Luna E-6S
Aparencia
Luna E-6S, Luna E6S ou Luna Ye-6S pola súa transliteración da lingua rusa, é a designación dun modelo de sondas espaciais soviéticas composto por dous membros.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]As sondas Luna E-6S foron deseñadas e lanzadas para estudar o espazo próximo á Lúa. Entre os seus instrumentos científicos contábase un espectrómetro de raios gamma para enerxías de entre 0,3 e 3 MeV, un magnetómetro triaxial, un detector de meteoritos, detectores de plasma e detectores de radiación infravermella proveniente da superficie lunar. Unha das sondas, Luna 10, retransmitiu A Internacional desde a órbita lunar durante o vixésimo terceiro Congreso do Partido Comunista da Unión Soviética.[1]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Voo[2] | Data[1][2] | Carga[1][2] | Resultado[1][2] | Notas |
---|---|---|---|---|
1 | 1 de marzo de 1966 | Kosmos 111 | Fallo parcial | A etapa de inxección transluar non se acendeu, deixando á sonda en órbita terrestre. |
2 | 31 de marzo de 1966 | Luna 10 | Éxito |