Músculo romboide maior
Aparencia
O músculo romboide maior é un músculo do membro superior humano, pertencente ao ombreiro. Orixínase nas apófises espiñentas das vértebras T2 a T5 e segmentos intermedios do ligamento supraespiñento. Insírese despois na superficie posterior do bordo medial da escápula dende a espiña deste óso ata o ángulo inferior.
Funcións
[editar | editar a fonte]Ao igual que o músculo romboide menor, eleva e retrae a escápula.
Innervación
[editar | editar a fonte]A innervación é realizada polo nervio dorsal da escápula.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán).