Saltar ao contido

Maimiño (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Maimiño
Ficha técnica
Título orixinalMaimiño e o espello máxico
DirectorErnesto Padrón
GuiónErnesto Padrón
MúsicaManuel Riveiro
FotografíaErnesto Padrón
Estrea8 de maio de 2015
Duración78 minutos
OrixeGalicia Galicia
Cuba
XéneroAnimación
Na rede
IMDB: tt3644570 Filmaffinity: 659959 Allocine: 233531 Editar o valor en Wikidata

Maimiño,[1] tamén coñecido como Maimiño e o espello máxico,[2] é un filme de animación 3D galego-cubano[3] de 2015 escrito e dirixido por Ernesto Padrón, baseado nunha historia de José Martí.[4] Na 13ª edición dos Premios Mestre Mateo gañou o premio a mellor filme de animación. Tamén estivo nomeado ao Premio Goya ao mellor filme de animación.[5]

Maimiño é un labrego que quere sacar á súa familia da pobreza, e debido a unha praga de insectos e ao encontro cun Espello Máxico, embárcase nunha aventura que o leva a descubrir quen é a muller dos seus soños. Durante a súa aventura, coñece un carballo encantado que no Palacio do Rei, e o soberano prometeu concederlle o título de marqués e darlle en matrimonio á súa filla, a princesa Denise, a quen lle tale a árbore.

Xa na cidade, Maimiño descobre que este amor dos seus soños é a princesa do reino, porén, unha pequena ladroa que rouba comida polo castelo para repartir entre os habitantes pobres consegue poñer a Maimiño nunha encrucillada ao sentir o seu corazón dividido entre as dúas nenas.

Produción

[editar | editar a fonte]

A produción de Meñique conta cunha versión en galego e contou coa colaboración de máis de 150 realizadores cubans, entre animadores, modeladores, iluminadores, pintores, informáticos, actores e músicos.[6][7]

Os Estudios de Animación da ICAIC tiñan o orzamento para facer o filme, mais a industria cinematográfica cubana non tiña experiencia na animación en tres dimensións, a cal esixe un novel de calidade moi alto. Foi preciso adestrar os debuxantes sobre a marcha e nos momentos de maior intensidade, máis de 200 debuxantes e un grupo considerable de programadores e artistes cubanos e galegos traballaron para producir o filme.

As voces dos personaxes son, na versión en galego, as de María Castro, Monti Castiñeiras, Luís Iglesia, Carlos Blanco Vila, Xosé A. Touriñán, Antonio Mourelos e Marcos Pereiro, entre outros.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]