Luna Ye-8-5M
Aparencia
Baixo o nome de Luna Ye-8-5-M atópase un modelo sondas espaciais soviéticas composto por tres membros e cuxa misión era aterrar na Lúa e traer mostras da superficie lunar de volta á Terra.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]A misión das sondas Luna Ye-8-5M era aterrar na superficie lunar, recoller unha mostra de solo e devolvela á Terra dentro dunha cápsula.[1]
Lanzáronse tres sondas modelo Luna Ye-8-5M, unha das cales (Luna 24) tivo éxito e trouxo á Terra un total de 170,1 gramos de solo lunar.[1]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Voo[1][2] | Data[1][2] | Carga[1][2] | Resultado[1][2] | Notas |
---|---|---|---|---|
1 | 28 de outubro de 1974 | Luna 23 | Fallo | A sonda chegou a aterrar na superficie lunar pero non puido tomar mostras de solo. En 2012 a sonda americada LRO fotografou a alta resolución a zona de aterraxe de Luna 23, mostrando que estaba caída de lado. |
2 | 16 de outubro de 1975 | Luna 24a | Fallo | Fallo do foguete lanzador. |
3 | 9 de agosto de 1976 | Luna 24 | Éxito | A sonda aterrou con éxito e devolveu á Terra 170,1 gramos de solo lunar. |