Manuel Eive Villar
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1913 ![]() Regoela, España ![]() |
Morte | 2 de agosto de 1946 ![]() Regoela, España ![]() |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maquis, ferreiro ![]() |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española ![]() |
Familia | |
Irmáns | Evaristo Eive Villar ![]() |
![]() ![]() |
Manuel Eive Villar, nado en Regoela (Cabanas) en 1913 e finado na mesma parroquia o 2 de agosto de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Irmán de Evaristo e José Eive Villar. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e botouse ao monte. Foi xulgado na Coruña por deserción e declarado fuxido e en rebeldía. Integouse no grupo liderado por José Vázquez Mauriz e Ramiro Martínez López que loitaba na bisbarra do Eume. Na primavera de 1944 organizou co seu irmán Evaristo, Ramiro Carbón Fornos e José Vázquez Mauriz, un grupo guerrilleiro no que moitos dos membros eran desertores da base naval de Ferrol. Foi asasinado nunha emboscada da Garda civil en Regoela o 2 de agosto de 1946.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 58. ISBN 84-8485-231-8.