Saltar ao contido

Manuel Limeres Ordóñez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Limeres Ordóñez
Biografía
Nacemento1907 Editar o valor em Wikidata
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de febreiro de 1937 Editar o valor em Wikidata (29/30 anos)
Loenzo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Manuel Limeres Ordóñez, nado en Vilagarcía de Arousa cara a 1907 e finado no mesmo concello o 16 de febreiro de 1937, foi un sindicalista e guerrilleiro galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xornaleiro. Membro da CNT e militante do PCE. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi acusado de participar no asalto ao Club de Regatas de Vilagarcía. Fuxiu ao monte. Integrouse no grupo guerrilleiro organizado por Rodrigo Beruete Alejandre no monte Xiabre cos fuxidos Ángel Buceta Loroño Ramón Rodríguez Carregal, Francisco Baamonde García, Manuel Martínez Freire, José Torres Eiras, e Serafín Brea Otero, ao que se incorporou con Urbano Tarrío Montero, Juan Gil Quintela, Antonio Basilio Sayanes González, Pilar Fernández Seijo e Manuel Díaz Hermo. Perseguidos pola Garda civil, o exército, os carabineiros e as milicias de Falange e a Garda Cívica de Vilagarcía, o 13 de febreiro de 1937 cercaron a casa de Pilar Fernández en Trabanca Badiña onde estaban refuxiados Buceta, Beruete, Juan Gil e Manuel Díaz. O 16 de febreiro foron cercados nunha casa de Loenzo, os franquistas prenden lume ao edificio e morreron carbonizados Rodrigo Beruete, Pilar Fernández, Manuel Limeres e Antonio Sayanes. Os cadáveres foron trasladados ao cemiterio de Vilagarcía e soterrados nunha fosa común sen nome.[1][2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]