Manuel Otero Martínez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de abril de 1916 Catasueiro, España |
Morte | 6 de xuño de 1944 (28 anos) Praia de Omaha, Francia (pt) |
Causa da morte | morte en combate |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española segunda guerra mundial Operação Overlord (pt) |
Premios | |
Manuel Otero Martínez, nado en Catasueiro (O Freixo de Sabardes, Outes) o 27 de abril de 1916 e finado en Normandía o 6 de xuño de 1944, foi un mariñeiro e soldado galego que participou no Desembarco de Normandía.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De novo aprendeu o oficio de carpinteiro de ribeira no estaleiro Ríos do Freixo. Pouco antes do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, embarcou no vapor Inocencio Figaredo. O 16 de xullo de 1936, dous días antes do levantamento, atopábase en Xixón e incorporouse ó bando republicano. Participou na batalla de Brunete, onde foi ferido de bala nun pulmón e nun brazo, acabando hospitalizado en Valencia durante 7 meses. Foi apresado polos franquistas e o 5 de abril de 1939, catro días despois de rematada a guerra civil, e tras ser liberado grazas á intercesión de amigos do bando nacional, regresou a Galicia. Probablemente ante o acoso das autoridades franquistas, o sinalamento dalgúns veciños e as duras condicións da posguerra, decidiu exiliarse nos Estados Unidos de América, abrindo un taller mecánico en Nova York.
En marzo de 1943 alistouse no exército dos Estados Unidos e foi enviado ao Reino Unido para unirse ao continxente que se preparaba para a invasión da Europa continental en Normandía. Manuel Otero formaba parte da Compañía A do Primeiro Batallón, 16º Rexemento de Infantaría da famosa 1ª División de Infantaría, coñecida como Big Red One. O 6 de xuño de 1944 participou no Desembarco de Normandía, nas primeiras vagas de ataque no fatídico sector Easy Red de Omaha Beach, e cruzoua a primeira liña de praia, avanzando entre os primeiros no interior, pero ós poucos metros activou unha mina que o matou de forma instantánea. Os seus restos foon enterrados no cemiterio de Saint Laurent, actual cemiterio americano de Colleville-sur-Mer. Recibiu o Corazón Púrpura e en 1948, a petición da familia, trasladáronse os seus restos ó cemiterio parroquial do Freixo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Osende Barallobre, Antonio (2016). Manuel Otero Martínez: Un gallego en Omaha Beach. Arenas. ISBN 978-84-95100-65-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Manuel Otero, o galego que morreu no desembarco de Normandía". GCiencia. 5 de xuño de 2019.
- "Normandía recuerda al único gallego muerto en el desembarco". La Voz de Galicia. 5 de xuño de 2019.