como «os papeis de Laos», que só podería ser xulgado por dous delitos: suborno e malversación.[11]
Foi xulgado pola Audiencia Nacional e condenado o 26 de febreiro de 1998 a 28 anos de cárcere, por malversación de fondos públicos, suborno, fraude fiscal e estafa. Entre o que quedou demostrado estaba que levou 435 millóns de pesetas[a] dos fondos reservados e 1800 millóns en comisións, [b] boa parte delas relacionadas co seu programa de modernización das casas cuartel. Por iso impúxoselle unha multa de 1600 millóns de pesetas[c] 3] e unha indemnización ao Estado de 578,9 millóns.[d] Con el foron condenados a súa exesposa Blanca Rodríguez-Porto por encubrimento e delito contra a Facenda pública e o seu home de palla Jorge Esparza Martín. O 21 de decembro de 1999, o Tribunal Supremo de España confirmou os delitos e incrementou a condena a 31 anos de cárcere.
Ademais dos seus delitos monetarios realizou acusacións de varios altos cargos en delitos referentes ao GAL na guerra sucia do estado contra ETA.
Condena e vida posterior
[editar | editar a fonte]Estivo desde febreiro de 1995 no cárcere feminino de Brieva (Ávila) e a Audiencia Provincial de Madrid desde o 2005 permitiulle saír do cárcere para traballar.[5] O 14 de novembro de 2008, Roldán reapareceu en televisión: concedeulle unha entrevista en directo a María Teresa Campos na canle Tele 5, onde non achegou datos relevantes.
Os xuíces lograron recadar no procedemento civil 1 646 845 euros co embargo de contas correntes e a poxa dalgunhas das súas propiedades intervidas en España. O groso da súa fortuna, equivalente a 10 millóns de euros do ano 1993, atópase en paradoiro descoñecido.
O 19 de marzo de 2010 saíu de prisión despois de 15 anos de condena.[12]
Morreu o 24 de marzo de 2022 na súa cidade natal, Zaragoza, aos 78 anos de idade.[3]
Na cultura popular
[editar | editar a fonte]- En 2015 o escritor Fernando Sánchez Dragó publicou unha biografía novelada sobre el, coa colaboración deste.[13]
- A película El hombre de las mil caras do director Alberto Rodríguez conta a súa relación co axente Francisco Paesa e a súa fuxida de España e posterior extradición de Laos, tras estar envolto nun caso de extorsión.
- As súas andanzas e el mesmo foron parodiados no álbum Corrupción a mogollón da serie de cómics española "Mortadelo e Filemón", creada polo debuxante Francisco Ibáñez. En devandito álbum, Roldán aparece caricaturizado como "Rulfián", sendo a súa detención a misión que lle encargan aos axentes Mortadelo e Filemón.
- A novela Roldán, ni vivo ni muerto de Manuel Vázquez Montalbán mostra o detective Pepe Carvalho investigando o político.[14]
- O caso Roldán aparece reflectido na serie española de televisión Cuéntame cómo pasó, emitida por Televisión Española desde 2001. Na tempada que conta os feitos sucedidos en 1993, o personaxe de Toni Alcántara, interpretado polo actor Pablo Rivero, vese involucrado no caso polo seu traballo no departamento de prensa do gabinete de Felipe González.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Cinco días de negociación". El País (en castelán). 1 de marzo de 1995. ISSN 1134-6582. Consultado o 4 de maio de 2022.
- ↑ RODRÍGUEZ, J. A. (24 de marzo de 2022). "Muere Luis Roldán, el director de la Guardia Civil que se enriqueció con los fondos reservados" (en castelán). Consultado o 24 de marzo de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 "Muere Luis Roldán a los 78 años" (en castelán). 24 de marzo de 2022. Consultado o 24 de marzo de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 "Luis Roldán. El primer civil al frente de la Benemérita". El Mundo. 18 de outubro de 2004.
- ↑ 5,0 5,1 "El juez deja a Roldán salir de la cárcel para ir a trabajar". Diario de Córdoba.
- ↑ Hernández, J.A. (20 de abril de 2005). "La Audiencia de Madrid permite a Roldán salir de la cárcel para trabajar". El País.
- ↑ Colpisa (14 de novembro de 2008). "María Teresa Campos entrevista a Luis Roldán". Diario de Navarra.
- ↑ "Las mujeres podrán ingresar en la Guardia Civil en 1988". 23 de agosto de 1987. Consultado o 25 de xullo de 2021.
- ↑ Jansa, Mercedes (25 de abril de 2014). "La huida circense de Luis Roldán". Consultado o 25 de xullo de 2021.
- ↑ "Francisco Paesa, el hombre que entregó a Roldán, sigue vivo seis años después de su presunta muerte". El Mundo. 15 de novembro de 2004.
- ↑ "Roldán, Condenado / Cronología (artículo no disponible)". El Mundo. 27 de febreiro de 1998.
- ↑ Lago, Concha (28 de febreiro de 2010). "Luis Roldán sale de prisión". Diario de Noticias de Navarra. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2012.
- ↑ Sánchez Dragó novela las memorias de Roldán, el prófugo más famoso de la historia reciente de España Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine. en extraconfivencial.com
- ↑ Angel Díaz Arenas (1997). Quién es quién en la obra narrativa de Manuel Vázquez Montalbán (Volumne 40 de Problemata literaria ed.). Edition Reichenberger. p. 38. ISBN 978-3-930700-53-0.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luis Roldán |
Predecesor: José Antonio Sáenz de Santa María |
Director xeral da Garda Civil 1986-1993 |
Sucesor: Fernando Cardenal de Alemany |