Manuel Marín
Manuel Marín González, nado en Cidade Real o 21 de outubro de 1949 e finado en Madrid o 4 de decembro de 2017,[1] foi un político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito na Universidade Complutense de Madrid, marchou ao estranxeiro para se especializar en Dereito Europeo na Universidade de Nancy (Francia)[1] e no Colexio de Europa de Bruxas (Bélxica), sendo este último polo que posúe o Certificado de Altos Estudos Europeos e do que foi profesor.
Política española
[editar | editar a fonte]Durante a súa estadía en Bélxica entra en contaco co Partido Socialista (PSOE) ao que se afiliará en 1974,[1] e no que traballará no departamento de Relacións Internacionais. Elixido deputado pola provincia de Cidade Real nas primeiras eleccións democráticas de xuño de 1977 nas listas do PSOE, foi reelixido nas eleccións de 1979 e 1982.
Política europea
[editar | editar a fonte]Despois da vitoria do PSOE nas eleccións do 28 de outubro de 1982, converteuse en decembro de 1982, en Secretario de Estado para as relacións coas Comunidades Europeas, cargo desde o que participou moi activamente na fase final das negociacións de España coas CCEE que culminarían coa firma o 12 de xuño de 1985 no Palacio Real de Madrid da Acta de Adhesión de España á Comunidade Económica Europea. Abandonou o cargo en outubro de 1985, ao ser proposto como un dos dous comisarios españois a partir da entrada en vigor do tratado de adhesión.
O 1 de xaneiro de 1986 converteuse en membro da Comisión Europea, sendo vicepresidente da mesma durante varios períodos baixo a presidencia de Jacques Delors e Jacques Santer. Durante este tempo foi titular de carteiras moi variadas, desde a de pesca, até a cooperación ao desenvolvemento e as relacións cos países do Mediterráneo. Despois da renuncia de Jacques Santer como presidente en 1999 e, dende o 20 de xullo, até a toma de posesión do seu sucesor Romano Prodi o 16 de setembro de 1999, encargouse da presidencia en funcións.[2]
Predecesor: Jacques Santer |
Presidente da Comisión Europea 1999 - 1999 |
Sucesor: Romano Prodi |
Presidencia do Congreso dos Deputados
[editar | editar a fonte]De volta á política española, foi elixido deputado por Cidade Real nas listas do PSOE nas eleccións xerais de 2000 e 2004. Durante a VIII lexislatura (de abril de 2004 -abril 2008) foi elixido Presidente do Congreso dos Deputados de España.
Tamén será recordado por se-lo primeiro presidente do Congreso dos Deputados que, no período democrático, expulsou un deputado (Vicente Martínez Pujalte) tras chamalo en tres ocasións á orde.[3]
Abandono da política
[editar | editar a fonte]O 15 de novembro de 2007, anunciou en Cidade Real a súa retirada da vida política, para dedicarse á loita contra o cambio climático.[4][5] O 22 de xullo de 2008, é nomeado presidente da Fundación Iberdrola, baixo o mando de Ignacio Sánchez Galán e con colaboradores como Rafael Landín, Carmen Recio etc., a proposta de Ignacio Sánchez Galán, presidente de devandita compañía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Muere Manuel Marín, expresidente del Congreso". lavanguardia.com. 4-12-2017. Consultado o 06-12-2017.
- ↑ "Muere Manuel Marín, ex presidente del Congreso, a los 68 años". elmundo.es. 4-12-2017. Consultado o 6-12-2017.
- ↑ "Manuel Marín expulsa del Congreso a Martínez Pujalte tras tres llamadas al orden". elmundo.es. 11/05/2006. Consultado o 6-12-2017.
- ↑ El presidente del Congreso anuncia su próxima retirada de la vida política en el diario El País
- ↑ "Manuel Marín deja la política y se dedicará a luchar contra el cambio climático". publico.es. 15-11-2007. Consultado o 6-12-2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Marín |
- Nados en 1949
- Finados en 2017
- Nados en Cidade Real
- Personalidades da política de Castela-A Mancha
- Políticos do PSOE
- Presidentes da Comisión Europea
- Presidentes do Congreso dos Deputados
- Alumnos da Universidade Complutense de Madrid
- Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE
- Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (Lexislatura constituínte)
- Deputados no Congreso dos Deputados (I Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (II Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VII Lexislatura)