Maison Carrée
Maison Carrée | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | xacemento arqueolóxico, templo romano, estrutura romana e templo ![]() | |||
Parte de | Nemausus ![]() | |||
Estilo | arquitectura da Roma Antiga e Orde corintia ![]() | |||
Localización | ||||
Enderezo | place de la Maison Carrée ![]() | |||
| ||||
Estado | Francia | |||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | |||
Rexións | Occitania | |||
Departamento | Gard | |||
Distrito | distrito de Nîmes | |||
Institución pública | Communauté d’agglomération Nîmes Métropole (en) ![]() | |||
Comuna | Nîmes ![]() | |||
Dimensións | ||||
Anchura | 14 m ![]() | |||
Lonxitude | 28 m ![]() | |||
Implicados | ||||
Propietario(s) | Cidade de Nîmes ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Patrimonio da Humanidade ![]() | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → Europa-América do Norte | |||
Data | 2023 (45ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iv) ![]() | |||
Identificador | 1569 | |||
| ||||
Monumento histórico clasificado | ||||
Data | 1840 | |||
Identificador | PA00103125 | |||
Eventos | ||||
limpeza, transformación e transformación ![]() | ||||
Composto por | ||||
CIL XII, 3156 ![]() | ||||
Na rede | ||||
maisoncarree.eu… ![]() | ||||
[ Wikidata ] |

A Maison Carrée é un templo romano, un dos templos antigos mellor conservados, que se encontra sito en Nîmes (a antiga Nemausus), na Occitania, país de Francia meridional.
Foi construído entre o 19 e o 16 a.C. por Marco Vipsanio Agripa, aínda que hai autores que o datan concretametne entre o 2 e o 5 da nosa era[1].Foi dedicado aos fillos do mesmo Agripa e de Xulia, filla de Augusto: Gaio e Lucio César, mortos ambos aínda novos. O texto da inscrición dedicada foi reconstruído polo erudito local Jean-François Séguier, en 1758, a partir dos furados deixados polas letras de bronce orixinais; dicía : "A Gaio César, fillo de Augusto, cónsul; a Lucio César, fillo de Augusto, cónsul designado; príncipes da mocidade".
O templo debe o seu óptimo estado de conservación ao feito de haber sido reutilizado como igrexa cristiá no século IV. Pasou por varios usos durante toda a súa historia o que comportou grandes transformacións: foi sede de diversas institucións públicas cidadás; de novo, en 1691, os monxes agostiños reciben a Maison como doazón, e instalan a súa igrexa; foi mesmo corte de gando durante a Revolución francesa; finalmente, de 1819 a 1825, foi restaurada para se converter, desde 1823, nun museo que, hoxe en día, alberga exposicións temporais[2].
O seu nome en francés, é adoptado no século XVI, e significa literalmente "Casa cadrada", debido a que, no francés arcaico, empregábase o termo carré co significado de "cuadrangular", é dicir con aspecto de "rectángulo", con clara alusión á planta do edificio[1].
Características
[editar | editar a fonte]
Pese ás súas dimensións (mide 13,54 metros de largo e 26,42 metros de longo e 17 m de alto), este pequeno templo romano, alzado sobre un elevado podio, de 2,85 m de altura, dominaba a zona sur do foro, corazón económico e administrativo da antiga Nemausus.
É un templo pseudoperíptero hexástilo, con pronao particularmente profundo (cerca dun terzo da lonxitude total da edificación). Presenta seis columnas na fachada (de aí hexástilo) e tres columnas libres nos lados, que continúan con oito semicolumnas laterais e na traseira da cella. Un pórtico, do que aínda se poden observar as bases das columnas, arrodeaba a Maison Carrée, estendíase cara ao Norte e marcaba o lugar do foro nemausiano. Accedíase ao podio por unha escalinata de 15 chanzos, reconstruída con algúns restos antigos conservados. No fronstipicio figuraba unha antiga inscrición reconstruída en 1835 (ver arriba).
A súa arquitectura estaba inspirada na do templo de Apolo en Roma, como o testemuñan as súas dimensións, con manifesta influencia grega. Sostense sobre columnas, con fuste acanalado e capiteis corintios, con cornixa, apoiada sobre ménsulas, que abriga un friso historiado en tres dos lados.
No interior a cella está revestida con letras de mármore.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Jullian, Raphäel (2013). Histoires insolites des monuments français. City Editions. ISBN 9782824601250.
- ↑ Fiches, Jean-Luc; Veyrac, Alain (1996). Carte Archéologique de la Gaule-Nîmes. Academie des Inscriptions et Belles-Lettres, Ministère de Culture. pp. 112–113. ISBN 2-87754-047-2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Maison Carrée |