Luna E-6LS
Luna E-6LS, Luna E6LS ou Luna Ye-6LS pola súa transliteración da lingua rusa, é a designación dun modelo de sondas espaciais soviéticas composto por tres membros.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]As sondas Luna E-6LS foron unha versión das sondas Luna E-6 dotadas con equipamento de radio para facer probas cos sistemas de seguimento e comunicacións terrestres soviéticos de cara ás proxectadas misións lunares tripuladas que finalmente nunca tiveron lugar. As E-6LS levaban tamén equipamento científico a bordo similiar ó das sondas tipo Luna E-6LF.[1]
Das tres sondas Luna E-6LS que se lanzaron, unha quedou en órbita terrestre para facer probas (recibindo a denominación Kosmos 159), a segunda non chegou a órbita por problemas co foguete lanzador e a terceira entrou en órbita lunar.[1]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Voo[2] | Data[1][2] | Carga[1][2] | Resultado[1][2] | Notas |
---|---|---|---|---|
1 | 17 de maio de 1967 | Kosmos 159 | Éxito | |
2 | 7 de febreiro de 1968 | Luna 14 | Fallo | A terceira etapa apaguse prematuramente debido a un consumo excesivo de propelente, impedindo a entrada en órbita. |
3 | 7 de abril de 1968 | Luna 14 | Éxito |