Músculo abdutor longo do polgar
Aparencia
Músculo abdutor longo do polgar | |
---|---|
Extremidade frontal superior do brazo (o músculo abdutor longo do polgar está indicado na parte superior esquerda). | |
Músculos e tendóns do pulso (o abdutor longo e curto do polgar pode ser visto na parte central dereita, en dirección ao polgar). | |
Latín | musculus abductor pollicis longus |
Gray's | subject #125 455 |
Orixe | ulna, proceso estiloide radial. |
Inserción | Primeiro metacarpo |
Vascularización | |
Innervación | Nervio interóseo posterior. |
Accións | Abdución, extensión do polgar. |
Dorlands /Elsevier |
12548315 |
O músculo abdutor longo do polgar é un músculo do membro superior humano pertencente ao compartimento posterior do antebrazo.
Orixe e insercións
[editar | editar a fonte]A súa orixe áchase na superficie posterior das partes proximais de radio e cúbito e estende febras á membrana interósea. O seu tendón aparece entre o músculo extensor dos dedos e o músculo extensor radial curto do carpo, para inserirse na superficie lateral da base do primeiro metacarpiano. O tendón forma parte do bordo lateral da tabaqueira anatómica no pulso.
Función
[editar | editar a fonte]Abduce o dedo polgar, ao abducir a articulación entre o primeiro metacarpiano e o trapecio. Tamén funciona coma extensor accesorio do dedo polgar.
Innervación
[editar | editar a fonte]É innervado polo nervio interóseo posterior.