Saltar ao contido

Luís Álvarez Angueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Manuel Luis Álvarez Angueira»)
Modelo:BiografíaLuís Álvarez Angueira
Biografía
Nacemento22 de xaneiro de 1962 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Pontecesures, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Pontecesures
2011 – 2015
← María Isabel Castro BarreiroCecilia Tarela →
Alcalde de Pontecesures
1999 – 2007
← Victoriano Trenco RomayMaría Isabel Castro Barreiro → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Pontecesures Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, profesor de ensino secundario, remeiro Editar o valor en Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor en Wikidata

Manuel Luís Álvarez Angueira, nado en Pontecesures o 22 de xaneiro de 1962, é un político galego do BNG.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Remeiro e profesor de Filosofía no instituto de Noia. Encabezou a candidatura do BNG en Pontecesures nas eleccións municipais de 1991 e logrou 2 concelleiros. Nas municipais de 1995 volveu lograr 2 concelleiros e apoiou a elección do candidato de Independentes por Pontecesures Victoriano Trenco Romay para arrebatarlle a alcaldía ó PPdeG, se ben non formou parte do goberno e o alcalde rematou integrándose no PPdeG ao ano seguinte.

Nas eleccións municipais de 1999 logrou de novo 2 concelleiros e foi elixido alcalde co apoio de ACP e PSdeG-PSOE, gobernando en coalición con estas formacións. Nas municipais de 2003 subeu a 4 concelleiros e foi a forza máis votada, polo que repetiu como alcalde cos mesmos apoios, pero gobernando nun principio tan só coa ACP en minoría, dado que o concelleiro socialista non quixo volver formar parte do goberno. En outubro de 2004 integrou no goberno á concelleira de Independentes por Pontecesures Maribel Castro Barreiro, polo que volveu a gobernar en maioría. Porén, en febreiro de 2006 o concelleiro da ACP Luís Ángel Sabariz foi expulsado do goberno, polo que volveu gobernar en minoría, chegando incluso a estudarse unha moción de censura encabezada polo único concelleiro do PSdeG, se ben foi abortada por parte da dirección socialista.

Nas municipais de 2007 volveu a sela forza máis votada e subeu a 5 concelleiros, a un da maioría absoluta, se ben perdeu a alcaldía ó apoiar os concelleiros do PPdeG e do PSdeG á única concelleira de IP Maribel Castro Barreiro[1]. Nas municipais de 2011 logrou de novo a vitoria ao lograr 4 concelleiros, recuperando a alcaldía tras firmar un pacto de goberno cos concelleiros do PSdeG e Terra Galega.[2] En setembro de 2014 anunciou que non volvería encabezar a candidatura do BNG,[3] polo que cesou como alcalde tralas municipais de 2015. En 2017 foi denunciado por agresión sexual pola súa sobriña, e concelleira do BNG en Rianxo, Hadriana Ordóñez Otero.[4][5][6]



Predecesor:
Victoriano Trenco Romay
 
Alcalde de Pontecesures
 
1999 - 2007
Sucesor:
Maribel Castro Barreiro
Predecesor:
Maribel Castro Barreiro
 
Alcalde de Pontecesures
 
2011 - 2015
Sucesor:
Cecilia Tarela Barreiro

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]