Manfred Mehl
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de marzo de 1939 Piła (pt) |
País de nacionalidade | Alemán |
Educación | Universidade de Hamburgo. Universidade de Leipzig. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | numismático, pedagogo |
Premios | |
(2003): Eligiuspreis (DNG). (2006): Premio Literario (AINP). (2012): Premio da GIG. | |
Lista
|
Manfred Mehl, nado en Schneidemühl, Estado libre de Prusia, o 4 de marzo de 1939,[1] é un profesor e numismático alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aínda que Mehl naceu en Schneidemühl —a actual vila polaca de Piła—, en 1945 os acontecementos da Segunda guerra mundial fixeron que tivese que fuxir coa súa nai e parte da súa familia, inicialmente a Erfurt e a partir de 1949 á zona de ocupación británica de Hildesheim, na Baixa Saxonia, onde se estableceu.[1][2][3]
Alí graduouse en educación secundaria no Gymnasium Andreanum, onde se iniciou o seu interese pola historia e a numismática —o seu traballo de graduación centrouse xa daquela na historia do diñeiro—. Entre 1958 e 1964 cursou estudos superiores de Grego, Latín, Historia Antiga, Arqueoloxía e Estudos Eslavos na Universidade de Hamburgo,[1][2] e en 2002 acadou o seu doutoramento na Universidade de Leipzig.[3]
Desde 1966 e ata a súa xubilación en 2002, traballou como profesor de ensino secundario en Hamburgo, e logo do seu retiro pasou a dedicarse por completo aos estudos numismáticos.[1][2]
Manfred Mehl é un especialista na historia da moeda medieval alemá, tema sobre o que centrou as súas investigacións, que deron lugar a un bo número de publicacións, entre elas varias monografías e arredor de 150 artigos.[1][2]
Desde 1990 é presidente da Asociación de Amigos das Moedas de Hamburgo, entidade na que ingresou en 1969.[1][2][3]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Hunras
[editar | editar a fonte]- (1995): Medalla de gratitude, do presidente do Parlamento de Saxonia-Anhalt.[1][2]
- (2003): Insignia de ouro, da cidade de Hildesheim.[1][2]
- (2021): Cruz da Orde do Mérito da República Federal Alemá con banda.[1][3]
Premios
[editar | editar a fonte]- (2003): Eligiuspreis, da Sociedade Numismática Alemá.[4]
- (2006): Premio Literario da Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais.[5]
- (2012): Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional, de Frankfurt.[6]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables dos publicados por Manfred Mehl ao longo da súa carreira:[7][8]
- (1974). Schöne Hildesheimer Münzen. Gepräge d. Stadt u. d. Bistums. Bernward, Hildesheim. ISBN 9783870650551
- (1995). Die Münzen des Bistums Hildesheim. Bernward, Hildesheim. ISBN 9783895430602
- (1995). Vom Beginn der Prägung bis zum Jahre 1435. Bernward, Hildesheim. ISBN 9783895430602
- (1998). Die Münzen der Grafen von Barby und Mühlingen. Mehl, Hamburgo. ISBN 9783933420008
- (1998). Deutsche Serienscheine von 1918 - 1922 Katalog mit aktuellen Marktpreisen. Gietl Verlag, Battenberg. ISBN 978-3924861254
- (2006). Die Münzen des Stiftes Quedlinburg. Mehl, Hamburgo. ISBN 978-3933420022
- (2011). Münz- und Geldgeschichte des Erzbistums Magdeburg im Mittelalter. Mehl, Hamburgo. ISBN 978-3-933420-03-9
- (2015). Die Münzen und Medaillen von Merseburg von den Anfängen bis 1738. Mehl, Hamburgo. ISBN 9783933420039
- (2019). Die Münzen und Medaillen des Bistums Naumburg-Zeitz und des späteren Herzogtums Sachsen-Zeitz. Mehl, Hamburgo. ISBN 9783933420067 [9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 "Manfred Mehl - Bundesverdienstkreuz". Numismatisches NachrichtenBlatt, 3. 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Manfred Mehl". Battenberg Gietl Verlag.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Kampmann, U. (2021).
- ↑ "Eligiuspreis der DNG". Sitio web da DNG.
- ↑ "IAPN-Book Prize Arquivado 19 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". No sitio web de IAPN-AINP.
- ↑ "GIG-Ehrenpreisträger". Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte.
- ↑ "Mehl, Manfred". WorldCat Identities.
- ↑ "Mehl, Manfred". Regesta Imperii.
- ↑ Kampmann. U. (2019). "Die Münzen und Medaillen von Naumburg-Zeit". En Münzen Woche. 3 de outubro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kampmann, U. (2021). "Manfred Mehl mit dem Verdienstkreuz am Bande ausgezeichnet". En Münzen Woche. 11 de febreiro de 2021.