Manuel Fernández Boado
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1895 ![]() O Cádavo, España ![]() |
Morte | 4 de setembro de 1959 ![]() Vitoria, España ![]() |
Causa da morte | morte accidental, accidente de tráfico ![]() |
Actividade | |
Ocupación | rexistrador da propiedade ![]() |
Partido político | Izquierda Republicana ![]() |
![]() |
Manuel Fernández Boado, nado no Cádavo (A Esperela, Baleira) cara a 1895 e finado en Vitoria o 4 de setembro de 1959, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito. Aprobou as oposicións a rexistrador da propiedade en 1920 e foi nomeado rexistrador da Fonsagrada. En 1923 foi nomeado rexistrador de Ribadeo.[1] Na ditadura de Primo de Rivera foi directivo do Ateneo Biblioteca Popular, e nel pronunciou unha conferencia sobre política feminista en outubro de 1924 pola que foi detido, denunciado e procesado. Na Segunda República foi organizador do Comité de Izquierda Republicana de Ribadeo. Foi elixido compromisario para a elección do presidente da República en 1936.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 1 de agosto e encartado no sumario 934/36 que foi sobresido. Marchou a Celanova en novembro de 1936, permanecendo alí ata setembro de 1937, cando foi detido e trastadado á prisión de Lugo o 24 de setembro, de onde pasou á de Ribadeo o 28 dese mes.[2] Acusado de auxilio á rebelión no sumario 1238/37 e xulgado en consello de guerra en Lugo o 22 de febreiro de 1938,[3] sendo condenado a 12 anos de prisión. Cumpriu condena na Prisión sprovincial de Lugo, onde traballou como encargado dos ficheiros íncide rexistro e fisiotécnico, para reducir condena. Conmutada a pena a dous anos o 7 de febreiro de 1940, Saíu en libredade condicional o 8 de xullo de 1940.[4] Foi separado do servizo como rexistrador da propiedade en 1938. Incoáronlle expediente de responsabilidades políticas e como consecuencia foi sancioanado cunha multa de 1 000 pesetas o 8 de xuño de 1940. Rehabilitado, no franquismo foi rexistrador da propiedade de Priego de Córdoba e dende 1957 de Sagunt. Finou nun accidente de tráfico na estrada de Vitoria a Irún o 4 de setembro de 1959.[5]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María García-Villamil Noriega en 1931.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Compostelano, 14-12-1923, p. 2.
- ↑ Expediente procesual de Manuel Fernández Boado
- ↑ El Progreso, 23-2-1938, p. 4.
- ↑ Expediente procesual de Manuel Fernández Boado
- ↑ La Voz de Galicia, 5-9-1959, p. 4.
- ↑ Las Riberas del Eo, 25-4-1931, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Souto Blanco, María Jesús (1998). La represión franquista en la provincia de Lugo (1938-1940). Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-891-5.