Manspreading
O manspreading[1], en galego espraiamento[2], é un anglicismo co que se adoita referir á práctica masculina de sentar en lugares públicos (asentos de medios de transpote, paradas de autobús, bancos públicos) espallando as pernas, abranguendo máis espazo que o que ocuparía un asento estándar[3]. A dita práctica estaría a prexudicar as persoas sentadas ao carón ao teren menos espazo persoal. Foi cuestión de debate nas redes sociais e é unha reivindicación que acotío denuncian grupos e organizacións feministas. En agosto de 2015 foi recollido polo dicionario Oxford English Dictionary, e posteriormente por organizacións españolas coma a Fundeu BBVA. Porén, a Real Academia Galega da lingua non a recolle.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A orixe do termo mansnpreading provén da unión das palabras inglesas man e spreading. O prefixo man ("home") e o sufixo spreading ("espallándose" ou "espraiándose"). O termo adoita empregarse coma substantivo, aínda que non ten tradución á lingua galega.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Cartel no metro de Madrid que insta aos homes a evitaren o manspreading.
-
A inocencia no omnibus (Innocence in an Omnibus). Pé de foto: "Oh, if you please, sir, you're treading on my toes." ("Señor, faga o favor, está a pisar os meus nocellos").
-
Transporte público en Columbia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Entrada de manspreading no Oxford English Dictionary". Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2016. Consultado o 21 de agosto de 2017.
- ↑ Facer que [algo] abranga moito espazo; aumentar de volume abranguendo máis espazo. Definición de "espraiarse" no dicionario da Real Academia Galega.
- ↑ Fitzsimmons, Emma G. "A Scourge Is Spreading. M.T.A.’s Cure? Dude, Close Your Legs.". The New York Times. Consultado o 21 de agosto de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Despatarrados. Artigo de opinión de Francisco Ríos sobre o fenómeno de manspreading. La Voz de Galicia.
- Autobuses contra o 'manspreading': o costume dos homes de sentaren coas pernas abertas. Nova do Atlántico Diario.