Saltar ao contido

Ramiro Carbón Fornos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamiro Carbón Fornos
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
A Lagoa, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de febreiro de 1946 Editar o valor en Wikidata
Vilar de Mouros, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata

Los de la sierra: 1332

Ramiro Carbón Fornos, Lagoa, nado na Lagoa (Soaserra, Cabanas) e finado na Capela o 23 de febreiro de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fuxido desde 1937, para evitar ir á guerra. Na primavera de 1944 organizou con Manuel Eive Villar, o seu irmán Evaristo Eive Villar e José Vázquez Mauriz un grupo guerrilleiro na comarca do Eume no que moitos dos membros eran desertores da base naval de Ferrol. En 1944 dirixiu unha partida na Capela. O 23 de febreiro de 1945 matou o miliciano José Rodríguez. Foi asasinado nunha emboscada da Garda Civil en Vilar de Mouros o 23 de febreiro de 1946.

Trala súa morte puxéronlle o seu nome a un destacamento do Exército Guerrilleiro de Galicia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 46. ISBN 84-8485-231-8.