Lycaena hippothoe
Lycaena hippothoe | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Lycaena hippothoe |
Lycaena hippothoe é unha especie de insectos lepidópteros, en concreto de bolboretas da familia Lycaenidae.[1]
Foi descrita por Linnaé en 1761.
Descrición
[editar | editar a fonte]A envergadura alar é de 28 a 38 mm, algúns machos desta especie poden ser absolutamente impresionantes, cunha rica cor alaranxada avermellada con toques púrpura iridiscente.[2]
- ↑ http://www.eurobutterflies.com/sp/hippothoe.php Lycaena hippothoe (en)
- ↑ http://www.asturnatura.com/especie/lycaena-hippothoe.html Lycaena hippothoe - fotografías
Distribución
[editar | editar a fonte]Voa na Europa do Norte, sur dos Urais e no macizo de Altái, límite co río Amur, ausente nas illas británicas, noroeste de Francia, Italia e Grecia. En España distribúese pola súa zona norte, dende Galicia, Asturias, cordilleira Cantábrica ata os Pireneos, Serra da Demanda e Moncayo. Voa a uns 1500 metros podendo chegar ata os 2500 metros en ladeiras de montañas.[1]
Período de voo
[editar | editar a fonte]Univoltina, segundo a zona de Europa pode ser bivoltina, como Europa do Leste. De xullo a mediados de setembro.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Prados húmidos alpinos, enchoupados, turbeiras.
Bioloxía
[editar | editar a fonte]As súas plantas hospedeiras son Rumex acetosa, Rumex hydrolapathum, Rumex confertus, Polygonum bistorta, en Rusia, hibernando como larva nova.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.lepiforum.de/lepiwiki.pl?Lycaena_Hippothoe Lycaena Hippothoe (de)