Saltar ao contido

Mário de Andrade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMário de Andrade

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) Mário Raul de Morais Andrade Editar o valor en Wikidata
9 de outubro de 1893 Editar o valor en Wikidata
São Paulo, Brasil Editar o valor en Wikidata
Morte25 de febreiro de 1945 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
São Paulo, Brasil Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério da Consolação (pt) Traducir, rua 17, terreno 1 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, escritor, novelista, crítico de arte, musicólogo, xornalista, fotógrafo, pianista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Federal do Río de Xaneiro Editar o valor en Wikidata
Membro de
Pseudónimo literarioMário Sobral Editar o valor en Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0207031 Musicbrainz: 8e78806b-9de2-4beb-9b24-d767c2967425 IMSLP: Category:Andrade,_Mário_de Find a Grave: 101926509 Editar o valor en Wikidata

Mário Raul Morades de Andrade, nado en São Paulo o 9 de outubro de 1893 e finado no mesmo lugar o 25 de febreiro de 1945,[1] foi un poeta, escritor, crítico literario, musicólogo, folclorista, ensaísta e fotógrafo do Brasil. Co seu libro Pauliceia Desvairada (1922), foi un dos pioneiros da poesía brasileira moderna. Tamén foi un dos primeiros investigadores do seu país no campo da etnomusicoloxia.[2]

De Andrade foi unha figura central das vangardas en São Paulo. Músico adestrado e máis coñecido como poeta e novelista, Mario de Andrade estivo persoalmente envolvido en practicamente todas as disciplinas que estiveron relacionadas co modernismo en São Paulo, tornándose o polímata nacional do Brasil.[3][4][5]. As súas fotografías e os seus ensaios, que cubrían unha ampla variedade de asuntos, da historia á literatura e á música, foron amplamente divulgados na prensa da época. Andrade foi a forza motriz por tras da Semana de Arte Moderna, evento ocorrido en 1922 que reformulou a literatura e as artes visuais no Brasil, sendo un dos integrantes do "Grupo dos Cinco". As ideas por tras da Semana serían mellor delineadas no prefacio do seu libro de poesía Pauliceia Desvairada e nos propios poemas.

Despois de traballar como profesor de música e columnista de xornal publicou a súa maior novela, Macunaíma, en 1928. Mario de Andrade continuou a publicar obras sobre música popular brasileira, poesía e outros temas de forma desigual, sendo interrompido varias veces debido ao seu relacionamento inestábel co goberno brasileiro. No fin da súa vida, tornouse o director-fundador do Departamento Municipal de Cultura de São Paulo formalizando o papel que el desempeñara durante moito tempo como catalisador da modernidade artística na cidade e no país.

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]
Predio onde morou Mário de Andrade na Praza do Paissandu, São Paulo. Arquivo Nacional.

Mário de Andrade naceu en São Paulo, cidade onde morou durante case toda a vida no número 320 da Rúa Aurora, onde seus pais, Carlos Augusto de Andrade e Maria Luísa de Almeida Leite Moraes de Andrade tamén moraran.[6] Durante a súa infancia foi considerado un pianista prodixio, sendo matriculado no Conservatório Dramático e Musical de São Paulo en 1911. Recibiu educación formal só en música, mais foi autodidacta en historia, arte, e especialmente poesía. Dominaba a lingua francesa, lendo Rimbaud e os principais poetas simbolistas franceses durante a infancia. Aínda que escribise poesía durante todo o período en que estivo no Conservatorio, Andrade non pensaba en facelo profesionalmente até que a carreira de pianista profesional deixou de ser unha opción viábel.

En 1913, seu irmán Renato, entón con catore anos de idade, morreu dun golpe recibido encuanto xogaba ao fútbol, o que causou un profundo choque em Andrade. El abandonou o conservatorio e retirouse coa familia para uma facenda que posuían en Araraquara. Ao retornar, a súa habilidade de tocar piano fora afectada por un tremor nas mans. Aínda que tivese estudado no Conservatorio, non se presentou máis e comezou a estudar canto e teoría musical coa intención de se tornar profesor de música. Ao mesmo tempo, comezou a ter um interese máis serio pola literatura. En 1917, ano en que licenciou, publicou o primeiro livro de poemas, Há uma Gota de Sangue em Cada Poema, so o pseudónimo de Mário Sobral.[7] O libro contén indicios dunha crecente percepción do autor en relación a unha identidade particularmente brasileira, mais, así como a maior parte da poesía brasileira producida na época, faino nun contexto fortemente ligado á literatura europea—especialmente francesa.[7]

O seu primeiro libro parece que non tivo un impacto significativo, e Andrade decidiu ampliar o ámbito da súa escrita. Deixou São Paulo e viaxou para o campo. Iniciou unha actividade que continuaría polo resto da vida: o meticuloso traballo de documentación sobre a historia, o pobo, a cultura e especialmente a música do interior do Brasil, tanto en São Paulo canto no Nordeste.[7] Andrade tamén publicou ensaios en xornais de São Paulo, algunhas veces ilustrados polas súas propias fotografías, e foi, por enriba de todo, acumulando informacións sobre a vida e o folclore brasileiro. Entre as viaxes, Andrade ensinaba piano no Conservatório, sendo tamén, conforme relato de Oneyda Alvarenga, alumno de estética do poeta Venceslau de Queirós, sucedéndoo como profesor no Conservatorio tras a súa morte en 1921.[7]

Mário de Andrade compuxo unha única canción, titulada "Viola Quebrada".[7] A composición foi feita en colaboración con Ary Kerner.

Da esquerda para a dereita: Cândido Portinari, Antônio Bento, Mário de Andrade e Rodrigo Melo Franco. Palace Hotel, Río de Xaneiro, 1936.

Ao mesmo tempo que Andrade efectuaba o seu traballo como pescudador do folclore brasileiro, fixo amizade cun grupo de mozos artistas e escritores de São Paulo que, como el, estaban interesados no modernismo europeo. Algúns deles máis tarde integrarían o chamado "Grupo dos Cinco", composto por el propio, os poetas Oswald de Andrade (sen relación de parentesco con Mário de Andrade, a pesar da coincidencia de nomes) e Menotti del Picchia, alén das pintoras Tarsila do Amaral e Anita Malfatti. Malfatti visitara a Europa os anos anteriores á Primeira Guerra Mundial, e introduciu o expressionismo en São Paulo.[7]

En 1922, ao mesmo tempo que preparaba a publicación de Pauliceia desvairada, Andrade traballou con Malfatti e Oswald de Andrade na organización dun evento que se destinaba a divulgar as obras deles a un público máis vasto: a Semana de Arte Moderna, que ocorreu no Teatro Municipal de São Paulo entre os días 11 e 18 de febreiro. Alén dunha exposición de pinturas de Malfatti e doutros artistas asociados ao modernismo, durante eses días foron realizadas lecturas literarias e palestras sobre arte, música e literatura. Andrade foi o principal organizador e un dos máis activos participantes do evento, que, a pesar de ser recibido con cesceticismo, atraeu unha gran audiencia. Andrade, na ocasión, presentou o esbozo do ensaio que viría a publicar en 1925, A Escrava que não É Isaura.

Os membros do Grupo dos Cinco continuaron traballando xuntos durante a década de 1920, período durante o cal a reputación deles creceu e as hostilidades ás súas innovacións estéticas foron gradualmente disminuíndo. Mário de Andrade traballou, por exemplo, na "Revista de Antropofagia", fundada por Oswald de Andrade, en 1928. Mario e Oswald de Andrade foron os principais impulsores do movemento modernista brasileiro, de acordo con Paulo Mendes de Almeida, que era un amigo de ambos.

Misión de investigacións folclóricas

[editar | editar a fonte]

En 1935, durante unha era de inestabilidade do goberno Vargas, organizou, xuntamente co escritor e arqueólogo Paulo Duarte, un Departamento de Cultura para a unificación da cidade de São Paulo (Departamento de Cultura e Recreação da Prefectura Municipal de São Paulo), onde Andrade se tornou director. En 1938 Mário de Andrade reuniu un equipo co obxectivo de catalogar músicas do Norte e Nordeste brasileiros. Tiña como obxectivo declarado, de acordo coa acta da súa fundación, "conquistar e divulgar a todo país, a cultura brasileira".[8] O ámbito de aplicación do creado Departamento de Cultura foi bastante amplo: a investigación cultural e demográfica, como construción de parques e recriacións, alén de importantes publicacións culturais.

Exerceu o seu cargo coa ambición que o caracterizaba: ampliar o seu traballo sobre música e folclore popular, ao mesmo tempo organizar exposicións e conferencias. As misións resultaron un vasto acervo rexistrados en vídeo, son, imaxes, anotacións musicais, dos lugares percorridos pola Misión de Pescudas Folclóricas, o que pode ser considerado como un dos primeiros proxectos multimedia da cultura brasileira. O material foi dividido de acordo co carácter funcional das manifestacións: músicas de bailar, cantar, traballar e rezar. Trouxo a súa colección fonográfica-cultural para o Departamento, formando unha Discoteca Municipal, que era posibelmente das mellores e maiores reunidas no hemisferio.

Mário on 12 de xuño de 1927.

Nun marco do Departamento de Cultura, Claude Lévi-Strauss, entón profesor visitante da Universidade de São Paulo, realizou pescudas. Outro gran evento foi a Misión de Pescudas Folclóricas, que en 1938, visitou máis de trinta localidades en seis estados brasileiros á procura de material etnográfico, especialmente na música. A misión foi interrompida, no entanto, cando, en 1938, pouco despois de instaurado o Estado Novo (ao cal era contrario), por Getúlio Vargas, Mário dimitiu do departamento.[6]

Mário de Andrade tamén foi un dos mentores e fundadores do Servizo do Patrimonio Histórico e Artístico Nacional, xunto co avogado Rodrigo Melo Franco . Limitacións de orde política e financeira impediron a realización dese proxecto (que sería caracterizado por unha radical arremetida no inventario artístico e cultural de todo o país), restrinxindo as asignacións do instituto, fundado en 1937, á preservación de sitios e obxectos históricos relacionados a feitos políticos históricos e ao legado relixioso no país.

Mudouse para o Río de Xaneiro para tomar posesión dun novo posto na UFRJ, onde dirixiu o Congreso da Lingua Nacional Cantada, un importante evento folclórico e musical. En 1941 volveu para São Paulo e ao antigo posto do Departamento de Cultura, a pesar de non traballar coa mesma intensidade que antes.

Andrade morreu na súa residencia en São Paulo debido a un infarto, o 25 de febreiro de 1945, cando tiña 51 anos. Dadas as súas diverxencias co réxime, non houben ningunha reacción oficial significativa antes da súa morte. Foi sepultado no Cemiterio da Consolação en São Paulo. Dez anos máis tarde, porén, cando foron publicadas en 1955, Poesías completas, cando xa falecera o presidente Vargas, comezou a consagração de Andrade como un dos principais valores culturais no Brasil. En 1960 foi dado o seu nome á Biblioteca Municipal de São Paulo.

A súa segunda obra, Pauliceia desvairada, colocouno entre os pioneiros do movemento modernista no Brasil, culminando, en 1922, como unha das figuras máis proeminentes da histórica Semana de Arte Moderna. Algúns dos seus libros de poesía máis coñecidos son: Losango cáqui, Clã do jabuti, Remate de males, Poesias e Lira paulistana. Mário de Andrade foi tamén un excelente escritor de contos en libros como Primeiro andar (1926) e Contos Novos (1946), ben como crónicas (Os Filhos da Candinha, 1945).

Foi amigo e partillou algúns dos ideais estéticos modernistas de Oswald de Andrade.

O "prefácio interessantíssimo" é o prefacio de Mário de Andrade ao seu propio libro Pauliceia Desvairada, considerado a base do modernismo brasileiro.[9] Abre cunha cita do escritor belga Émile Verhaeren, que é o autor de Villes Tentaculaires. O prefacio non fala do libro, mais si dunha actitude xeral perante a literatura. É unha especie de manifesto poético, en versos libres.

No inicio do Prefácio el propio denuncia a súa actitude. Despois de afirmar que "está fundado o Desvairismo", afirma que o seu texto é medio en serio medio a brincar. O que lle dá un carácter inconfundíbel de, por un lado, programa poético e, por outro, parodia. Así o serio e o divertimento mestúranse nun todo sen fronteiras definidas. Repárese aínda que é un texto moi asertivo, provocativo e polémico no que é característico o Modernismo.

Nun estilo rápido e solto, con ideas truncadas, e que atinxe un efecto de grande dinamismo. Mário de Andrade loita por unha expresión nova, por unha expresión que non estea agarrada a formas do pasado: "escribir arte moderna non significa xamais para min representar a vida actual no que ten de exterior: automóbiles, cinema, asfalto."

Outra das ideas expresadas por Mário de Andrade neste Prefácio/Manifesto é que a lingua portuguesa é unha opresión para a libre expresión do escritor no Brasil. Así el afirma que "A lingua brasileira é das máis ricas e sonoras". Para reforzar esta idea do brasileiro como lingua, grafa propositadamente a ortografia de modo a ficar co acento brasileiro. Así aparece moitas veces neste manifesto "si" en vez de "se". Neste punto está a ser completamente contra os poetas parnasianos que defendían unha idea de que a lingua portuguesa sería a lingua dos bos e grandes escritores do pasado. Neste punto, Mário de Andrade é un nacionalista. Mais non admira Marinetti. Está en contra a rima. E contra todas as imposicións externas. "A gramática apareceu despois de organizadas as linguas. Acontece que o meu inconsciente non sabe da existencia de gramáticas, nin de linguas organizadas". "Os portugueses din ir á cidade. Os brasileiros, na cidade. Eu son brasileiro". (Citado por Celso Pedro Luft).

A idea, talvez, máis importante deste Prefácio é a de Polifonia e de Liberdade."Arroubos… Lutas… Setas… Cantigas… povoar!" (fragmento da poesía Tietê) Estas palabras non se ligan. Non forman enumeración. Cada unha é frase, período elíptico, reducido ao mínimo telegráfico".

Losango cáqui (publicado en 1926, mais escrito en 1922), continúa na mesma liña do traballo anterior. En Clã do jabuti (1927) e Remate de males (1930), fai amplo uso da súa pescuda etnográfica.

Desde 1930, coincidindo coa Revolución de 1930, a súa poesía sofre mudanzas. Parte do seu traballo posterior, como Poesía (1942), esvara para un ton máis íntimo e sereno, aínda que manteña outra liña de acusación e de política social, con obras como O Coche da miséria e Lira paulistana (1946).

A ese último traballo pertence un longo poema titulado Meditação sôbre o Tietê, un libro denso e complexo, polos críticos, foi descrito como o seu primeiro traballo "sen importancia", a pesar das animadoras críticas sobre o poema. A Meditación é un poema sobre a cidade e concéntrase no río Tietê, que atravesa São Paulo. O poema é simultaneamente un resumo da traxectoria poética de Andrade, en diálogo con seus poemas anteriores.

Capa da primeira edición de Macunaíma.

Foi o autor de dúas novelas: Amar, verbo intransitivo (1927) e Macunaíma (1928). A primeira causou un escándalo na época, unha vez que reconta a iniciación sexual dun adolescente cunha muller madura, unha alemá contratada polo pai do mozo. A segunda, desde súa primeira edición, é presentada polo autor como unha rapsodia, e non como novela, é considerada unha das novelas capitais da literatura brasileira.[10]

A fonte principal para Macunaíma vén do traballo etnográfico do alemán Koch-Grünberg, conforme relata o propio autor. Koch-Grünberg, no libro Von Roraima zum Orinoco, recolleu lendas e historias dos indios taulipangues e arecunás, da Venezuela e Amazonia brasileira. A partir deses materiais, Andrade creou o que el chamou rapsodia, un termo ligado á tradición oral da literatura. O libro editado por Tele Ancona Lopes posúe extenso material sobre o intertexto deste libro.

O protagonista, Macunaíma, é chamado "o heroe sen ningún carácter".

Erudición musical

[editar | editar a fonte]

En 1928 publicou Ensaio sobre a Música Brasileira. Dous anos tras, os seus poemas "Mulher" e "Nocturno de Belo Horizonte" son lidos, polo profesor da Cadeira de Estudos Brasileiros da Facultade de Letras de Coímbra, Manoel de Souza Pito, na conferencia Poesía Moderníssima do Brasil.

En 1938 trasladouse para o Río de Xaneiro, onde exerceu o cargo de director do Instituto de Artes na antiga Universidade do Distrito Federal (hoxe Universidade Estadual do Río de Xaneiro). Regresando a São Paulo en 1942, rexeu durante moitos anos a cadeira de Historia da Música no Conservatorio Dramático e Musical.

Posuidor dunha cultura ampla e profunda erudición, foi o fundador e primeiro director do Departamento de Cultura de São Paulo da Prefectura Municipal de São Paulo, onde implantou a Sociedade de Etnoloxía e Folclore, o Coral Paulistano e a Discoteca Pública Municipal - a "Discoteca Oneyda Alvarenga".

Mario de Andrade é o patron da cadeira de número 40 da Academia Brasileira de Música.

Obras publicadas

[editar | editar a fonte]
  • Há uma gota de sangue em cada poema (1917)
  • Paulicéia desvairada (1922)
  • Losango cáqui (1926)
  • Clã do jabuti (1927)
  • Remate de males (1930)
  • Poesías (1941)

Publicados póstumamente:

  • Lira paulistana (1946)
  • O carro da miséria (1946)
  • Poesías completas (1955).

Ensaio, crítica e musicoloxía

[editar | editar a fonte]
  • A escrava que não é Isaura (1925)
  • Ensaio sobre música brasileira (1928)
  • Compêndio de História de Música (1929)
  • O Aleijadinho de Álvares de Azevedo (1935)
  • Lasar Segall (1935)
  • O Movimento Modernista (1942)
  • O baile das quatro artes (1943)
  • O empalhador de passarinhos (1944)

Póstumas:

  • Ensaio sobre a música brasileira (1962) [edición aumentada].
  • O banquete (1978).
  • Amar, Verbo Intransitivo (1927)
  • Macunaíma (1928)

Libreto de ópera

[editar | editar a fonte]
  • Pedro Malazarte, libreto para una ópera puesto

en metro músico por Mozart Camargo Guarnieri

Relatos e crónicas

[editar | editar a fonte]
  • Primeiro andar (1926)
  • Belasarte (1934)
  • Os filhos da Candinha (1943)

Póstumos:

  • Contos novos (1947)

Póstumos:

  • O turista aprendiz (1977)

Correspondencia

[editar | editar a fonte]

Mário de Andrade foi un fértil escritor de cartas. Mantivo correspondencia cos principais poetas e escritores da súa época e, hoxe, gran parte dese material encóntrase publicado. Sendo un pouco máis vello que Carlos Drummond de Andrade, Henriqueta Lisboa,Tarsila do Amaral e Murilo Rubião, mantivo con eses e outros autores unha saudábel e xenerosa relación de mentor.[11] As cartas que trocou con Manuel Bandeira son hoxe un dos mellores documentos sobre o inicio do século XX no Brasil e os dramas estéticos vividos pola primeira xeración do Modernismo no Brasil.

Deseño de Mário de Andrade, 1928. Arquivo Nacional.

Mário, crítico de arte

[editar | editar a fonte]

Mário de Andrade tamén tivo un importante papel como crítico de arte e literatura. Para alén dos seus ensaios sobre música e poesía, opinou tamén no campo do Folclore e da Cultura popular e das Artes Plásticas.[12] Nese último campo, chegou a erguer e destruír reputacións, famosas son tanto a súa defensa da obra de Tarsila do Amaral, canto súa ácida crítica ao traballo de Aurélia Rubião.

Andrade morreu na súa residencia en São Paulo debido a un infarto do miocardio, o 25 de febreiro de 1945, cando tiña 51 anos. Dadas as súas diverxencias coa ditadura, non houbo reacción oficial significativa pola súa morte. Dez anos máis tarde, porén, cando foron publicados en 1955, Poesías completas, cando xa falecera Vargas, comezou a consagración de Andrade como un dos principais valores culturais no Brasil. En 1960 foi dado o seu nome á Biblioteca Municipal de São Paulo.

Sexualidade

[editar | editar a fonte]

Só 50 anos tras a morte do escritor, a cuestión da sexualidade de Mário de Andrade foi abordada en libro polo seu amigo Moacir Werneck de Castro, que referiu que na roda de colegas non se sospeitaba que fose homosexual: "supuñamos que fose casto ou que tivese amores secretos. Se era ou non, iso non afecta a súa obra, nin ao seu carácter".[13] E só en 1990, o seu amigo Antonio Candido se referiu directamente ao asunto: "O Mário de Andrade era un caso moi complicado, era un bisexual, probabelmente".[13] O episodio da rotura da amizade con Oswald de Andrade é hoxe largamente citado: Oswald ironizou que Mário se "parecía a Oscar Wilde por detrás".[14]

A maioría dos familiares de Mário falan que el era un cidadán asexuado, só lle importaba a literatura. No entanto, sempre persistiu fortemente nos medios académicos un "silencio" sobre o asunto.[15]

[editar | editar a fonte]
Cédula de 500000 cruceiros coa efíxie de Mário de Andrade.

Mário de Andrade xa foi retratado como personaxe no cinema e na televisión, interpretado por Paulo Hesse no filme O Home do Pau-Brasil (1982) e Pascoal da Conceição nas miniseries Un Só Coração(2004) e JK (2006).

En 1993, case 48 anos tras súa morte, a Casa da Moeda do Brasil emitiu a cédula de 500000 cruceiros na súa homenaxe. A cédula posúe a súa efixie, tendo á esquerda, deseño inspirado na fotografía de súa autoría, titulada "Sombra Minha". Acompañada polo último verso do coñecido poema "Eu son trescentos...". No reverso, consta unha escena representando Mário de Andrade conversando con nenos, ladeada por predios que simbolizan o crecemento vertixinoso da cidade de São Paulo na época do escritor. O billete ficou en circulación entre 29/01/1993 e 15/09/1994, e foi a cédula con maior valor de face xa emitida na historia das moedas nacionais.[16]

  1. Escritores.org. "De Andrade, Mário". www.escritores.org (en castelán). Consultado o 2020-04-25. 
  2. "Biografia de Mário de Andrade". eBiografia (en portugués). Consultado o 2020-04-25. 
  3. "Com o Brasil na cabeça - Cultura". Estadão (en portugués). Consultado o 2020-04-25. 
  4. Andrade, Mário de; Lopez, Telê Ancona; Figueiredo, Tatiana Longo (2013-10-02). Poesias completas (en portugués). Nova Fronteira. ISBN 978-85-209-3612-2. 
  5. "Inglês compara Mário de Andrade com T. S. Eliot e “Pauliceia Desvairada” com “A Terra Devastada". Jornal Opção (en portugués). 2015-02-07. Consultado o 2020-04-25. 
  6. 6,0 6,1 "Mário de Andrade - Biografia". www.releituras.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2005. Consultado o 2020-04-25. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 "Mário de Andrade" (en portugués). 2020-01-21. 
  8. Giobellina Brumana. "revistadeindias.revistas.csic.es/". Mário de Andrade e a Missao de Pesquisas folclóricas (en castelán). Consultado o Fernando. 
  9. "Mário de Andrade". web.archive.org. 2008-10-11. Archived from the original on 11 de outubro de 2008. Consultado o 2020-04-25. 
  10. "Macunaíma - Estudo e Resumo da Obra". www.angelfire.com. Consultado o 2020-04-25. 
  11. Souza, Maria Eneida de (2010). Correspondência Mário de Andrade e Henriqueta Lisboa. São Paulo: Peirópolis. 
  12. Andrade, Mário de (1978). Aspectos da literatura brasileira. São Paulo: Martins Fontes. 
  13. 13,0 13,1 "Banco de Dados Folha - Acervo de Jornais". almanaque.folha.uol.com.br. Consultado o 2020-04-25. 
  14. "PSTU | As múltiplas faces de Mário de Andrade. Autores". web.archive.org. 2010-12-13. Archived from the original on 13 de decembro de 2010. Consultado o 2020-04-25. 
  15. Borges, Ana Isabel (2003-12). "Transferência e contralegitimação enfocando a guerra das relações humanas". Alea: Estudos Neolatinos (en portugués) 5 (2): 302–305. ISSN 1517-106X. doi:10.1590/S1517-106X2003000200013. Consultado o 28 de xaneiro de 2021. 
  16. "Banco Central do Brasil". www.bcb.gov.br. Consultado o 2020-04-25. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Albuquerque, Severino João. "Construction and Destruction in Macunaíma." Hispania 70, 1 (1987), 67–72.
  • Amaral, Aracy and Kim Mrazek Hastings. "Stages in the Formation of Brazil's Cultural Profile." Journal of Decorative and Propaganda Arts 21 (1995), 8–25.
  • CARVALHO, Henri de. Mário de Andrade e o estro romântico de sua propositura estético-musical: expressão da determinação histórica no capitalismo hipertardio.
  • Campos, Haroldo. Morfologia de Macunaíma. SP: Perspectiva, 1973.
  • Filho, João Freire and Micael Herschmann. "Debatable Tastes: Rethinking Hierarchical Distinctions in Brazilian Music." Journal of Latin American Cultural Studies 12, 3 (2003), 347–58.
  • Foster, David, "Some Formal Types in the Poetry of Mário de Andrade," Luso-Brazilian Review 2,2 (1965), 75–95.
  • Gabara, Esther. "Facing Brazil: The Problem of Portraiture and the Modernist Sublime." CR: The New Centennial Review 4,2 (2004), 33–76.
  • Gouveia, Saulo. "Private Patronage in Early Brazilian Modernism: Xenophobia and Internal Colonization Coded in Mário de Andrade's Noturno de Belo Horizonte." Luso-Brazilian Review 46,2 (2009), 90–112.
  • Green, James N. "Challenging National Heroes and Myths: Male Homosexuality and Brazilian History." Estudios Interdisciplinarios de América Latina y el Caribe 12, 1 (2001).
  • Haberly, David T. "The Depths of the River: Mário de Andrade's Meditação Sôbre o Tietê." Hispania 72,2 (1989), 277–282.
  • Hamilton-Tyrell, Sarah, "Mário de Andrade, Mentor: Modernism and Musical Aesthetics in Brazil, 1920–1945," Musical Quarterly 88,1 (2005), 7–34.
  • Lokensgard, Mark. "Inventing the Modern Brazilian Short Story: Mário de Andrade's Literary Lobbying." Luso-Brazilian Review 42,1 (2005), 136–153.
  • Lopes, Telê Porto Ancona (org.). Macunaíma o herói sem nenhum caráter, Edição Crítica. São Paulo: Secretaria da Cultura, 1978. 440 pgs.
  • López, Kimberle S. "Modernismo and the Ambivalence of the Postcolonial Experience: Cannibalism, Primitivism, and Exoticism in Mário de Andrade's Macunaíma". Luso-Brazilian Review 35, 1 (1998), 25–38.
  • Luper, Albert T. "The Musical Thought of Mário de Andrade (1893–1945)." Anuario 1 (1965), 41–54.
  • Nunes, Maria Luisa. "Mário de Andrade in 'Paradise'." Modern Language Studies 22,3 (1992), 70–75.
  • Perrone, Charles A. "Performing São Paulo: Vanguard Representations of a Brazilian Cosmopolis." Latin American Music Review 22, 1 (2002), 60–78.
  • Suárez, José I., and Tomlins, Jack E., Mário de Andrade: The Creative Works (Cranbury, New Jersey: Associated University Presses, 2000).
  • Souza, Cristiane Rodrigues de. Remate de males: a música de poemas amorosos de Mário de Andrade (Tese apresentada ao Departamento de Letras Clássicas e Vernáculas da Faculdade de Filosofia, Letras e Ciências Humanas da Universidade de São Paulo, 2009).
  • Willis, Bruce Dean. "Necessary Losses: Purity and Solidarity in Mário de Andrade's Dockside Poetics." Hispania 81, 2 (1998), 261–268.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]